martes, enero 29, 2008

Unha balada para Carlos Furakao


Un comentario de Altazor, do Pontelouco, ponme ao tanto de que Carlos Domínguez, agora Carlos Furakao, está participando nun concurso "100 Pipers Music" e polo que se ve, de momento está escalando postos e vaille a zaga ao primeiro, ca súa canción. Con un tono un pouco canallesco, con ecos de Sabina, Carlos despachase bastante ben cantandolle ao amor, "hoy ocupo el cielo yo".  Este caldelao traballa na TVG como cámara e xa, no seu día, atreverase ca literatura infantil, con bastante éxito, "O gato de la". Carlos Furakao conta con páxina en MySpace na que se poden escoitar tres cancións máis e ler cousas súas inspiradas no Castro. Moitos éxitos, na túa nova aventura.

lunes, enero 28, 2008

A adega dos Domínguez en Manzaneda


Moi perto de Manzaneda,  atópase esta moderna adega que se adapta ao terreo con diferentes construccións para a transformación da uva.  Marcas como Lacima, Lalama, Lapena, Lapola y Refugallo son cultivadas nunhas viñas en forma de bancais, na  subdenominación da Ribeira Sacra, Quiroga-Bibei e son os tesouros da sociedade, Dominio do Bibei,S.L., dos irmáns Dominguez, empresarios do textil, que comercializan marcas como Carolina Herrera, Purificación García ou Bimbaylola

domingo, enero 27, 2008

Aparecen miles de fotos de Capa da guerra civil



Aparecen as fotos da guerra civil de Robert Capa, desaparecidas dende 1940. Imaxes de persoaxes e esceas da guerra civil española. Foron atopadas pola cineasta Trisha Ziff na casa dos descendentes do xeral Aguilar Gonzaléz, en México.


"¡Es como encontrar el Santo Grial!", comenta Brian Wallis, director del centro: "Conocíamos 500 fotos de Capa de la guerra civil y ahora tenemos unas 3.500. Tardaremos en establecer cuáles fueron tomadas por Capa, Taro o Chim, pero al fin tendremos el panorama completo de lo que hicieron en la guerra civil"

Pouco a pouco as portas vanse abrindo. É importante seguir petando.

sábado, enero 26, 2008

O amor no tempo do cólera ( película)

Onte poidemos ver a versión cinematográfica baseada na novela de García Márquez. Gustoume bastante. Sempre é dificil porlle imaxes a unha novela e coido que Mike Newel, un director que non coñecía ata agora, fixoo bastente ben. A película é moi veroximil e a interpretación dos actores e moi boa. Bardem é capaz de meterse na pel dun vello namorado, un pouco alelado, que espera a súa oportunidade con Fermina Daza. Buscando imaxes atopei este curioso video no que Gabo dí que a historia na que basou a súa novela é real...

Anna de Cristosende, na revista Ribeira Sacra

Xa está na rúa o último número da revista Ribeira Sacra, dirixida por Jesús Losada. Entre outras cousas contén unha interesante entrevista a Anna de Champeny, na que fala da súa adaptación a vida na Riberira Sacra, da artesanía, da súa vivenda. Unha historiadora que elexiu as beiras da Ribeira Sacra para vivir.

"...Mi punto de partida es siempre la investigación de las técnicas textiles tradicionales. Este es el único camino, creo, para que las piezas contemporáneas retengan la autoridad de un carácter auténtico. Tomo un objeto tradicional, como el tradicional saco de rayas o “saco roxo” de la Ribeira Sacra, y le cambio las dimensiones para darle una nueva gama de usos en el hogar, a la vez que mantienen su auténtico carácter rústico..."

viernes, enero 25, 2008

Franco, alcalde honorario

O Concello de Sada acaba de revocar todos os títulos concedidos ao dictador Franco. 39 anos, logo da instauración da democracia escomenzase a tocar cousas ata agora intocables. Parabéns.

miércoles, enero 23, 2008

Castro Caldelas, obras na Praza do Prado



Na entrada sobre a señalización das rúas do Castro foron aparecendo comentarios a cerca da intervención que o Concello está levando a cabo na Praza do Prado (zona casa do "Bisagras", zona diante do Concello, zona diante da casa da Martina, fonte etc). Houbo comentarios que cuestionaban a forma da execución. Tamén se preguntaba, nos comentarios, se había proxecto e se iste estaba asinado por a dirección facultativa adecuada. Persoalmente, a intervención na Praza do Prado pareceme de gran importancia e sen dubeda é unha boa nova. Agora ben a forma na que se faga ésta pode por en peligro o fráxil equilibrio dun espazo que ten máis dun século e que é o centro do universo caldelá. Un comentario do Catapiro, seudónimo de alguén que parece que conta con bastante información, manifesta o seguinte:

"... e xa que che interesa tanto a arquitectura, e vese que sabes bastante, ademais o concello ten traballando un arquitecto (que non é a que asina o proxecto) e digo que non será tan malo, porque o vai fichar (ou xa o fichou, esto non cho sei aclarar) a Consellería de Vivenda para levar o plan de Rehabilitación integral. Por certo sei algo máis que a obra pretendese continuar, e polo visto vai ocupartar toda esa zona que está diante do concello, e diante da casa da Martina, e arranxar as escaleiras que soben polo Toural, e arranxar a fonte..."
Catapiro 



O exemplo do Concello de Allariz, que gañou o premio Europa Nostra debería servir de guía a vilas medievais como a nosa, a hora de por en marcha intervencións en espacios con unha forte carga patrimonial. A Praza do Prado é un espacio previlexiado. A forma na que se interveña pode convertir en máis maravilloso ese espacio ou destrozalo.


Flor de inverno que agocha as fragas e soutos.

martes, enero 22, 2008

Stop the bullet. Kill the gun



Impresionante anuncio que pretende sensibilizar sobre a necesidade de acabar cas armas de fogo.

Rozabales, o castiñeiro de Pumbariños

Quería ver que era o que quedaba da miña memoria de cativo. O noso restaurante servira unha gran comida nun Pazo de Sobrado que pertencía a familia do perito agrícola Gonzalo Fidalgo, que casara no Castro, coa Castita. Lembraba algo pero non situaba nen ás cousas nen aos persoaxes. Puxémonos en marcha e buscando, buscando pasamos Sobrado, Manzaneda e o final desta vila atopamos un cartel que nos levaba ao castiñeiro máis lonxevo de Galicia ou eso foi o que nos dixeron. Esquecemos o obxetivo que nós puxo en marcha e camiñámos para ver un patrimonio de perto de mil anos. Case nada, dise pronto pero costa imaxinar as cousas que pasaron o longo da vida desta árbore. Tal perto de Caldelas e non sabíamos da existencia de tal obra da natureza.



Cando entramos no souto e vimos o tamaño e a fermosoura do árbol que mellor armoniza con noso chan e co noso clima non pudemos respirar durante uns segundos.


Chovia miudiño, esa chuvia ben feitiña, sen vento, unha lixeira neboa acariciaba as fragas e parte do souto. Nunca oira falar deste castaño. Polo que vexo está na obra de Carlos Rodríguez e Jesús Izco: “Árbores monumentais no patrimonio cultura de Galicia”, obra de referencia sobre iste tema no país. Non lle medimos a circunferencia este castaño pero estou seguro que o dato deixa a calquera sen alento.

sábado, enero 19, 2008

Os fachos, a noite do lume



Fai dous anos voltei os fachós co meu fillo Antón. Puiden gravar este video que xa leva perto de mil visitas. Por si alguén non o viu volto a colgalo. Según me dín, hoxe, non se collía na praza. Parece que o éxito desta festa cada ano vai a máis.

viernes, enero 18, 2008



O que pasa por meter a comunicación na auga bendita.

Que chova...!

martes, enero 15, 2008

Cafe Casino, unha parada en Santiago

En Santiago chove moito. Xa era hora, dí o taxista, que me leva ata o centro. Antes de mergullarme no obxetivo que me trouxo a Compostela aproveito para visitar un dos lugares da miña ruta sentimental, o café Casino, un café dos de antes, un cacho de madeira que se salvou do naufraxio. Atopa na rúa do villar e ainda por riba ten wifi, bó café e piano.

sábado, enero 12, 2008

(3) Antonio Caneda, homeaxe a un represaliado





No nadal, en San Xoán de Rio, institucións, familia e amigos fixeron unha homeaxe ao mestre de Medos, Antonio Caneda, asesinado polos que ilexitimamente usurparon o poder. Na sala de plenos do Concello, primeiro proxectouse un documental de Xan Leira que non puden ver e que intentarei colgar eiquí cando dé con íl, se é posible a súa difusión. O video que acompaña esta entrada recolle fragmentos das intervencións na homeaxe e publicase en dúas partes por esixencias de YouTube. A forza do testimonio de Maximino, alumno de Antonio Caneda, pareceume que tiña que romper a idea temporal dos discursos e retrocer no tempo para reconstruir a crueldade daquel momento. José Miguel Pérez, concelleiro de Cultura de Sant Xoan de Rio, resaltou o compromiso do mestre de Medos ca idea de axudar no proceso de alfabetización; Gonzalo Iglesias Sueiro, delegado de educación de Ourense, salientou a homeaxe, logo de 71 anos, dentro da aprobación da Ley para a recuperación da memoria hostórica. Xosé Carlos Sierra, delegado de Cultura de Ourense, falou do mestre como portador de valores cívicos e domocráticos, Dario Álvarez, sinalou que a situación de paz que vivimos debemoslla a homes que como o mestre asesinado que deron a vida por os seus ideais. Ramón Luis Acuña, xornalista, a través de unha carta, solidarizouse co acto de homeaxe e dixo que homes como Antonio Caneda representaba a sal da terra; Xosé Manuel Cid, decano de educación, falou dos tres mestres da zona represaliados, os verdadeiros herois: Armando Fernández Mazas, de Pedrouzos, Luis Acuña, de Sobrado e Antonio Caneda de Medos; Ana Rodriguez Caneda, sobriña do mestre, sinalou a idea da memoria agochada no entorno familiar por medo a máis represalias, Alfredo Suarez Canal, Concelleiro do Medio Rural, pechou o acto manifestando que con iste acto sobretodo estamos contribuindo a cimenta-la racionalidade, a por en valor, a facer humanismo.

A Rexiónvaldeorras recolle o momento no que se descobre unha praca pola que se lle adica seu nome a escola de San Xóan de Rio.

miércoles, enero 09, 2008

Señalización en galego



Para cando unha señalización das rúas en galego e posta en valor dos edificios e patrimonio de Castro Caldelas. Concellos como o de Manzaneda, por non ir máis lonxe, xa nos dan exemplo de normalización linguística.

jueves, enero 03, 2008

A miña vila



Penso na miña vila:
As casas con alicerces de rocha
Agatuñando polo picouto
no que se pousa a mole do castelo.
Penso nas galerías de cristáis,
nos encintados brancos das paredes,
nas louxas desgastadas,
nos tellados con coios para sosteren as tellas
contra as lufadas do vento.
(Pequenas homildezas de montaña).

Chégame con pechar os ollos
pra ver a miña vila, as miñas vilas:
A clara, luminosa, mañanceira
con ceo de azur heráldico
e un áer sotil que fai brillar as cousas:
Ou a seria, grisalla,
De pingueiras teimosas, envolveita
Quer na chuvisca mol, quer nas abátegas:
Ou a entalada na friaxe
do carambelo, queda, caladiña,
co algún home que pasa enguriñado
botando da bufanda que lle tapa a queixada
un bafo noboento:
Ou a branca de neve, lucidía,
Neve nas rúas, nos albres,
nas tellas, nos muros, nas hortas:
Ou a debruzada no outono
A estrenar unha nova sifonía
Nos adeuses do sol de cada tarde.

Deixádeme maxinar un cataclismo,
un tremor, un abalo xeolóxico,
un embalse cobríndoa toda, toda,
un vulcán, qué sei eu, un arrombarse,
e que a miña vila desaparece.

Fallóume o mundo enteiro:
Nin dúas e dúas son catro,
Nin hai xeometría nin metafísica,
nin é verdade o devalar da historia,
nin a é tampouco o lampexar das artes
nin as leises de Newton,
nin o me eu despedir dos seus camiños.
Os parámetros ideolóxicos platónicos
Perdéronse nunha Atlántida esquecida.
Todo o celme vital
Solidóuse—pra min—nun inmenso iceberg.

Pero a ucronía é un exercicio parvo,
e as magnificacións
poden ser escorregas de poetas.

Penso na miña vila
tan pequeneira,
tan libre de asulagos na súa altura.
E, pesie as miñas remembranzas varias,
tan ela mesma sempre.


MANUEL CASADO NIETO
“Vendima” antoloxía poética (1982)
Ilustración: Prego de Oliver
Sotelo Blanco edicións

“ún dos nosos poetas maiores, autoridade da fala…”
Xosé Filgueira Valverde

martes, enero 01, 2008

Autoretrato de Xaime Quessada


Así é como se quixo representar o pintor Xaime Quesada fai 22 anos. A xenerosidade do editor de “Lucenza”, a segunda novela deste artista, fixo que chegara a min como agasallo o orixinal deste autorretrato. Xaime Quessada dominaba a pintura e o dibuxo e era un admirador rendido das vangardas. Xaime foi un dos mellores intérpretes da vida de artista. Probou todos os estilos e construiuse como persoaxe de referencia na vida local ourensá dende os tempos do “Volter” onde reinaba a figura de Vicente Risco, que bautizou a Xaime e o seu grupo como “Os artistiñas“. Fai trinta anos visitei a súa casa e estudo en Vilar das Tres. Unha espectacular casa moi moderna, deseñada pola súa dona, Chus, toda en formigón, con grandes fiestras que daban a un souto de castaños. Realmente impresionoume, xa que, a modernidade que rodeaba a súa vivenda e o seu estudo era pouco común no entorno no que eu me movera ata entón.

Novo flequillo


A Mariña aproveitou os días de lecer do primo Andrés que traballa na peluquería do Corte Inglés para retoca-lo flequillo.

Xa me podes chamar pintora


Mariña acabou o ano pintando con acuarelas. Cando rematou iste dibuxo no que supostamente estamos a familia máis un flamenco, acercouse satisteita onda mín, agasalloume co iste debuxo e moi segura dixo: Papa, xa me podes chamar pintora.

Cristosende