domingo, diciembre 13, 2009

Antón, o atletismo e a participación

Antón levaba moito tempo esperando a cumplir sete anos para poder ir a o Club Montanyenc de Sant Cugat de Atletismo. Dúas tardes a semán entrena na categoría de “benxamín” no CAR. Tiña moitas ganas de competir e hoxe por fin chegou a súa oportunidade en Granollers, “Cursa internacional de atletismo de Granollers”. Íamos no coche ata esta cidade do vallés oriental. Antón estaba moi nervioso e conversaba ca Mariña.

Antón — Poido gañar copas correndo…
Mariña —E que podes facer cas copas, podes mercar algo…?
Antón —Non, son para enseñar.
Mariña —Para enseñar…?
Antón — sí, podes levala a túa clase, e enseñarlla as túas amigas.

A cousa non foi tan doada. Antón saiu entre os primeiros con moita forza e velocidade pero aguantar a mesma velocidade durante os 1000m., ao ritmo que latía o corazon, voltouse imposible. Animamolo con aquelo de que o importante é participar, e él recoñece que sí, pero coido que pensa que o importante é enseñar a copa.

Japonismo, imaxes segredas de Picasso


Unha fría tarde de venres, de paseo polas rúas do Gótic —cidade vella— levounos ao Museo Picasso a ver unha exposición de estampas eróticas moi sorprendentes pola súa modernidade.

A finais do século XIX e principios do XX estaba de moda en Europa o arte japones. Unha exposición temporal do Museo Picasso traballa a influencia dos grabados eróticos japoneses en Picasso e mostra a súa colección particular. Un verdadeiro delicatessen para istes días fríos de luces e excesos gastronómicos.

"O arte non é nunca casto. Habería que prohibirllo aos inxenuos, non por nunca en contacto con aos que non suficientemente preparados. , o arte é perigoso. Ou si é casto non é arte". Pablo Picasso.

domingo, noviembre 08, 2009

A Sra. Carmen de Alais cumpre 100 anos

Felicidades para Carmen, 100 anos non é calquera cousa. Eleva a media dos Caldelaos. Dicen que a clave está en comer pouco. Eu añadiría, unha vida tranquila, nun lugar tranquilo, como as ribeiras de Caldelas, Alais.
Que cumpra moitos máis Sra. Carmen. Na foto, a Sra. Carmen ca súa neta Gladys, —psicóloga— xefa de recursos humans dunha multinacional americana. A Televisión de Galicia informaba da nova fai uns días e facíalle unha visita a Carmen na súa casa da Pena, en Castro Caldelas.

Andrés Baldonedo expón na Costa da Morte

Logo de expoñer no Castro, en Monforte e Trives, Andrés Baldonedo expón na Costa da Morte. "La Voz de Galicia" faise eco do seu paso por estas terras do fin do mundo.

domingo, noviembre 01, 2009

Hai que votar polo noso castelo


A radio galega no seu program "A Tarde" organiza un concurso para elexir o mellor castelo de Galicia.
Podes entrar na súa páxina e votar. É unha boa plataforma para publicitar Castro Caldelas que debería converterse de feito na capital da Ribeira Sacra. Gañar identidade para que non confundan a nosa vila con outra situadas na raia.

domingo, octubre 18, 2009

Mil primaveras máis para o galego.

Hoxe manifestación en Santiago contra as agresións do P.P. ao galego




"Tengo 73 años y llevo toda la vida viviendo en La Coruña. Pues mira, cuando yo era niña, hablaba en gallego, como todos los del barrio, pero cuando fuí a la escuela, me lo sacaron a base de castigos y sopapos. Pero claro, ahora que hablamos castellano, pues a La Coruña le llamamos así, La Coruña, en castellano; y si le llamamos así, por qué nos quieren meter ahora A Coruña?, pues porque nos quieren meter el gallego..."

"Los Tristes", artigo de Suso de Toro en El País.

Suso de Toro reflexiona sobre o verdugo (Núñez Feijoo) da lingua galega. Autoodio..?, pode ser que a cousa vaia por aí. Chinny, a súa moza, fai uns anos, interumpiuno cando falaba de Os Peares e dixolle, e esto non é conto... " pero tú que dices, de que presumes, si tu no eres nada, tu familia no es nadie..." Nuñez calou, e o seu silencio foi a súa réplica. O mociño dos peares quere ser alguén, pensa que co galego non se vai a ningures e hai un capital político nos que pensan igual. Dende o outro lado do mostrador da tenda de ultramarinos do seu pai, dende cativo, viu que o que era alguén falaba castelán, logo a súa pijoxornalistafilipina acabou de tocarlle onde lle doe, e desto non fai moito.

sábado, octubre 10, 2009

Queremos galego, o 18 de outubro manifestación


A plataforma cidadá "queremos galego" covocou unha manifestación para o 18 de outubro en Santiago de Compostela, para tratar de frear as agresións que a nosa lingua está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galicia.

domingo, septiembre 27, 2009

Tempo de vendima


"Para trabajar en un territorio como éste hace falta mucho amor", resume la motivación del sacrificio el presidente del Consello Regulador, José Manuel Rodríguez. Hoxe no xornal "El País".

lunes, septiembre 14, 2009

É fundamental saber galego

"O único que sei é que en Galicia temos dúas linguas, e no mundo de hoxe, falar cinco é mellor que falar tres. É fundamental saber galego, que é o noso idioma e que nos emparenta con 300 millóns de lusófonos, e saber castelán, que nos conecta con 500 millóns de hispanohablantes. Hai que saber explotar e sacar o rendemento que significa iso". Cesar Antonio Molina, exministro de cultura. El País, hoxe.

FOTO: Miguel Angel Benedicto

Autodeterminación para Catalunya...?, si

Os cidadáns de Arenys de Munt exercen os seus dereitos fundamentais, nunha consulta popular, entre gritos dos feixistas.

domingo, septiembre 13, 2009

A aldea, o antigo e o novo


Unha fermosa achega a un mundo en proceso de desaparición. Documental de Ignacio Vilar, o director de Pradolongo.

domingo, septiembre 06, 2009

A viaxe brabú

Un documental de Marta Barros e Sonia Piñeiro sobre o movemento bravú. Xurso Souto, dende o seu programa de radio na Ser lévanos polo mundo do Bravú. Moi bo.

sábado, septiembre 05, 2009

O reino do cativo Balduino, lembrando ao Nano Baldonedo


Os meus primeiros anos están asociados á rúa Progreso, —que fermoso nome a resgatar—, onde o meu pai tiña o seu estudio de fotografía e a vivenda, pero sobre todo lembro o espazo diante do comercio novo, ese é o gran espazo da miña infancia, e alí estaba o vello comercio novo, os “almacéns Harrods”, dí con orgullo Iago Casado, un comercio de ultramarinos mítico na Terra de Caldelas. Alí un podía mercar dende bacallau ao mellor pimentón e as mellores conservas, panos de Sabadell, boinas de Bilbao, ata cobrar un cheque librado na Habana, a través do Banco Pastor. Un microcosmos ao que me gustaba ollar, sentado no alto do inmenso mostrador de madeira de castaño. Alí reinaba Don Abelardo, o home de Casado Nieto no Castro, que era un tipo que a un neno lle metía respeto e que adicou un gran esforzo a esclarecer se o noso rio se chamaba Edo ou Caldelas. Pero daquela a alma do comercio era o Nano, como máis tarde foi o Pepe. Alí o tempo pasaba lentamente, escoitando mil historias. Os cativos xogabamos diante deste comercio, era un lugar amigo e coido que amolábamos moito pero non lembro conflito algún. Nano decidiu rebautizarme como Balduino, polo nome da miña irmá Fabiola, e durante esa etapa da miña vida reinei naquel espazo, ou así é como eu o lembro. Se a miña información é boa, Nano Baldonedo foi un dos catro que fundaron o PSOE de Castro Caldelas, e esta é a miña pequena lembranza dun home bo de caldelas.

viernes, septiembre 04, 2009

Pepe Rubianes tamén é noso


Artistas cataláns e galegos lembran a Pepe Rubianes, falecido en Barcelona, onde pasou gran parte da súa vida. Este galaico-catalán foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía. Na foto aparece Carlos Blanco que fixo unha lembranza do humorista de Vilaxoán.

"Habíamos oído hablar de él, así que nos fuimos a verle actuar en Móstoles, donde tenía una función. Nos entusiasmó su estilo hasta el punto de que ejerció una gran influencia sobre todos nosotros, que en aquel momento estábamos creando Chévere", cuenta el actor Miguel de Lira. La pasada noche, los Chévere recordaron a Rubianes con un pasaje de Río Bravo, su primer éxito como grupo. "Los diez primeros minutos de la función son fruto de la inspiración directa de aquel gallego forastero en Barcelona que acabábamos de conocer". La amistad llegó después y, en 1993, Rubianes compareció a taquilla durante varias noches en una recién nacida Sala Nasa de Santiago. Era la primera vez que actuaba en Galicia y lo hizo con el montaje En resumidas cuentas. Miguel de Lira (El País).

jueves, septiembre 03, 2009

Renace o café-bar velódromo



Hai bares e cafés en Barcelona, Madrid, Santiago, Viena, Bos Aires, por citar algunhas cidades con cafés históricos, que lograron sobrevivir a decadencia e naufraxio de estes espacios de comunicación. O bar velódromo é un bo exemplo, foi fundado nos anos 30 e acaba de ser resgatado cando xa o dábamos por desaparecido. Un lugar que se atopa entre a rúa Muntaner e a rúa Diagonal, no corazón da Barcelona divina, divina pola “Gauche Divine”, nome que lles deu Joan de Segarra a un grupo de intelectuais e artístas, burguesía e clases altas, arquitectos, fotógrafos, filósofos, poetas, editores, cineastas, diseñadores. Case nada, xente como Herralde, os irmans Moix, Gil de Bietma, Rosa Regas, Bohigas, Bofill, Tusquets, Raimón, Serrat, Gonzalo Suarez, Serena Vergana, Vicente Aranda etc, que se movian nos anos sesenta e setenta, entre os locais da calle Tuset e este Bar-café, que sobrevive a todos eles, logo de pasar por unha restauración moi coidada e respetuosa. Un lugar tranquilo no corazón máis autentico da cidade onde se pode leer tanquilamente un xornal, falar, conseguir tabaco nos baños e probar as tapas de sempre, un pouco reinventadas.

Reglamentar o desorden


"querer reglamentar el desorden social está condenado siempre al fracaso", Juan Goytisolo, ayer en "La Vanguardía" en referencia a polémica entorno as novas de "El País" sobre a prostitución perto da Boquería.

miércoles, septiembre 02, 2009

Xa funciona a máquina do tempo


A Fundación Thyssen-Bornemisza ven de inventar a máquina do tempo. Xa é posible viaxar pola historia da pintura, comodamente, sen risco pro pelexo e por un prezo razoable.

martes, septiembre 01, 2009

Setembro, tempos novos, imaxe transformada


Xa van catrocentas e pico entradas en máis alá do transformador, catro anos na blogosfera, comenza o novo curso, anuncio de máis impostos ao capital, máis solidaridade, cambio de paradigmas, Berlusconi acabará controlando unha parte do pastel mediatico da península, máis redes, máis amigos, nunha sociedade cada vez máis aillada, fortemente individualista, cada vez máis insolidaria. O furacán Jimena ameaza con barrer a Baixa California. Bo momento para facer un cambio de imaxe. Espero que vós guste a foto deste vello transformador, no medio da paisaxe.

lunes, agosto 31, 2009

sábado, agosto 29, 2009

Grandes praceres de verán


Nestes días de calor un pouco de sidra ben escanciada agradecese, e se ten a temperatura dun regato ainda mellor. A Sra. Rosa de Niembres, perto de Llanes, pola tarde baixa unhas botellas ao regato que pasa frenta a súa casa. Dí que asi a sidra logra a temperatura adecuada. Si as metes na neveira a sidra perde o seu sabor, e dase a perder.

Casa Elvira, a crema das mans


Os de Montederramo xa atoparon que facer ca mel. Según me dín vai moi ben para as mans e a pel seca, en xeral. Noraboa por esta iniciativa tan sorprendente.

miércoles, agosto 26, 2009

¿ Quen son ?, documental de Eloy Lozano



Fai tempo que quería facer un enlace con este interesantísimo documental sobre a busqueda da identidade galega. Protagonistas actuáis da vida galega que reflexionan sobre a identidade, o ser galego... que é todo eso... Unha ollada moi particular do falecido Eloy Lozano, que fora o encargado da proxección de "O emigrante" en Castro Caldelas alá polos anos 80, cando case non existía o audiovisual en galicia. Atopase colgado na páxina de Flocos.

Tamara Canosa, protagonista de "Pradolongo"

"Se hai algo que non che gusta, móvete para cambialo."

lunes, agosto 24, 2009

Demasiadas casas rurais...?


"no hay que subvencionar la apertura de nuevas casas rurales, sino mejorar lo que ya existe fomentando un turismo de calidad". Marisol Lorenzo. "El País"

Aiguablava, Begur, entre lusco e fusco,

viernes, agosto 21, 2009

O falador, de Quico Cadaval


Hoxe o "Pais" informa sobre o "falador", o novo espectáculo de Quico Cadaval.

"Entre unha zapatería de saldos e unha joyería, o actor e director teatral que o pasado ano triunfou nas táboas cunha adaptación da Noite de Reis de Shakespeare para o Centro Dramático Galego, espera sentado. Catro flexos, dúas cadeiras, un reloxo e unha mesita de té adornada cun ramo de flores amarelas sérvenlle de decorado a este teatro callejero. Os viandantes, turistas e curiosos, detéñense, mínimo, a un metro de distancia. Poden observar pero non oen, e moi poucos se atreven a entrar. Máis mulleres que homes, en calquera caso. Algún, conta o artífice do proxecto, ata entra protestando polo abusivo prezo."

Hoxe e mañan o Pontelouco



Hoxe e mañán a asociación "O Irrio" pon en marcha como outros anos o festival "Pontelouco". Música, contacontos, máxia, cine e artesanía durante dous días. Os nosos mellores desexos.

Crónica de dúas noites


Foto: Carlos Campos

No blog de "O Prado" dan conta das dúas noites de música no mosteiro de San Paio. Un lugar que renace na Ribeira Sacra como espacio cultural.

jueves, agosto 20, 2009

Pepita


Foto: Carlos Campos


Imaxinei que alí estabas, entre as irmáns,
perto da escada que vai a ningures,
emocionada pola fermosa voz de Uxía.
Mirabas, como sempre, cun sorriso e dábasme a túa enerxía.

Un amigo de caldelas no peirao de Luarca


Iste amigo de caldelas non pudo estar en dúas noites. Traballos do último minuto impediron días de lecer na Ribeira Sacra. Cara a noitiña, cando a voz de Fred e Uxía se xunguía ca chuvía de estrelas Xaime e Beatriz cavaban na horta para purga-la pena de non ter vido. Onte atopamos a Xaime no peirado de Luarca e Antón e Mariña decidiron tirarlle das orellas.

jueves, agosto 13, 2009

Fred Martins onte


As estrelas a cruzar o ceo e Fred Martins, acompañado por unha banda de músicos extraordinarios: o brasileiro Sergio Tannus, e mais os galegos Álvaro Iglesias e Isaac Palacín.  
O mosteiro  iluminado nunha máxica noite de verán.  Hoxe, Uxía, e con ela Sergio Salles, Paolo, e novamente Sergio Tannus. E unha sorpresa inesperada, a colaboración especial de Fred Martins. 



Foto: Carlos Campos

miércoles, agosto 12, 2009

Dúas noites en Vieiros


Onte Vieiros fixose eco de dúas noites de música.

sábado, agosto 08, 2009

O mércores, Fred Martins en "dúas noites".

Fred Martins tocará o mércores en dúas noites cancións do seu último disco Guanabara

viernes, agosto 07, 2009

A luz entra no mosteiro de Montederramo


Unha moza nova foi a nosa guía polo mosteiro de Montederramo nunha visita relámpao, case imprevista. Na entrada da Igrexa de Santa María, explicounos aos visitantes que o pobo quedábase no primeiro espazo, sen cruzar as portas, e de aí ven a expresión de “oír misa”. Logo ven o espazo que habitaban os monxes, primeiro benedictiños e logo cistercienses. Eles si que vían e oían a misa. Nesta tardiña de verán, o sol entra polas fiestras, polos buratos das enormes naves deste mosteiro, xoga ca escuridade e sinala onde descansar, antes de ver o retrablo maior, restaurado, o impresionante coro e os seus fermosos claustros. Cada día hai visitas e dende hai pouco un audiovisual fala da historia desta xoia da Ribeira Sacra.

Só, o novo espectáculo de Carlos Blanco

Carlos Blanco presentou onte en Lugo o seu novo espectáculo "só", sobre o Camiño de Santiago, ante oitocentas persoas. Jazz, humor, música e risas a escachar, como sempre.

Florencio de Arboiro, as formas da loucura


Florencio de Arboiro inaugurou onte unha nova mostra sobre a loucura no Parador Nacional instalado no mosteiro de San Estevo e xa está na rúa unha nova edición de o "Naceiro", o xornal informátivo da asociación cultural "Ben-Cho-Shey, adicada ao mundo do afiador.

San Paio, outro punto de vista


Foto do Mosteiro de San Paio a carón de Santa Tegra, que maña estará en festas.

jueves, agosto 06, 2009

Unha fonte moi erótica


Fonte do arquitecto Álvaro Siza para o parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. Un recanto, case segredo, detrás do Museo de Arte Comtemporaneo de Santiago, e do Museo do Pobo galego.

martes, agosto 04, 2009

Faltan 8 noites


Faltan oito noites para que Fred Martins lle poña música ao mosteiro de san paio.

lunes, agosto 03, 2009

A fermosa voz da Uxía estará en san paio

Unha bela cantiga de Luís de Camoes, interpretada no seu día polo Zeca e eiquí pola Uxía.
"Verdes Sao Os Campos"

Faltan 9 noites para Frend Martins

Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.


Dani poñendo todo a punto.

domingo, agosto 02, 2009

Osorio Castro, dous anos colaborando

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30

Federico Mompou en Caldelas


“Un compositor catalán, Mompou, estaba no 1960 en Castro Caldelas e ouviu os carros que ían e viñan na tardiña polos camiños aqueles da beira do Sil, tan alzados, e compuxo Carros de Galicia, unha peza breve, fermosísima. “ Basilio Losada, nunha entrevista a Vieiros no 2002.

Na páxina da Fundación Albéniz fálase desta visita con Carmen Bravo Roy a Vicente Risco. Tamén na páxina da Fundación Juan March Antonio Iglesias Álvarez escribe sobre "Paisajes" a obra na que se incluie esta composición de Mompou.

sábado, agosto 01, 2009

Faltan 12 noites



Faltan 12 noites para que se ilumine de novo o mosteiro.

viernes, julio 31, 2009

A vila vai para adiante



Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.



Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.

Difusión de "dúas noites"



Agora esperemos que funcione o boca-orella e poidamos pasar unhas noites para lembrar.

jueves, julio 30, 2009

www.duasnoites.com

Faltan 14 noites

Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.



Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.

Foto: Campos

Nun lugar da ría de Noia


Dicía onte un amigo da Coruña que cando voltas aos lugares da infancia, prodúcese certa frustración ao comprobar que a realidade é máis cativa ca imaxe recreada. Este verán acabamos na praia da Aguieira (a praía dos de Santiago, dín), e alí, a 100m da casa que alugan uns familiares, fumos dar un paseo por un bosque de Piñeiros, que morre no mar, como nos debuxos de Castelao, e atopámonos co campamento “Virxe de Loreto”, que aparece na foto.

Neste campamento estivemos Carlos e máis eu no 73, durante un mes. Sempre levei estas imaxes do mar, do lecer a carón da auga, do deporte, da viaxe lexos da familia, como un gran descubrimento. Neste caso, a realidade non defraudou as lembranzas deste lugar. Nin polo tamaño, nin pola beleza. A forza da natureza, as vistas á ría, as postas de sol, esta praía cas súas mareas, son sorprendentes.

 

miércoles, julio 29, 2009

Capa, o miliciano e Luis de Quintela, no Mnac



Xa hai algún tempo, unha entrada niste blog sobre a aparición da maleta mexicana de Robert Capa xerou certo debate sobre a autenticidade da foto “Muerte de un miliciano”, e sobre o seu significado. Dende o 7 de xullo, pódense ver no MNAC dúas exposicións de Robert Capa e a súa compañeira Gerda Taro, organizadas polo museo catalán conxuntamente co ICP de Nova York. A polémica volta a estar de actualidade nos medios. Un xornalista de “El Periódico”, Ernest Alós, basándose nunha publicación recente dun profesor da universidade do País Vasco que adicou un ano sabático a investigar e que coa axuda dos rapaces dun instituto conseguiu localizar a foto no concello de Espejo, desplazouse a Córdova. Logo de moito buscar e de falar cos mais vellos do lugar, atopou o lugar exacto onde se fixo a foto, púxoa en relación con outras que forman parte da exposición, que ata agora non se coñecían, e logo de investigar e demostrar que nese lugar non houbo enfrontamentos os días que o fotógrafo estivo alí, chegou a conclusión de que o xoven Capa -que tiña imaxes de refugiados saíndo do cercano pobo de Cerro Murriano, pero non fotos de combates- andaba á busqueda desa imaxen que lle faltaba para completar á súa reportaxe e, como non a tiña, montouna. A foto mitificouse e pronto foi o símbolo da guerra civil. Capa pasaría o resto dos seus días xogándose a vida, achegándose moito ao toro, para purga-la culpa da suposta montaxe. A foto que acompaña esta entrada foi tomada no acto de inauguración desta exposición nas salas do Mnac, e o persoaxe da foto e o caldelao Luis de Quintela, coa súa compañeira Roser, que andaba por alí a seguirlle os pasos á memoria da guerra civil.

sábado, julio 25, 2009

Xa están as entradas de "dúas noites" a venda

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Xa se poden mercar as entradas de "dúas noites de música", a través de Caixa Galicia con un prezo de 9€. Si se espera a mercalas na taquilla o prezo é de 12€. Ainda que temos que pagar a comisión pola venda a través deste servizo, a venda anticipada, danos certo marxen para poder organizarnos e prever a asistencia. Van a ser dúas noites moi fermosas, nas que esperamos contar con todos os amigos do ano pasado e facer novos amigos para ir consolidando esta iniciativa.