domingo, enero 24, 2010

Un domingo en Mataró


Hoxe tocou viaxar a Mataró, unha cidade que se atopa no Maresme, a carón do mar, a 30km de Barcelona, e que no seu tempo foi un gran enclave na fabricación do textil. Era tan importante o movemento de carretas que transportaban mercancías ata Barcelona, por unha estrada paralela ao mar, que decidiron crear a primeira liña de ferrocarril, unindo esta vila con Barcelona. Na parte alta de Mataró todo estaba preparado para o “Cros de Mataró ciutat de Mataró”, houbo sorte e o equipo de benxamins do club Muntayenc de Sant Cugat de Atletismo gañou.

sábado, enero 09, 2010

Unha pequena victoria en Gavà



¡ Se sigues así Antón podes ir ás Olimpiadas de Rio ¡
— Pero papa, que eu non son nadador, son corredor…!
Hoxe Antón gañou en Gavà. Gañou en velocidade, en 60m, na pequena cidade do cinturón roxo, perto do Prat. Cando escoitou o disparo de saída debía estar transformado nun persoaxe de Ben Ten e costoulle tocar o chan e saír pitando. Perdeu algunhas décimas de segundo, pero voltou e ainda tivo tempo para pasarlle a todos e gañar. Non houbo copa pero está máis perto dela.

viernes, enero 08, 2010

A pregunta de Fermín Bouza

¿está Galicia dispuesta a perder también su lengua tras haber consentido la ruina de sus costas, el deterioro histórico de sus villas, el deterioro y vulgarización de sus ciudades y la destrucción de buena parte de su medio natural?. El País.

domingo, enero 03, 2010

"Un decreto contra o galego"


"Ganar unhas eleccións non lexitima ao goberno para atentar contra o noso patrimonio. A Administración ten a obriga de potenciar a lingua propia de Galicia". Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Carlos Callón anunciou que acudirá a vía das "denuncias internacionais" para botar a baixo o decreto sobre o galego, que cualificou de "galegófobo" e "inaplicable". Callón sinalou que é un "decreto contra o galego" e "a maior agresión ao galego en toda a historia democrática. El País, hoxe.

sábado, enero 02, 2010

Un paseo por Santiago

Dín que é o segundo lugar máis visitado de Santiago, logo da catedral. Paga a pena pasear por esta praza que se atopa a carón da Facultade de Historia, perto da Rúa do Preguntoiro. Un espazo onde ver o peixe e os froitos que cada día chegan de diferentes lugares do país. O video está feito co meu teléfono, na maña do fin do 2009.

“Deus é Brasileiro”


O 21 de abril do 2006, o presidente Lula, con mono de petroleiro e casco de peón, anunciaba cas mans empapadas de petróleo a bordo da plataforma P-50 de Petrobrás, na Conca de Campos, a autosuficiencia petroleira do país e decía que deus é Brasileiro. Dous millóns de barriles diarios, unha nova era. Todo o mundo fala do espertar do xigante. Fai dez anos Brasil pasou por unha importante crisis, falabase do efecto samba. Ninguén daba un peso por este país da área lusófona. 200 millóns de persoas cos que nos podemos entender na nosa lingua, como decía o outro día, no Teatro Principal de Santiago, Carlos Blanco no seu espectáculo “Só”, mentres o goberno de Feijoo dandolle a espalda a nosa lingua, ca idea de que non sirve para nada. A información é do reportaxe de Jesús Rodríguez, no País Semanal do 22/11/09.

Os queixos de Isolina


O leite págase pouco e son cada vez máis os que fan queixo fresco e se achegan á praza de Santiago a convertir en cartiños os seus derivados. Isolina, pensionista, enseguida nos aclara que os queixos non son dela, —son da miña filla, pero ela non ten tempo para vir ata aquí.—.

Feijoo e os ataques á lingua galega



O presidente Feijoo ven de aprobar un novo marco xurídico polo que deixa aos pais a elección do idioma no que queren que se impartan as clases en primaria e secundaria. Velaí a bandeira do cambio neoliberal, intervir para frear o picotazo do galego, esa lingua que está a punto de papar ao español. Magoa que non se poida elixir o chino ou, mellor, xa postos, que lle soltaran un capón ao presidente, para ver como corre o noso veciño dos Peares, seica lle ten pánico as aves de curto voo. Uns tres mil galegos manifestáronse o día 30 na praza do Obradoiro e o amigo das galiñas cambiou de escenario e inaugurou a nova sala, promovida polo bipartito, e que tantos réditos lle deu no seu asalto ao poder.