miércoles, mayo 19, 2010

Café con leite e roscón


Mentres escoito “Estou vivindo no ceo” e apuro os últimos sorvos do café con leite, a voz de Uxía pon a banda sonora do meu estado melancólico. O sol rasante entra pola fiestra amolando. Un impulso lévame a chamar a miña mai, como sempre facía cando a casa queda en silencio. Lembro unha imaxe que a miña mai me contou de cando era nena, na Airexa, na casa dos da Abadía. Entrou no seu salón e viu a dona da casa sentada nunha mesa iluminada pola luz da maña que lle entraba pola fiestra, tomando café con leite e roscón. Unha imaxe dun momento intimo que sempre lle gustaba lembrar a Pepa.

domingo, mayo 02, 2010

Manuel Outomuro, fotógrafo.


Por toda Barcelona hai banderolas colgadas nas farolas con fotos de Manuel Outomuro. Manuel leva o nome do seu pobo por diante. Unha exposición monográfica no museo textil de Barcelona, un fermoso pazo gótico, frente ao Museo Picasso mostra “Outomuro Looks, vinte anos fotografiando moda”, fotos espectaculares de modelos e vestidos das marcas máis nomeadas. Fotos de moitas celebridades locais e internacionais, a traxectoria dun dos fotógrafos máis solicitados polo mundo da moda.

Un fotografo que sen borrar o seu ronsel soupo atopar un importante lugar neste complexo mundo do fashión e o glamour. Os seus comentarios, sobre a identidade no documental “Quen Somos” de Eloy Lozano, cando lembraba os momentos que pasou de cativo no seu pobo, cando levaba as vacas ao seu lameiro en Paradela e pasaba o tempo moldeando figuras co barro das caldeiras, son moi fermosos.

A foto en B/N é unha recreación dos xestos e o estilo das actices clásicas de Hollywood —seguramente Greta Garvo— con roupa de pel da diseñadora caldelá Estrella G., filla do Luis de Quintela.

sábado, mayo 01, 2010

As catro T de Valentín Fuster


Na revista vogue-Paris Charo Canal entrevista a Valentín Fuster, que dirixe o departamento de cardioloxía do hospital Mount Sinaí, e ao cociñeiro Ferran Adriá, ambolos dous colaboran coa Fundación Alicia, adicada a alimentación e a ciencia.
Entre as cousas que dín, Valentín Fuster sinala que nos falta tempo para pensar.

“Eu ensínolle aos estudantes o lema das “catro T”, dice Fuster. " A primeira t é a de buscar tempo para reflexionar, e Ferran está niso. A segunda é a t de “talento”. Sempre lle digo á xente nova que o mellor investimento que podes facer na túa vida é no teu propio talento, o problema é descubrir cal é. E no caso de Ferran non hai dúbida de que el o descubriu. A terceira é a de “transmitir positividad”, a capacidade que cada un ten de contribuír á sociedade. E a última é ser o “tutor” doutras persoas. Esas son as que eu chamo “catro t” da estabilidade mental", explica.

Tamén dí o prestixioso cardiólogo que “a túa saúde depende da túa decisión persoal, non depende de mil historias que che conten, ou do último descubrimento que che vai a matar. Xa sabemos que che vai a matar, e ti podes evitalo”. Unha boa alimentación e exercicio físico.

Para ter unha relación máis sa ca comida é preciso, di Ferran Adriá, “educación, educación, educación… non é ningún segredo. E un pouco de disciplina, pero non fai falta un gran esforzo. Perfectamente pódese facer unha vida normal e gozar da comida. O interesante é que o discurso de Valentín non é radical", engade Adriá. "Por exemplo, creo que el e mais eu non falamos nunca dos alimentos ecolóxicos porque hai vinte problemas antes de chegar a ese tema. Que ten que ver a importancia de deixar de fumar ou de facer exercicio con se a leituga é orgánica ou non? Confundímonos. Se pensas que porque comes orgánico xa levas unha vida sa estás equivocado.”

O grifo que hai que pechar


A explosión de unha plataforma petrolífera frente as costas de Luisiana (EEUU) está escupindo ao mar 5000 barriles diarios de petroleo. O desastre ecolóxico ten dimensións desconocidas. Iste é o grifo que hai que pechar.