domingo, octubre 24, 2010

Virxilio Vieitez, no Marco



As fotos de Virgilio Vieitez, o fotografo oficial da vida social da Terra de Montes, poderase ver no Marco —Museo de Arte Contemporaneo de Vigo—, ata abril do 2011. Unha boa oportunidade para coñecer a súa particular ollada sobre os sesenta, o impacto da modernidade e a emigración. Interesante artígo de Teresa Cuíñas en El País.

sábado, octubre 16, 2010

Carlos Núñez, alborada en Sant Cugat

Cando Gerard, un amigo irlandés que dirixe a programación do Auditori de Sant Cugat, faloume ilusionado, fai un ano, de que ían traer a Carlos Núñez a Sant Cugat, pensei que xa era hora de ver en directo ao "Jimmy Hendrix da gaita", ao noso músico máis universal e o seu xiro lusófono. Unha compañeira avogada pola mañá preguntábame, con sorna, si eu podería aguantar un concerto dese tipo calvo, con melena…, toda a noite facendo pi, pi, pi… Non o sei, xa cho direi o luns…



Onte a noite, Carlos Nuñez emocinou a rachar no Auditori de Sant Cugat a un público entregado, complice. A súa posta en escea é moi boa, a súa pata tola movéndose a un ritmo endiablado é contaxiosa. Coa súa gaita negra, o sonido parece confundirse nunha especie de roda tola, non se sabe onde está a gaita e onde están os pes. Él e os séus músicos tocaron os temas do último album “Alborada no Brasil”, un disco froito da busqueda do seu bisabó que se foi ao Brasil a principios do século XX e como tantos galegos nunca máis se soupo del, se morreu ou quixo desaparecer.

Desa viaxe ao Brasil, Carlos Núñez volta cas mans cheas, mestura ritmos, vidas, cheiros, sensacións, emocións e historias. O resultado e unha música de gran beleza, chea de vida e alegría. Como case sempre o noso gaiteiro asume riscos, non ten complexos, colle a tradición e reinterpretaa dende a modernidade.

viernes, octubre 15, 2010

A Sagrada Familia segue en pe


Dín os xornais que a tuneladora Barcino xa pasou a Sagrada Familia e ésta segue en pe. A obra de Gaudí, sen fundamentos e sen licencia poderá seguir sendo construida durante séculos, superando os riscos que o progreso e a demagoxía política comporta. A carón do meu despacho están a construir un burato como o que se ve na foto. O Ave na súa comunicación con Francia pasará por baixo dos nosos pes. Gusto moito do tren, e é a posibilidade de ter esta opción nas viaxes a Francia resultame moi atractiva.

lunes, octubre 04, 2010

Dende Roncesvalles a Puente la Reina



A finais de setembro chamei a Joaquín para proporlle facer o inicio do camiño de Santiago, tres ou catro etapas soio, unha toma de contacto, non costou convencelo, él viña de volta das vacacions en Asturias e pensaba tamén na idea de andar o camiño.

Fai uns días achegámonos ata Roncesvalles. Chegamos na hora crepuscular a esta mítica vila dos Pirineos, onde o cabaleiro Roldán, que formaba parte da retagarda de Carlomagno, perdeu a vida, nunha emboscada. De ahí ven o “Cantar de Roldán”, o cantar de gesta que narra istes feitos históricos deste heroe da época.



Dormimos debaixo de unha bobeda gótica, en liteiras, metidos en sacos, como na mili, di Joaquín, eu non a fixen. Todo por seis euros. As seis da maña, de noite, fomos expulsados a rúa…” veña, a facer camiño”. Chovía, facía frío e non se vía nada, así foi como empezamos o camiño.

Logo foi clareando, 30km de lameiros, vacas, fragas, subidas, baixadas, cabalos, pontes, rios, aldeas, pobos, máis fragas, a fermosa paisaxe de Navarra que vai mudando dende os 900m ata aos 500m.


Novo día, segunda etapa, Zubiri, Pamplona, camiñar durante horas a carón do río Arga, a frondosidade da paisaxe que nos leva ata a cidade dos San Fermíns. Pamplona atópase entregada ao mito de Hemingway. O café Iruña, o hotel La Perla, a rúa Estafeta, moitas pegadas nesta xeografía do xornalista e escritor norteamericano, fascinado polo mundo dos touros.

Última etapa, fin do noso camiño, ata agora, Pamplona, Puente la Reina, cambio de paisaxe, o verde forte vai mudando a marrón claro. As fragas son agora de moliños de vento. Duras subidas e molestas baixadas, agradables conversas e moita fraternidade a carón do camiño.