lunes, diciembre 31, 2012

Planeta caldelao.

Un amigo do Facebook envíame esta fermosa e inquietante imaxe do Castro, do entorno da praza do Prado. Parece, según me dí, que pertence a Eladio Osorio. Non é a miña intención omitir ao autor, máis ben o contrario, pois a través da ollada persoal podemos desvelar algunhas notas da trastenda de cada un. Posiblemente non teña máis intencionalidade ca dun experimento técnico, ou non?. Plantexa un Castro pechado en sí mesmo, egocéntrico, ou a punto de centrifugar..., co foco xusto detrás do Concello, universo ao rededor dunha persoaxe, sombra, con forma humán que sitúa no centro, soia, o demiurgo, que ten o control da creación. Parece como si quixera coller velocidade e escapar ao seu destino... Gustame máis a idea dun pequeno universo, ou planeta caldelao.

viernes, diciembre 28, 2012

Baqueira Beret

Venres, sol, boa temperatura, neve en estado perfecto. Un bo día de esquí, co val d'Arán ao fondo.

Rabo de boi

Cinco horas de paciencia para que a alquimia consiga o milagre deste exquisito prato que provoca os sentidos. "Eu prefiro ser vexetariano, mellor pastariano", dí Antón. Restaurant Puis, Esterri d'Àneu.

jueves, diciembre 27, 2012

Esglesia de Sant Just i Bon Pastor

En Son, unha pequena aldea no cima do Val d'Àneu , atopase  esta maravilla do románico. Antón e Mariña están cansos do primeiro día de esquí e non están para desvíos. Queren ir a piscina de auga quente do hotel.  Dín que xa vimos moitas igrexas e non paga a pena desviarse para ver unha máis. Ainda ca oposición da mitade da asamblea logramos chegar alí; e paga a pena. Non é unha igrexa máis, ten identidade propia. Como no caso das igrexas do Val de Boí, o aillamento e a falta de recursos destes vales,  teñen moito que ver no estado en que chegou ata  nós este patrimonio. Si houbera recursos, as modas habían traer o gótico e outros estilos,  ata mixturalo todo. 


miércoles, diciembre 26, 2012

A serenidade do guepardo.

Punnnn... Ainda non rematara o eco do disparo do xuiz, que deu a saída de 400 metros, cando Mariña cruzou dende a pista número oito, a que está máis fora, con gran determinación, ata a pista un, colocandose detrás das tres primeiras atletas.

Logo, xa no ritmo normal da carreira, avanzou, a unha velocidade constante, ata poñerse detrás da primeira. Como o guepardo, que sigue a gacela, que acaba de distraer do grupo, sen cambiar a velocidade, analizando a presa, esperando que canse, ou cometa un erro; así Mariña seguía a a súa compañeira, ata que ao final da primeira volta, petou, mostrando a súa debilidade. Mariña aproveitou para pasarlle, poñerse de primeira, deixar o grupo atrás, ata gañar ca serenidade do guepardo.

martes, diciembre 25, 2012

Unha noite de nadal.

Falta pouco para que lle metamos man ao capón. A imaxe de Charo e Mariña ca xiringa metendolle o meu coñá ao que queda do capón, confeso que me inqueda. Brutalidade sofisticada. Tres días macerando. Onte ata soñei co capón cabreado vindo cara mín cas xiringas de coñá. Máis tarde, cando vexa o meu trozo no prato, a brutalidade do acto pasado pola destilación cultural, seguro que esquecerei  o proceso para disfrutar da comida, ata o seu fin.


No libro "El testamento francés", de  Andrei  Maquine, que agora me ven a mente ao pensar no capón, Charlotte, dende a fría Siberia lembra a súa vida en Paris a principios do século pasado, e a través dos obxetos que leva ña súa maleta,  vai describindo como era aquel mundo decadente, burgués, excesivo e tolo. 

Agora que a crisis vai para cinco anos, e non fai pinta de que remate eiquí, antes de que caiga este novo imperio román e entremos probablemente nunha nova e longa época escura, vale a pena retratar cada pequeno gran momento, desta sociedade na que todo está a mudar, por si un día, como Charlotte, lle temos que contar a quén quería oilo como era unha noite do nadal.