lunes, diciembre 31, 2012

Planeta caldelao.

Un amigo do Facebook envíame esta fermosa e inquietante imaxe do Castro, do entorno da praza do Prado. Parece, según me dí, que pertence a Eladio Osorio. Non é a miña intención omitir ao autor, máis ben o contrario, pois a través da ollada persoal podemos desvelar algunhas notas da trastenda de cada un. Posiblemente non teña máis intencionalidade ca dun experimento técnico, ou non?. Plantexa un Castro pechado en sí mesmo, egocéntrico, ou a punto de centrifugar..., co foco xusto detrás do Concello, universo ao rededor dunha persoaxe, sombra, con forma humán que sitúa no centro, soia, o demiurgo, que ten o control da creación. Parece como si quixera coller velocidade e escapar ao seu destino... Gustame máis a idea dun pequeno universo, ou planeta caldelao.

viernes, diciembre 28, 2012

Baqueira Beret

Venres, sol, boa temperatura, neve en estado perfecto. Un bo día de esquí, co val d'Arán ao fondo.

Rabo de boi

Cinco horas de paciencia para que a alquimia consiga o milagre deste exquisito prato que provoca os sentidos. "Eu prefiro ser vexetariano, mellor pastariano", dí Antón. Restaurant Puis, Esterri d'Àneu.

jueves, diciembre 27, 2012

Esglesia de Sant Just i Bon Pastor

En Son, unha pequena aldea no cima do Val d'Àneu , atopase  esta maravilla do románico. Antón e Mariña están cansos do primeiro día de esquí e non están para desvíos. Queren ir a piscina de auga quente do hotel.  Dín que xa vimos moitas igrexas e non paga a pena desviarse para ver unha máis. Ainda ca oposición da mitade da asamblea logramos chegar alí; e paga a pena. Non é unha igrexa máis, ten identidade propia. Como no caso das igrexas do Val de Boí, o aillamento e a falta de recursos destes vales,  teñen moito que ver no estado en que chegou ata  nós este patrimonio. Si houbera recursos, as modas habían traer o gótico e outros estilos,  ata mixturalo todo. 


miércoles, diciembre 26, 2012

A serenidade do guepardo.

Punnnn... Ainda non rematara o eco do disparo do xuiz, que deu a saída de 400 metros, cando Mariña cruzou dende a pista número oito, a que está máis fora, con gran determinación, ata a pista un, colocandose detrás das tres primeiras atletas.

Logo, xa no ritmo normal da carreira, avanzou, a unha velocidade constante, ata poñerse detrás da primeira. Como o guepardo, que sigue a gacela, que acaba de distraer do grupo, sen cambiar a velocidade, analizando a presa, esperando que canse, ou cometa un erro; así Mariña seguía a a súa compañeira, ata que ao final da primeira volta, petou, mostrando a súa debilidade. Mariña aproveitou para pasarlle, poñerse de primeira, deixar o grupo atrás, ata gañar ca serenidade do guepardo.

martes, diciembre 25, 2012

Unha noite de nadal.

Falta pouco para que lle metamos man ao capón. A imaxe de Charo e Mariña ca xiringa metendolle o meu coñá ao que queda do capón, confeso que me inqueda. Brutalidade sofisticada. Tres días macerando. Onte ata soñei co capón cabreado vindo cara mín cas xiringas de coñá. Máis tarde, cando vexa o meu trozo no prato, a brutalidade do acto pasado pola destilación cultural, seguro que esquecerei  o proceso para disfrutar da comida, ata o seu fin.


No libro "El testamento francés", de  Andrei  Maquine, que agora me ven a mente ao pensar no capón, Charlotte, dende a fría Siberia lembra a súa vida en Paris a principios do século pasado, e a través dos obxetos que leva ña súa maleta,  vai describindo como era aquel mundo decadente, burgués, excesivo e tolo. 

Agora que a crisis vai para cinco anos, e non fai pinta de que remate eiquí, antes de que caiga este novo imperio román e entremos probablemente nunha nova e longa época escura, vale a pena retratar cada pequeno gran momento, desta sociedade na que todo está a mudar, por si un día, como Charlotte, lle temos que contar a quén quería oilo como era unha noite do nadal.

sábado, agosto 11, 2012

Notas sobre Dinamarca

Último día en Copenhagen, pronto chegará a hora de voltar a Barcelona, anuncian altas temperaturas alá, máis o que queima é ver a situación na que estamos entrando con esta crisis, que non acada de tocar fondo. Dinamarca tamén ten crisis, pero nada comparable a nosa,  dín que Nokia está desmantelando a súa oficina deiquí..., ninguén fala de crisis, con un 2% de paro, un 22% de deuda pública, sobre o PIB.  Dinarmarca non está dentro do euro, poden actuar sobre a súa política monetaria, darlle a máquina dos billetes, si é necesario, unha forma sutil de devaluación.  Este pequeno país de casi seis millóns de habitantes basa a súa economía nos transportes, bebidas, farmacia, alimentación, xoguetes, petroleo e enerxías alternativas, diseño e algo de turismo. Vendennos 2200 millóns, e vendemoslles 1300 millóns. Eiquí a clase media é máis media que en España. Goberna a social-democracia, teñen unha soia cámara, dividida en cinco rexións e 98 municipios, teñen unha monarquía constitucional; a raiña Margarita está casada con un francés, que pasa gran parte do tempo cuidando o seus viñedos de Francia. O IVA é do 22% dende fai moito tempo. Sete coroas equivalen a un euro. Para nós resulta moi cara, un 100%. Falán danés, pero o 80% fala tamén o inglés. O 90% son protestantes. 0 80% dos habitantes viven na cidade, que son moi ordenadas, as súas vivendas abertas as olladas parecen ben diseñadas e confortables, hai poucos valados, parece un pobo amable e culto. A súa forte relación co mar, 400 illas, fai que adoren o mar, vivir nun barco é un pracer moi apreciado. O Sol, o sol non sobra por eiquí. Os ventos soplan regularmente, de ahí tantos moliños.

sábado, abril 14, 2012

Horacio, os tempos da orella

O cancro pudo finalmente co Horacio. Desaparece do Castro e O Prado unha figura querida da súa xeografía humán. Pecha definitivamente o mundo do Patín de Soto. Lexos quedán os días de gloria onde era tradición comer a orella, mollar o pan no aceite, mixturado co pimentón maragato e o sabor da orella. Dise que San Pedro deixouno pasar logo de confesar a fórmula máxica do seu licor café.

lunes, abril 09, 2012

A tulipomanía

No século XVII o prezo dos tulipáns creceu de xeito descontrolado xerando unha das primeiras burbullas da historia. Os tulipáns de cores eran tan apreciados que o valor dun só bulbo igualaba ao dunha casa no canle.

sábado, abril 07, 2012

A lingúa das volvoretas

A primavera non chegou ainda a Ámsterdam. O frío húmedo traspasao todo. Última viaxe en bicicleta ata o botánico. Os mil viaxes dos holandeses trouxeron, dende fai catro séculos, moitas espécies de árbores e prantas de ultramar. Hai un nenúfar de case 5m, un fento do tempo dos dinosaurios, un hábitat tropical fermosísimo cunha 
pasarela para poder pasear pola parte alta dos árbores, no punto de vista dos monos. O invernadeiro das volvoretas tivo moito éxito entre os meus, poidemos ter nas mans algunhas, ver a súa lingúa en espiral, ca que van lambendo por todo o seu hábitat artificial. En lembranza mercamos algunhas semillas de tulipáns para prantar no noso xardín mediterráneo. 

Os herdeiros de J. Cruyff

A final contra Holanda tivo revancha entre Antón, Mariña, Helena, Lucía e os nenos nativos que apareceron pola praza que había a carón da nosa casa. Grandes partidos, antes de sair a pasear, e a volta, ata altas horas, desagraviaron ós holandeses da paliza do mundial.

jueves, abril 05, 2012

En bicicleta por Ámsterdam.

Nunha terra cha como a Holandesa a bicleta é o mellor medio de transporte. Todo está preparado na cidade de Ámsterdam para este vehículo. Os nativos amosan un gran dominio da bicicleta, que as veces fai temer polas nosas vidas.

As escadas

As casas en Ámsterdam son pequenas, e as escadas non poden ocupar moito, por eso teñen moita pendente, case como as dos barcos. Son moi fermosas, pero tamén perigosas. Non é doado quedarse dudando no medio, non hai descansiño.

miércoles, abril 04, 2012

A Compañía Holandesa das Indias.

Alá polo século XVIII un barco coma éste, da Compañía Holandesa das Indias, fundiuse frente as costas inglesas cando ía camiño de Indonesia. No porto de Ámsterdam pódese visitar unha réplica do barco fundido, ver a súa distribución, como eran as mercancías que transportaba, as especias, como se alimentaban, como vivía o capintán, as súas adegas, a cociña, unha achega a estes viaxes a ultramar en busca das especias que tanto enriqueceron a esta cidade.

A casa de atrás.

Ana Frank estivo encerrada cos seus familiares e acollidos durante dous anos na casa de atrás, ata que foron delatados. Vendo a que viña o seu pai mercou esta casa para desaparecer chegado o momento. A esa outra casa accedíase dende as oficinas da fábrica de mermeladas, a través de unha porta agochada por un mapa e unha estantería móvil. Ana pasaba moitos momentos no faiado da casa, e animábase vendo como ía cambiando o castaño que se vía dende a súa fiestra. O seu diario converteuse en voz e lembranza de miles de cidadans atropellados pola barbarie humán.

martes, abril 03, 2012

Ámsterdam, concentración de talento.

No século XVII, logo da ruptura con España, en poucos anos, Ámsterdam covertese ña cidade máis rica do mundo. Nesa sociedade da tolerancia froreceu a economía e a cultura, e deu lugar ao século de ouro de Ámsterdam.

É curioso que a base do éxito foi a concentración de talento dos expulsados pola relixión doutros países. A Ámsterdam foran a parar os sefardíes expulsados de España e Portugal, os hugonotes expulsados de Francia e os protestantes expulsados de Amberes.

lunes, abril 02, 2012

A leiteira de Vermeer

Cando a pintura aposta pola temática do cotidiano. Unha escea íntima dunha leiteira e o pan, elentos da casa cun tratamento da luz que ven dunha fiestra lateral, daquela moi novedoso, e que logo tivo tanta influencia na linguaxe da fotografía e do cine.

Polos países baixos.

Antón e Mariña espertarón moi cedo, emocionados ca nova casa de Amsterdam, pola que intercambiamos a nosa. Creo que lles gusta viaxar, bueno sobre todo explorar os xogos dos nenos da casa, dormir na súa habitación, flipan co colchón de auga, andan a construir unha cidade cas pezas que atoparon, máis ben tres cidades, Ratonia, Trebol e Disney. Nesta cidade dos países baixos a bicicleta é a clave para moverse. Hoxe, si o tempo o permite, alugaremos bicicletas e iremos ata o centro a descubrir a cidade dos canles.
A nosa casa, por unha semán, ten unha fermosa vista sobre un parque interior con árbores centenarios, pertence a unha urbanización dos anos trinta, unha fermosa cidade xardín, con moitas zonas verdes, sen valados, con grandes fiestras abertas ao exterior, seguindo as reglas do calvinismo.  Todas as casas co seu banquiño diante, para sair a tomar o sol e charlar ca xente. 


martes, febrero 28, 2012

Manzaneda nos 70

Mentres paseábamos por riba do lago xeado de Saint Morizt, cunha sensación máxica e inquietante, cóntolles  ós meus unha visita a Manzaneda a finais dos anos 70 cuns clientes do noso restaurante, que non ían a esquiar, pero gustáballes camiñar pola neve como hoxe a nós. Fabiola tiña 7 anos e eu 6, queríamos coñecer esta Serra. Lembro que íamos nun Renault 8, branco, ata Estación, ou o que era entón Manzaneda.  O coche ía con cadeas, as estradas non estaban preparadas. Había soio un refuxio onde acollerse e tomar algo quente. O día voltouse  gris, nevando sen parar, sen case visibilidade,  sen poder sair do coche. Que frío, nunca se me esqueceu esa viaxe. A vestimenta non era adecuada para esas temperaturas, xogamos un anaco ca neve e en pouco tempo as nosas roupas acabaron traspasadas e molladas. Era o principio da neve, os de Vigo e A Coruña estaban a descubrirnos e nós empezábamos a ter curiosidade polo noso entorno.

domingo, febrero 26, 2012

Por fin

Por fin Mariña patinou en Celerina.

Perto do ceo

Sábado, terceiro día infiltrados neste mundo da Jet Set, e nunca mellor dito, ata eiqui chegan os que poden nos seus avións privados a aterrar nun dos aeroporto máis altos do mundo. Hai que velo.
Era mediodía e tocaba meter algo quente no corpo. O restaurante Il Paradiso está formado por impresionantes terrazas en varios niveis. Agochados en mantas, mentres neva, nós tomamos unha sabrosa sopa de osos dos Grisones e asistimos ao expectáculo da natureza. As vistas sobre a lagoa xeada de Saint Moritz son moi fermosas. O momento é conmovedor.
Pola tarde tomamos un coctel no Palace, centro neurálxico da vida desta sofisticada vila dos Alpes. Antón e Mariña dín que lles lembra a unha igrexa. Alí cruzámonos con Sir Norman Foster e a nosa paisana Elena Ochoa. Rematamos a nosa copa e abandoamos esta capilla, que non é a nosa.

sábado, febrero 25, 2012

Piz Nair, un café nas alturas.

A nosa cabina estaba chegando a cima de Las Trais Fluors, a 2600m de altitude, Mariña achegouse a mín, e en baixiño, díxome, "papa creo que non me lembro como se esquía.".
--Tranquila é como andar en bicicleta, non sabes como mantés o equilibrio, pero cando te pos non cas ao chan. O esquecemento durou varias caidas, logo foi increible esquiar con Mariña e Antón durante moitos kilómetros por pistas azues e roxas, que eran como negras, dí Charo, polo menos eu vinme negra. Un día fermoso por Marguns, Corviglia e Piz Nair mentres lucía un sol xeneroso.

Celerina

Mariña espertou cedo, como sempre, ilusionada por correr as cortinas e descubrir as montañas de día. Antón confirma que a paisaxe merece a pena. Oscuridade ata que o sol supera as cimas brancas e ilumina o noso val con unha potencia que nos deslumbra. Viaxar, chegar a un lugar novo, do que sabemos ben pouco. Ir encaixando as primeiras pezas, ata que o puzle vai tomando forma.

miércoles, febrero 22, 2012

No val de Engadina.

Se non hai nengún atranco maña, e Rayanair quere, voaremos a Milán, e dalí a Celerina, no val de Engadina, en Saint Morizt, a 1800m de altitude. Días de Sol e deporte, neste vello país dos Alpes. Unha viaxe cos nenos ao corazón do inverno.

domingo, febrero 19, 2012

Contaxio

Película de temática apocalíptica, moi ben feita, con un gran reparto, do director Steven Soderbergh. Un virus que se contaxia dende Hong Kong a todo o mundo. Logo de vela lavarás as mans sen parar, e terás moito cuidado co que tocas.

viernes, febrero 17, 2012

Carnestoltes, o outro entroido.

A miña cebriña espertou chea de ledicia, con ganas de meterse no corpo do entroido. "Hoxe nada de traballos... soio xugar, xugar, xugar sen parar..."
--e tí non digas nada...!
Antón non está moi ledo co seu traxe de vaqueiro. A clase votou por persoaxes de Toy Story... Charo dí que o vaqueiro era o máis fácil...pequenos, grandes problemas.