martes, agosto 31, 2010

De ternera, claro

Carnicería no mercado de Puerto Escondido, México.

sábado, agosto 28, 2010

In memorian de Gonzalo Fidalgo


Gonzalo xa se atopa no Castro. Faleceu en Valencia onde tiña o seu domicilio, ainda que pasaba grandes temporadas no Castro. Deixou dito que non quería enterro pola igrexa e pediu que un grupo de gaiteiros tocara na súa despedida, mentres os seus restos ían para o camposanto de Cimadavila.

Gonzalo foi o noso padriño na loita pola peatonalización. No agosto do 2006 estaba charlando con él diante do antigo café Caldelas mentres mirábamos o caos da praza de O prado. Entre os dous animámonos a recoller firmas solicitando a peatonalización de O prado. Daquela parecía imposible pero a semente de Gonzalo e nosa foi dando o seu froito e pouco a pouco aquela iniciativa polo noso pobo vai tomando forma.

O Prado, un espazo en transformación


Pouco a pouco a praza de O Prado e os seus espazos anexos van sendo rehabilitados e ordeados. Unha man invisible, dende o Concello vai transformadoo todo. Agora tocoulle a zona que da acceso a unha parte das Laguiñas, a carón do Concello. Tamén a fonte foi rehabilitada. Nestes días andaban retirando as máquinas e ferramentas. O “forno” abriu tenda de bicas, no altiño, axudando na mellora e recuperación da actividade da zona.

O espazo peatonalizado, fonte de controversas nun tempo recente, frente ao Grilo e O Rubio foise consolidando. Moitos coches que pasan pola estrada, ven o ambiente, e paran a tomar algo, e coido que non é polo aparcamento. O Mingos dí que él foi o que saiu peor, pero recoñece que a cousa mellorou moito para os dous negocios. Os bares que están fora da praza protestan, a xente quedase demasiado tempo sentada na praza e o negocio non corre para os demáis. Acaso quererán máis peatonalización...?, convencerá o Cuchú a Pura para cambiar os zapatos por botellas...?. O seu local é un dos mellor ubicados, lonxe da estrada, o máis tranquilo. O tempo o dirá. Moitos dín que o que falta é un novo restaurante que aumente a oferta actual. Moitos dín que aos coches que aparcan alí quedanlle dous telediarios. A veces soio hai que mover a gran pedra para que colla un pouco de forza e comence a rodar.

Pero a cousa non debe de ir tan ben. Fai uns días o Mingos zarandeaba unha señal do catamarán, no cruce da estrada de Monforte. Achegueime onda él, por un momento case me preocupou, pregunteille que que lle pasaba ca señal, e díxome que estaba peligrosa, que estaba mal alí, que calquera se podía facer daño, logo que os de Iberdrola andan facendo un tunel, e que o “forno” abría unha nova tenda, e que a bica de noces e roxos da Malena non ten igual.

Así foi como deixei o Castro, preparado para recibir as festas. Este ano grandes carteis anuncian que serán Hollywood e Manhattan as que animarán as noites de setembro.

O día despois da festa

Festa de Alais, un dia despois.

Unha ollada ao Castro, nos sesenta


A foto é dun cadro firmado por Eva, que se atopa en “Calzados Baldonedo”, que se reflexa na foto. O cadro está pintado ao oleo e representa o Castro no ano 60, aproximadamente. As almeas do castelo ainda non foran rehabilitadas, A casa do Conde Oleiros ainda non se convertera en residencia de curas, A Lurucha e Maruja ainda non acabaran a casa, ainda existía a casa da Pilar ca súa horta . O Casado tiña fermosas vistas. Moitas das casas da rúa pequena ainda non levantaran os seus pisos. Unha vila co seu aspecto rural. Entre todos acabamos con él.

martes, agosto 17, 2010

A ollada da Mariña


Dende o alto das montañas artificiáis de Manhattan Mariña quere ver. De puntillas sobre as súas sandalias fuchica no aparato e intenta ver. Dende alí arriba a cidade é fraxil, case de xuguete, así a ven o seus enemigos. Si todo o mundo mira e que algo interesante debe de haber alí abaixo. A Mariña quere mirar, na man esquerda o seu osiño, sempre con ela, explicalle que hai unha gran cuadrícula verde con manchas humedas no medio de moitas casiñas. Xogamos a porlle nome as altas montañas artificiais. Hoxe Antón vaille dando forma a unha cidade no patio da nosa casa. Mariña pregunta si terá Museos.

lunes, agosto 16, 2010

A burbuxa das casas rurais


Hoxe o xornal El País, na súa edición de Galicia, fala da Burbuxa no eido das casa rurais. Expón a dificultade de vivir de esta actividade, ainda que pode ser un complemento a outras actividades.

"La fantasía urbanita de vivir en una postal bucólica con casa de piedra, mantel a cuadros y empanada casera en la mesa ha arropado el auge del turismo rural, que en dos décadas ha generado una red con 575 alojamientos y 6.870 plazas operativas. Este negocio -subvencionado por la Xunta y la Unión Europea- despuntaba como gallina de los huevos de oro a principios de los años noventa, pero la crisis ha expuesto sus debilidades y los propietarios se preparan para que la burbuja explote".

Monte Albán, a cidade dos Olmecas


Perto de Oaxaca hai un grupo de pequenos cerros con formas misteriosas, o taxista que nos leva a ver as ruinas de Monte Albán dí que son cidades agochadas baixo a terra, pero que ainda non se pudieron investigar. Os restos Arqueolxicos das culturas precolombinas son abundantes en México. Perto do 1930 o arqueólogo Alfonso Caso descubriu agochada baixo a terra as ruinas de Monte Albán, un fabuloso conxunto arquitectónico de grandes dimensións onde había templos, grandes pirámides, un observatorio para ver as estrelas e medir o tempo e seguir o movemento dos astros, espazo para o xogo da pelota e tamén gradas dende onde poder ver as ceremonias que se levaban a cabo no alto deste cerro modelado pola man humán.

Nun dos templos hai unhas figuras que nunha primeira mirada foron calificados como “os danzantes” por Alfonso Caso. Hoxe estes relieves, xa máis estudiados, según nos dín, representan explicacións médicas, mulleres de parto, figuras con xestos de dolor, trepanacións…etc, e parece que servian para explicar os coñecementos médicos a estudiantes.

En Oaxaca un restaurante leva por nome “los danzantes". Atopase no patio de atrás de un antigo edificio da Rúa Alcalá e é un exemplo da cociña mexicana de vangarda que busca novas formas cos productos de sempre. Outro ejemplo para lembrar é “casa Oaxaca”, no centro perto da Igrexa de Santo Domingo.

domingo, agosto 15, 2010

Diario de un neuyorquino en Oaxaca


A nosa compañía “Mexicana” suspendeu pagos e todo apuntaba a súa entrada en quiebra. Cando chegamos ao aeroporto de Oaxaca dixéronnos que os voos internacionais estaban cancelados. Vaia, non podia sair todo tambén. Soio logo de moitas chamadas a México e a isoportable presión de Charo, que os ameazou con unha plaga de mariposas monarca, dixeron que se levantába a suspensión para facer o último voo de México D.F. a Madrid. Finalmente voamos nun Airbus enorme, medio cheo, ca xente que levaba varios días colgada no aeroporto de D.F.

Xa estamos en Barcelona e costa aterrar logo de tanto viaxe. A nosa cabeza ainda está en Oaxaca. Mentres escribo leo o fermoso diario de Peter Kuper, un dibujante neoyorquino que se tomou dous anos sabáticos para ir ca súa familia a Oaxaca. A súa estancia coincidiu con unha protesta de maestros que se manifestaban polos baixos salarios, e que foi duramente reprimida polo gobernador local. Morreron dous maestros e un xornalista norteamericano. O que empezou como unha pequena manifestación acadou nun gran alzamento popular e o envío de 4000 efectivos do exercito para tomar a cidade. Kuper dibuxou o que viu neste tempo e con ise material, a modo de diario, a editorial sexto piso publicou este fermoso libro, agasallo de Enrique López Tepox, de Puebla.

Cobrar por ver o mosteiro de Santa Cristina…?


O concello de Parada do Sil quere cobrar ou cobra xa por ver o fermoso mosteiro románico de Santa Cristina, unha da xoias da Ribeira Sacra. O cativo presuposto das institucións municipais non da para atender ó patrimonio. Estamos dispostos a pagar pola cultura, polo patrimonio noso. Podemos manter o patrimonio sen axuda. Un pequeño custe pode disuadir aos visitantes. Mellorará a situación do mosteiro ao cobrar. Que pasa noutros lugares…?.

sábado, agosto 14, 2010

Parada en Oaxaca



Hai un paraíso. Non está no caribe. Está a 1500m de altitude, en Oaxaca, nun mosteiro no centro da cidade, adicado antes a Santa Catalina de Siena. O seu uso foi cambiando cos tempos. Perto de 400 monxas vivían eiqui, logo ca revolución e a desamortización dos bens das congregacións relixiosas pasou a ser cárcere, logo oficiñas do concello e hoxe hotel, un hotel xestionado por a cadea “camino real” da familia galega de Avión, Vázquez Raña. Catro grandes patios cheos de árbores e prantas e unha alberca, converten a este establecemento nun verdadeiro oasís no centro da cidade de Oaxaca. Resulta moi interesante ver como a orde dos Dominicos soupo utilizar nos tempos de Cortés aos artesans indíxenas que aportaron as formas da súa tradición na decoración dos arcos, portas e murais.

viernes, agosto 13, 2010

A árbore máis vella do mundo



Unha gran tormenta con aparato eléctrico acompañou a nosa viaxe. Moitas rúas estaban inundadas e a cidade por momentos parecía Venecia. Pola fiestra ían desfilando moreas de pequenos negocios, case todo o mundo vende ou troca algo nesta cidade de casas de pranta baixa, que se extende sen límites precisos, onde viven perto de un millón de persoas que sempre están a comer. O día estase complicando, Charo mirame para ver que digo. Antón, Mariña, Mateo e Lucas xogan sen importarlle moito a choiva.

Saímos de Oaxaca a visitar Santa María de Tule, onde se atopa o ser vivo máis lonxevo da terra, o árbol de Tule. Viaxamos como convidados no coche de Lara, promotora do sitio en internet “melodijolola”, unha web con miles de seguidoras, onde atopar consellos moi útiles para non aburrirse no D.F. Conduce con moita seguridade e gran decisión Leonor, a directora da Fundación Carolina en México. Lara, a súa filla, vai guiándonos co seu ifone. Como Chove demasiado, Leonor, acostumbrada a tomar decisións, improvisa unha visita a un telar situado en Teoticlán del Valle, xestionado por unha parella de Zapotecas moi amables e simpáticos que ainda conserva a súa língua. Usan o mesmo telar que veu da vella Europa fai cincocentos anos. Fabrican cores e reinterpretan as formas da súa tradición. Mostrannos como matizan as cores, e como obteñen o grana cochinilla. A choiva vai menguando, abandonamos Teoticlán e buscamos a estrada que vai a Tule.

A árbore ten uns dous mil anos e unhas dimensión colosais. Este testigo de dous mil anos viu pasar a seu carón a todas as civilizacións precolombinas, aos españois de Cortés e o que lle quedará por ver, pois conta con boa saude, según Leonor está moi coidado. Non podería ser de outra maneira, o seu valor e como o de unha catedral, comenta Charo, unha verdadeira obra de arte. Leonor levanta a mirada e ve un buho branco que nos olla con curiosidade dende o interior desta árbore que máis que unha árbore é unha fraga enteira. O buho, con seguridade, son os seus ollos e oidos e nesa intre estába tomando nota do balbordo que montán os nosos cativos mentres corretean arredor do círculo máxico que traza esta árbore, mollados pola auga que non cesa.

jueves, agosto 12, 2010

A Verde Antequera, Oaxaca


Dín que esta cidade inspirouse en Antequera, un pobo andaluz e foi chamada " La Verde Antequera". Oaxaca está ordeada nunha cudrícula perfecta, dacordo ca idea do urbanismo español da época, e foi fundada, tal como a coñecemos, en tempos de Cortés. De feito, o Rei Carlos V nombrou ao conquistador de méxico, Marqués del Valle de Oaxaca. Daquela Moctezuma dixolle a Cortés que o ouro viña de Oaxaca, tributo que pagaban a Tenochtitlan os pobos asentados nestras terras, polo que os conquistadores puseron o pé moi pronto en Oaxaca. Para a Nova España, moi pronto, máis importante que o ouro, foi o cultivo da seda, pola abundancia das moreras e da man de obra. No século XVII priorizouse o cultivo do algodón e no XVIII a exportación do tinte procedente da grana cochinilla, o roxo que daba color incluso a roupa dos papas, converteuse nunha fonte de ingresos extraordinaria para as encomendas desta zona.

Estamos no tempo das choivas, fai bo tempo pero pola tarde hai grandes nueves, choivas e tormentas, que chegan case a facer de noite o día, como se ve nesta foto da rúa Macedonio Alcalá, unha fermosa rúa ca arquitectura andaluza da época, grandes casonas, soio de pranta baixa, polos terremotos, con fermosos patios interiores. A pobreza, do último século, deixou esquecida a esta cidade. Agora é un conxunto monumental de gran valor, cheo de bares, restaurantes, galerías de arte e hoteis fermosísimos. As ordes religiosas como os dominicos, os agustinos, os franciscanos construiron moitos mosteiros e igrexas, nunha competencia que da idea da riquezas que conseguiron nos séculos posteriores a conquista.

miércoles, agosto 11, 2010

Boda, no crepúsculo


Moitos amigos, familiares de Madrid, Algeciras, Londres, Barcelona, Chile e México D.F., acompañaron aos noivos nunha ceremonia baixo o último sol do día. Unha boda a altura da noiva, combidados interesantes, rutas culturais, no paraíso dos surfistas, Puerto Escóndido, no verdadeiro fin do mundo, si o mundo ten fin. Moita relixiosidade para unha apóstata confesa. Na hora crepuscular, entre lusco e fusco, Mariña e Anjali entregaron os anelos a Rafa, que oficiou a ceremonia, e deu mostras de ser máis que un amigo cando lle intentou poñer o anelo a Emiliano. Marcela tremeu, María e Patricia saindolle ao paso e impedirón, no último intre, que as arras se confirmaran entre os dous amigos. Moito mexicano, de orixen español, gran parte dos amigos de Emiliano veñen do Colexio Madrid, unha institución fundada polos exilados republicanos, onde dín que cada día se escoita o hinno da republica. Paula Canal, un dos activos de Anagrama, casa co escritor méxicano Emilino Monge. Endogamia transatlántica do sector do libro.

Unha boa excusa para facer viaxar por México, ata o Pácifico, a familiares e amigos, coñecendo lugares e xentes extraordinarias. Moito baile, copas, festa, música baixo unha palapa a carón do Pácifico.

martes, agosto 10, 2010

Terror a voar en avioneta




Paula Canal e Emiliano Monge casaron en Puerto Escondido e esta é a razón de que viaxaramos a ista cidade do estado de Oaxaca, nas augas do pacífico. A maioría dos combidados tiñanlle medo á avioneta e preferiron facer os 300Km que hai ata alí, por estradas cheas de curvas e buratos, nunha viaxe que dura 8 horas, amortiguada polo Tequila. Outros preferimos facer a viaxe nesta avioneta que nos levou ata o noso destino en media hora. Un verdadeiro pracer, que salvo cando saímos de Oaxaca, entre nuves, sen ver un carallo, foi unha viaxe moi segura. Como voa baixo poidemos disfrutar vendo a paisaxe da Sierra Madre do Sur, así como a pegada human na paisaxe. Oaxaca é un dos estados que máis pobos ten e tamén a máis pobre. Dende o aire estes pobos, ca sua forma racional, ata parecen ordenados. México é un autentico disparate para os sentidos. Hoxe iremos a ver as ruinas de Monte Albán.

viernes, agosto 06, 2010

Surfeando en Puerto Escondido



Levamos dous días en Puerto Escondido (Oaxaca), a carón das augas do Pacifico, ainda que non son nada pacíficas, hai ondas de tres e catro metros; é o paraíso dos surfistas profesionais. Bueno Antón non é profesional pero puxolle moita gana como se ve na foto e gracias aos consellos do seu primo Carlos Canal logrou xugar ca forza das ondiñas que rompian na praia de Zicatela.

Do Caribe ao Pacífico


Poidemos sair da illa. Frankie non correu moito e a volta a Tórtola foi ben.

domingo, agosto 01, 2010

As illas que non lle interesaron a Colón


Para chegar a nosa illa hai que voar a illa de Puerto Rico (aeroporto internacional), e logo dende alí coller outro avión ata Tórtola (illas Británicas). Dende Tórtola hai que coller una taxi de auga e ir ata a pequena illa de Jost Van Dyke. Maña cedo temos que desandar o camiño, voltar a Tórtola nun taxi de auga, Antón insiste en que non lle pague ao piloto si corre moito, vamos si vai saltando por riba das ondiñas, como cando viñemos, logo voar a Puerto Rico e dende alí ir a Miami, a nosa escala de dous días, antes de ir a México D.F.