viernes, julio 31, 2009

A vila vai para adiante



Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.



Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.

Difusión de "dúas noites"



Agora esperemos que funcione o boca-orella e poidamos pasar unhas noites para lembrar.

jueves, julio 30, 2009

www.duasnoites.com

Faltan 14 noites

Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.



Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.

Foto: Campos

Nun lugar da ría de Noia


Dicía onte un amigo da Coruña que cando voltas aos lugares da infancia, prodúcese certa frustración ao comprobar que a realidade é máis cativa ca imaxe recreada. Este verán acabamos na praia da Aguieira (a praía dos de Santiago, dín), e alí, a 100m da casa que alugan uns familiares, fumos dar un paseo por un bosque de Piñeiros, que morre no mar, como nos debuxos de Castelao, e atopámonos co campamento “Virxe de Loreto”, que aparece na foto.

Neste campamento estivemos Carlos e máis eu no 73, durante un mes. Sempre levei estas imaxes do mar, do lecer a carón da auga, do deporte, da viaxe lexos da familia, como un gran descubrimento. Neste caso, a realidade non defraudou as lembranzas deste lugar. Nin polo tamaño, nin pola beleza. A forza da natureza, as vistas á ría, as postas de sol, esta praía cas súas mareas, son sorprendentes.

 

miércoles, julio 29, 2009

Capa, o miliciano e Luis de Quintela, no Mnac



Xa hai algún tempo, unha entrada niste blog sobre a aparición da maleta mexicana de Robert Capa xerou certo debate sobre a autenticidade da foto “Muerte de un miliciano”, e sobre o seu significado. Dende o 7 de xullo, pódense ver no MNAC dúas exposicións de Robert Capa e a súa compañeira Gerda Taro, organizadas polo museo catalán conxuntamente co ICP de Nova York. A polémica volta a estar de actualidade nos medios. Un xornalista de “El Periódico”, Ernest Alós, basándose nunha publicación recente dun profesor da universidade do País Vasco que adicou un ano sabático a investigar e que coa axuda dos rapaces dun instituto conseguiu localizar a foto no concello de Espejo, desplazouse a Córdova. Logo de moito buscar e de falar cos mais vellos do lugar, atopou o lugar exacto onde se fixo a foto, púxoa en relación con outras que forman parte da exposición, que ata agora non se coñecían, e logo de investigar e demostrar que nese lugar non houbo enfrontamentos os días que o fotógrafo estivo alí, chegou a conclusión de que o xoven Capa -que tiña imaxes de refugiados saíndo do cercano pobo de Cerro Murriano, pero non fotos de combates- andaba á busqueda desa imaxen que lle faltaba para completar á súa reportaxe e, como non a tiña, montouna. A foto mitificouse e pronto foi o símbolo da guerra civil. Capa pasaría o resto dos seus días xogándose a vida, achegándose moito ao toro, para purga-la culpa da suposta montaxe. A foto que acompaña esta entrada foi tomada no acto de inauguración desta exposición nas salas do Mnac, e o persoaxe da foto e o caldelao Luis de Quintela, coa súa compañeira Roser, que andaba por alí a seguirlle os pasos á memoria da guerra civil.

sábado, julio 25, 2009

Xa están as entradas de "dúas noites" a venda

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Xa se poden mercar as entradas de "dúas noites de música", a través de Caixa Galicia con un prezo de 9€. Si se espera a mercalas na taquilla o prezo é de 12€. Ainda que temos que pagar a comisión pola venda a través deste servizo, a venda anticipada, danos certo marxen para poder organizarnos e prever a asistencia. Van a ser dúas noites moi fermosas, nas que esperamos contar con todos os amigos do ano pasado e facer novos amigos para ir consolidando esta iniciativa.

domingo, julio 05, 2009

Uxía e Fred Martins en duas noites de música

Fred Martins / día 12 de agosto
Uxía / 13 de agosto



Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.

Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade” , que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).

Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira, e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.

Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.