martes, junio 28, 2011

"Para Vigo me voy..."


Conflictos terranaes levanme a Vigo. Vigo como porta de entrada e de saída. Non vou a disgusto, para un ourensá Vigo é unha meta, o noso mar..., dí Ferrín que dende alí, en días claros, vense os peiraos de Manhattan...  Alá polos anos 70 os vilegos de Ourense invertían os seus aforros no ladrillo na cidade do Corte Inglés. Tamén dí a míña irma que a nosa mai non tomou conciencia da liberdade ata que tivo unha tarxeta do Corte Inglés.

Enviado desde mi iPhone

domingo, junio 26, 2011

A fauna do Dray Martini

No corazón do ensanche barcelonés atopase o Dry Martini, o local de copas máis coñecido da cidade; un retrato da fauna que habita esta cidade. Si atopas sitio na súa barra podes asistir ao espectáculo da mezcla de alcoholes, refrescos, xeos e froitas, nunha posta en escea espectacular. Novos aires neste bar, onte unha muller mixtuba sabores nun mundo reservado ata agora os homes. Non sei como se lle dí... barwoman...?

Enviado desde mi iPhone

miércoles, junio 08, 2011

Novas dende a Airexa

A herba creceu máis do normal. Todos andan cortando nela antes de tempo. Como este ano choveu tanto...!, dí a avoa.
- Cortan antes de que seque...?
- Si, fillo.
- Pero, logo podrece...?
- Si, dín que as vacas comena igual.
- Non está ben, logo...!,
- Non fillo, non está ben.

Enviado desde mi iPhone

sábado, junio 04, 2011

O Tickets, con acento galego


É coñecido que Ferran Adrià pechou o restaurante El Bulli situado na Cala Montjoi, no Golfo de Roses. Un concerto no que actuán máis de 70 persoas para 40 comensais non pode ser rendable, según dí o cociñeiro máis famoso do mundo. Mentres se deseña e pensa El Bulli do futuro, os irmans Adrià non paran de promover novos proxectos. Xunto ca familia Iglesias —os do restaurante Rías de Galicia— abriron un bar de tapas que está dando moito que falar na cidade dos prodixios. O Tickets Bar, a versión low cost de El Bulli, atopase na Avinguda Paralel, número 164. Onte fumos a coñecelo pero soio abre polas noites. Mal horario para nós, haberá que esperar unha ocasión mellor.

viernes, junio 03, 2011

Chipperfield e Corrubedo.

As formas da Cidade da Xusticia, de Barcelona, do inglés David Chipperfield lembran as do desaparecido World Trade Center. Un tipo "intelixente" este arquitecto que elexiu o pobo de Corrubedo para facer a súa casa de vacacions, resolvendo con unha linguaxe moi poética a relación cas vivendas humildes desta fermosa vila.