jueves, agosto 15, 2013

Vacacións en Dublín


Un novo día en Dublín, nubes, algo de sol, moita luz na terra de U2. Nova casa, un lugar dende onde emocianarnos, sair a buscar novas experiencias, devorar cultura, porse un pouco na pel desta cidade, deste país luchador polas libertades individuáis e colectivas.


Un novo intercambio de casa con unha familia dublinesa; muller branca con un home negro e tres fillos. Unha familia xa case convencional, difícil de imaginar fai 40 anos. Onte chegamos a súa casa en Dublín, no barrio de Ranelach. Unha casa de fináis do XIX, rehabilitada e ampliada fai uns meses por unha arquitecta tocada polo don da poesía. Unha casa que crece sobre a orixinaria sen violala. Gústanos moito, todos son detalles para disfrutar da luz, a vexetación, os mobles, unha cova agarimosa dende onde planear saidas a cazar, a cazar emocións, e voltar, voltar a descansar, a recuperarse para voltar a sair.


Unha cidade, unhas fotos, unha elección, uns mails, unha dirección, e unha chave debaixo do caldeiro do lixo son suficientes para establecer unha relación de confianza e entrar nunha casa a 2000 km da nosa. Ao mellor son cousas así as que farán que o mundo sexa máis habitable.


miércoles, agosto 14, 2013

De Caldelas a Irlanda.

Acabo de entrar no meu blog e non dou tino do tempo que levo sen escribir unha nova entrada. Tiven que comprobar varias veces se a última era verdadeiramente a de Antón e o fútbol. Son tmomentos complicados onde o tempo cada vez é máis escaso, e compre telo para poder escribir sobre calquera tema, ainda que sexa unha pequena entrada. Publico algo a veces no facebook e paréceme interesante como medio para comunicar cousas, propostas, suxerencias, estados, pero é demasiado inmediato, fugaz, efímero.

Acabamos de instalarnos en Dublín, e nestes días de vacacións reais vou intentar voltar a máis alá do transformador, logo de pasar uns días no Castro, que cada vez lle queda menos do mundo de máis alá na súa deriva histórica.

domingo, enero 27, 2013

Música brasileña para Antón

De cativo levamos a Antón ao Olímpic para que xugara ao fútbol cos nenos da Floresta. Aceptou, pero cando foi e viu que os nenos xogaban bastante ben, algo non lle gustou, e non quixo voltar. A fináis do ano pasado, Antón ten agora diez anos, o interés por iste deporte de masas surdiu invadindoo todo. Antón quixo a puntarse a unhas clases de fútbol, (Junior, Barça...), fixose inseparable de unha pelota. A súa curiosidade sobre este deporte é infinita. Mira partidos no Ipad, investiga sobre os xugadores actuais, antigos, achégase aos kioscos para mercar xornáis deportivos, tapizou a súa habitación con fotos dos xugadores famosos.Voltou ao Olímpic. Conta as horas e os días para ir aos entrenamentos e os partidos. A súa boa formación atlética pronto deu resultados. Contra o Santa Isabel marcou 6 goles e Antón fixose visibel para o equipo.  Deixou case o atletismo. É un neno moi feliz, e creo que o fútbol axudou moito. Onte cando íamos a Terrassa, estaba nervioso, moi nervioso. dixenlle que se tranquilizara. 
- Papa, si queres que me tranquilice ponme música brasileña."