sábado, febrero 17, 2007

Os campossantos galegos falan castelan

javascript:void(0)

A teia de araña que nos atrapa


Falanme de reunións promovidas polo Concello nas que a asistencia é escasa e a ambición pequena. Gran escepticismo por parte da sociedade civil caldelá ante a posibilidade da A-76, como ante outros proxectos. Para que queremos autovía...?, con que nos fagan un ramal xa nos chega ben…!, algúns comerciantes de poucas miras, preocupados polo impacto da autovía nos seus pequenos comercios dicen … “si se chega tan pronto a Ourense ou O Barco, quen se quedará a mercar eiqui”. Algún apunta que outra cousa seria se se establecera eiquí algunha industria que xerara postos de traballo. Ninguén pensa que, si as comunicación son boas, a alguén do propio Castro se lle pode ocurrir montar unha pequena industria, e non pasar a vida esperando que outros veñan a traernos cousas. Unha teia de araña de vellos e subsidiados pola larga sombra das súas pensións, algún comerciante fráxil e ocioso contento co pequeno “stablishment caldelao”, iste é o contexto social no que hai que sementar.

viernes, febrero 16, 2007

Laranxas Lola


Fai uns días chegarón por fin as laranxas Lola ó Castro. Sorprendéronse do frio pero enseguida pensaron que non hai mal que por ben no veña, "...con iste frio duraremos máis, pensaron". O mensaxeiro, sorprendido polo lugar onde lle tocara ir, atravesou a praza, chea de coches e, logo colleu pola rúa dos Pilos e entregou a deliciosa mercancía. A Pepita o ver as laranxas, e ver que viñan de Valencia, pensou que era una agasallo do Gonzalito… As laranxas Lola representan unha alternativa inxeniosa e moderna na que unha familia de Valencia coloca as laranxas directamente dende o árbol na casa do cliente, en 24 horas. As laranxas frescas, cheas de olor e sabor, non entrán no frigorífico, e duran perto dun mes. Estaría ben que en Caldelas nacera unha iniciativa, con algún dos nosos productos, que se poidera mercar en internet e se distribuira utilizando a loxística actual.

Arco, a gran feira do arte


Cóntame unha caldelá que se vai esta tarde a Arco. Morro de envexa. Entro nunha páxina dun xornal e a primeira imaxen que me atopo é está foto dunha guapa e enigmática moza, recreación moderna con posta en escea clásica, máis envexa, que lle vamos a facer… xa nós contará a nosa veciña como lle foi.

O foro do bo Burgo do Castro Caldelas


Fai uns anos, dentro do mundo da filoloxía, houbo unha importante nova, dada a coñecer por Henrique Monteagudo, o atopar un documento do 1228, que poidera constituir o documento máis antigo en galego.

“é unha peza singular dentro dese conxunto de -producción primitiva- no que debemos inserilo. Tratase de un privilexio rodado, o tipo de documento máis solemne dos producidos polas chancelarías reais da Península no tempo: constitúe o único exemplo de privilexio real en galego en toda a nosa historia. É tamén, que saibamos, o único diploma en romanzo saído da chacelería de Alfonso IX…”

Iste documento atopase no arquivo do Pazo de Liria, dos Duques de Alba, en Madrid e é un documento de gran valor para os historiadores da lingua. Atopeino nas páxinas do Concello da Cultura Galega onde se pode ler e ver o documento dixitalizado. O documento é unha actualización escrita en galego do texto en latín do foro feito en 1172 polo rei Fernando II de León e a raíña dona Urraca.

sábado, febrero 10, 2007

Xose Neira Vilas, lembrazas de Bos Aires

Na páxina do Consello da Cultura, na súa sección "Historias de vida" atopei iste video de tres minutos, de Xan Leira, cas lembranzas de Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego". Un "bó e xeneroso" que tiven a sorte de coñecer nunha viaxe a Habana fai uns 20 anos. Testemuña dunha época fundamental para a nosa cultura.