lunes, junio 26, 2006

Antonio Sotelo Caneda, o Bilbiricho


O meu abó materno, de Mazaira. Era fillo de José Sotelo Blanco e Luzdivina Caneda Vazquez. Casou ca Matilde logo de voltar do frente de Aragón, onde perdeu a súa nenez: non coñeceu a George Orwel nin soupo nunca da súa existencia. Tivo oito fillos dos que viven sete, espallados polo mundo adiante. Durante moitos anos foi molestado pola garda civil porqué alguén fixo correr que o Bilbiricho sabía onde se agochaban algúns dos últimos fuxidos. Asumiu como seu o alcume do Bilbiricho. Sempre traballou a terra e tivo vacas, moitas vacas, a garbosa, a marela, a morita, a viana e a marquesa. Tiña bó gando e na súa casa non faltaba un bó boi. Viaxou moito as Carballeiras, a vila do Castro e a súa viña de Alais. A silueta do Bilbiricho e da súa vesta atopabase a miudo no camiño do Valdigrou, que vai da vila a Airexa. Nunca pensou en emigrar e máis dunha vez foi arrodeado polos lobos que chegaron a facerlle coxegas nas patas da súa vesta.

domingo, junio 25, 2006

Cumpreanos da Mariña-Xoana e festa do San Xoan


Dende o alto do castelo, dende a xaneliña do vixia, Mariña-Xoana bota unha ollada á vila. Decatase que dende alí as casiñas e os coches son de xoguete, as persoas son como formigas. Un soio dedo da Mariña e máis grande que calquera casa da vila.

Onte, a Mariña-Xoana cumpriu dous anos e tivo festa de San Xoán. Para a ocasión, un amigo, Isam de Nador, mercou carne de cordeiro nunha carnicería arabe do barrio do Raval e estivo durante horas preparando unhos auténticos pinchos morunos con especias, gengibre e follas de menta que lle dan ise olor e sabor tan especiais. Milagros, unha menorquina afincada hai moitos anos en Barcelona, trouxo un roast-beaf de boi que estaba para chupa-los dedos. Saboreamos tamén un exquisito Sushi preparado por Fátima Miralles e logo da tradicional coca de Sant Joan, outra Fátima e a súa irmá Jasmyna preparon un delicioso té árabe que acompañamos con pasteliños . Viñeron moitos amigos que coinciden en Barcelona dende procedencias moi diferentes, Italia, Inglaterra, Marruecos e Galicia.

En Cataluña, o mesmo que en noutros sitios, a noite de San Xoan é unha data moi celebrada. Hoxe as fogueiras foron sustituidas polos petardos que as veces resultan insoportables. Celebrase o solsticio do verán. A natureza, o home e as estrelas celebran unha festa cargada de poder e de maxia. As fadas e deidades da natureza andan soltas pola terra. Os labradores dan as grazas polo verán, as colleitas, as froitas e por ter máis horas para cumplir os seus traballos e entregarse a diversión. E o momento para pedir a fecundidade da terra e dos mesmos homes, ademáis hai que almacenar alimentos para pasar o outono e o inverno.

Pensabase que o sol non voltaría o seu esplendor total, pois despois destas datas os días eran cada vez máis cortos. Por iso se facían fogueiras nos cimas das montañas e o longo dos rios, na mitade das rúas e frente as casas. Facíanse procesións de fachons e botabanse rodas ardendo polas veiras das montañas.

Unha xornalista solidaria en Caldelas


A importancia das ONG no mundo é de todos coñecida. Os occidentais sinten certa vergoña polo esquecemento do resto dos seres humans que poblan a terra e, ainda que non é suficiente, nos últimos tempos tanto a nivel central como a través da comunidade de Galiza estase a facer un esforzo importante. Centos de ONG levan a cabo a súa actividade con máis ou menos acerto. Un lugar habitual onde membros de estas ONG obteñen información é a través do CANAL SOLIDARIO, un espacio en Internet para a información, a comunicación e o intercambio de ideas e intereses dirixido a ONG de fala hispana. Agora a través de vieiros podemolo ler en galego. Conta incluso con ofertas e demandas de traballo. Non fai moito visitounos en Caldelas a xornalista Paloma Ortega, coordinadora dos proxectos de Canal Solidario-OneWorld. Paloma xa coñecía Caldelas e quixo ensinarllelo o seu compañeiro e os seu fillos que disfrutaron moito paseando polas carballeiras, estiveron tomando unha cervexa na praza do prado ala polo lusco fusco e ningún momento tiveron morriña de Madrid.

sábado, junio 24, 2006

A Xunta negocia unha taxa verde para as eléctricas



Por fin, parece que Galiza poderase beneficiar a través da taxa verde dalgún tipo de compensación pola enorme riqueza que producen os seus recursos naturais. Soio na nosa zona hai uns 17 encoros. Funcionan con moi pouco persoal polo que son moi rendables para os seus donos, con escasa incidencia na economía da zona. De todo o que se produce exportase o 40%. As empresas teñen o seu domicilio fiscal e pagan os impostos en Madrid que tan soio produce un 5% da enerxía que consume.

Na primeira foto vese a ponte do Sil antes do anegamento do cañon polo encoro de San Estevo. Hai un poema de Bernardino Grana que transmite o sentimento da época na que se inundaron as viñas de castrelo de miño. Moito esforzo e transformación da paisaxe para logo non ter ningún rendimento para a terra.

Si volves por Ventosela
case non ves o Ribeiro
Si volves por Ventosela
atopas que anduvo o demo
facendo presas, matando
o que plantaron os vellos,
mandando a xente prás vilas
ou a emigrar ó extranxeiro
Dicen que agora o gran Miño
nos encoros dá diñeiro
que aire puro e puros soños
non producen dividendos.

miércoles, junio 21, 2006

A fonte do Rodicio


Falo outra vez de agua pero non da agua de choiva senón da auga da fonte que se atopa baixando as curvas do Rodicio. Alá onde se situaba o antigo límite de Caldelas. Agua destilada polas touciñas, lameiros e ladeiras da montaña do Rodicio. Entrar na capital sen facer unha paradiña alí é entrar demasiado valeiro en Ourense.

Tormenta de verán


O venrés entre lusco e fusco, coincidindo ca chegada de moitos veraneantes, unha gran tormenta con aparato eléctrico, pedra e moita agua caiu sobre o Castro. En poucos minutos unhas grandes nubes puxeronse sobre Caldelas ennegrecendo todo o horizonte e precipitando a noite. Os deuses decediron aplaca-los fumes dos caldelaos e escomenzou a chover como se tratara do diluvio universal. A auga alcanzou nalguns sitios ata os 40cm de alto. Parece, según me contan, que dende as laguiñas a auga baixaba a gran velocidade, pasando pola praza do prado e morrendo nas hortas dos pilos, deixando o camiño da cubiarca ben rastrillado.

lunes, junio 19, 2006

Triunfo do si en Cataluña


Onte por primeira vez poidemos votar a favor do Estatut. Un día historico no que, acompañados polos nenos, fumos o noso distrito. Ó final do día soupemos que o sí gañara por un 74% e tamén que a participación rondou o 50%. Iste tipo de convocatorias non soien ter moita participación e ademáis hai que ter en conta que era domingo e facía un día de praia envidiable. Foi un gran día para a democracia.

Para levar a cabo o estado de benestar necesitanse cartos. Agora Cataluña terá máis posibilidades de levar a cabo os seus proxectos, non dependendo soio das súas mellores ou peores relacións con Moncloa. Iste fillo necesita un marxen de independencia para poder ser el mesmo e iso non siñifica que queira aillarse da familia. Seguro que voltará fortalecido e será bó para todos.

Seguiremos atentamente o proceso de modificación que agora se inicia en Galicia e esperamos que acade as maiores cotas de autogoberno.

domingo, junio 18, 2006

Gran encontro de emprededores en Cataluña


Olegario Sotelo Blanco fai a súa crónica particular en vieiros sobre o Gran encontro de emprendedores, encontro de culturas e encontro de xentes e a ela me remito. Iniciativa de Julio Fernández e Francisco Cabanas: O primeiro é o dono de Filmax, importante productora e distribuidora cinematográfica, con sede en Barcelona, pero que non destaca precisamente polo seu apoio a cultura galega. O segundo é o dono de Nascex, empresa de mensaxería con importante implantación no mercado catalán; o seu maior orgullo, do que sempre presume, é o encontro con seu paisano Fraga nun café da Vila de Vilalba. Nesto caso, unha vez máis, parece que se tratou dunha gran manifestación de folclore que deu unha pésima imaxe da Galicia moderna que intenta xurdir das cinzas do recente pasado.

sábado, junio 17, 2006

O drama da emigración no Mnac de Barcelona


Na decada dos cincuenta e sesenta miles de galegos e entre eles moitos caldelás, abandoaban a súa terra con destino a America. Na foto de Alberto Martí Villardefrancos, feita no ano 1960, vese a uns nenos no peirado de A Coruña que acaban de perde-lo barco que ía a Venezuela. Alberto foi durante moitos anos o máis importante reporteiro gráfico do xornal "La Voz de Galicia" e dirixiu ata fai pouco Foto Blanco de A Coruña. Fotografiou a época da emigración, as recepcións de Franco no Pazo de Meirás e o fundimento do Urquiola na costa galega.

A foto de Alberto é unha das seleccionadas para a gran exposición que se inaugura maña no Museu nacional d´Art de Catalunya (MNAC), onde a caldelá Charo Canal traballa de xefa de prensa. Tamén hay fotos de Xosé Suarez e Manuel Ferrol. A exposición presentase co título de "Mirades Paral.leles" e conta gráficamente a postguerra en España e en Italia, sobre todo, o paso dunha sociedade agraria a unha industrial. Pon en escea fotos que incorporan unha nova maneira de mirar tanto eiquí como en Italia pola influencia do documentalismo en EEUU, reportaxes como o do traballo dos nenos nas fábricas de Lewis Haine influiron moito no que logo se chamou neorrealismo e que tan boas peliculas deu en España e en Italia.

viernes, junio 16, 2006

Doutor en Caldelas, 18 anos de servizo


Non sei cales son as razóns do azar que fan que un médico da capital como Alberto Labrador acabe na Vila do Castro. Non creo que sexa pola busqueda do significado último do seu apelido. A través de unha das series de máis calidade para a televisión "Doutor en Alaska" soupemos como un médico xudeo de Nova York fai os seus estudos cunha beca do estado de Alaska ca condición de que ten que exercer durante catro anos alí. A través de esa obriga descubre un mundo rural cheo de contrastes co urbán quedando tocado para sempre por ise sentimento novo.

Alberto chega a Vila do Castro en marzo do 89 e debeulle pasar o mesmo co Doutor en Alaska xa que non parece que necesite voltar a capital. A miña mai lembra a súa chegada o pobo, instalandose na habitación 108 do antigo hostal Blanco, na que pasou uns cantos anos. Viña acompañado polo Tomas. Dí que a súa lembranza é dunha persoa moi amable e humilde "... sempre recibía os que viñan a busca-lo, fora a hora que fora, cun sorriso e moita amabilidade..." Añade que, isto non se pode decir de moitos dos médicos que por alí pasaron. Él seguramente tera moitas anecdotas que espero nolas conte algún día.

Hoxe Alberto, por cousas administrativas de puntos, concursos, plazas e demáis, xa non traballa no Castro, tocalle atender en San Xoán de Rio e na Poboa de Trives. Moita xente no Castro está ben fastidada, pois valoraban moito a súa calidade como profesional e a súa humanidade como persoa. Parece, xa que logo, que a opinión da miña mai é compartida por moitos máis caldelaos. Alberto non se vai do pobo, seguirá na vila pois, como todos saben, está casado ca avogada Pepita Carballo, directora da Fundación Terra de Caldelas, i é pai dun caldelao de 5 anos que tamén se chama Alberto.

O día 18 o concello xunto con outros patrocinadores fanlle un pequeno homeaxe na praza do prado. Poderan asitir toda-las persoas que o queiran. Haberá unha comida servida por uns de Monforte nunha carpa instalada pra ocasión e cada un pagará do seu peto o convite.

jueves, junio 15, 2006

Benbida os novos caldelaos

Informanos a nosa corresponsal infiltrada no lugar de Caldelas que entre os nenos nacidos e os que se están xestando pronto haberá seis caldelaos máis. É unha moi boa nova, xa que non hai futuro sen xente nova e de momento os caldelaos que nacen contanse cos dedos dunha man. A ver si chegamos ás duas mans.

lunes, junio 12, 2006

Antón busca respostas



Antón, Mariña e Charo. Iste fin de semana pasearon moito pola beiramar da costa brava. Antón colle a Mariña da man e levaa para todo-los lados; anímaa a correr ata que se nos despistan. Empezan a ser unhas personiñas i é moi emocionante o momento que están a vivir. Antón, como sempre, fala polos codos. A xente pensa que é máis maior do que en realidade é. Cando estabamos mercando uns xelados na barra dun bar, acercouse un home e a él ocurriuselle preguntarlle por que era tan vello... O home, duns 70 anos, non viu de quen viña a cousa e respostoulle que era un mal educado. Pola noite, paseábamos por un lugar moi concurrido da costa e o carón pasou home de talla pequena. Antón preguntoulle que por qué era tan pequeno...? Como podedes ollar estamos nun momento complicado no que non sabemos moi ben que nos vai a pasar. O home pequeniño estivo moi ben, parouse e dixolle

- Sabes por que son pequeniño...?
Porque de pequeno comía pouco...
Porque no facía caso os meus pais.

Antón quedouselle mirando fixamente, moi impresionado polas respostas e, parece que agora vai ser máis facil facer que tome máis en serio o da comida.

Ainda quedaba unha pregunta e os destinatarios seriamos nós. Antes de ir cama o Antón preguntou qué é o amor.

domingo, junio 11, 2006

As mans da terra


Son as mans dun home de 60 anos. Cando ía camiño de Santa Tecla estiven falando cun veciño ó que lle pedin que me deixara fotografiarlle as man. Miroume extrañado uns segundos sorprendido polo requerimento e dixo,

-home, deixa que as lave un pouco e logo fas a foto.
-non non se preocupe...
-home, veño de cavar o horto e non é cousa...!

Son as mans que traballan a terra, mezcladas ca cor da terra e dinnos moitas cousas. A través das estradas principais e comarcais que se debuxan neste mapa podese chegar o orixen diste pobo de labregos. Verdadeiro mapa da illa do tesouro. Nas súas curvas e liñas rectas están moitos dos enigmas que nos arrodean. Istas mans levan moitos anos arrancando uvas de mencía, cultivando os tomates máis sabrosos da ribeira, recollendo as sabrosas ameixas que cada ano nacen, como por arte de maxia, moitos anos recollendo as castañas dos soutos da ribeira e moitos anos sentindo o frescor dos regatos que morren no rio Caldelas.

A paisaxe muda


Tratase dunha foto de Bautista Sotelo Blanco, o meu pai, feita con cámara de galería, máis ou menos, dende a finca que hoxe ocupa a casa do inventor, ala polo ano 70. É interesante coller unha foto actual e ver como foi mudando a paisaxe en tan soio 36 anos.

Un caldelao en Boston


Onte recibin dende Boston (EEUU) unha foto de Manuel Sotelo ca súa familia. Manuel é fillo de Candido Sotelo (Mazaira) e Delfina (Os Espiñeiros) e irmán de Fina. Cándido e Delfina viaxan moi amiudo o Castro e incluso teñen vivienda na Pena e manteñan a casa de Mazaira. A súa familia vive en Nova York e él polo seu traballo trasladouse, xa fai anos, a Bostón onde vive ca súa familia. É un inxeneiro de informática e traballa para General Electric arranxando ordeadores de hospitais. Un caldelao de Mazaira que marchou o norte cando tiña nove anos e soio voltou unha vez. No agosto fai a segunda viaxe o lugar onde naceu; enseñaralle os seus fillos a terra onde naceu e que deixou polos Estados Unidos, para poder medrar en moitos aspectos socio-económicos e culturais. Os seus fillos, nados nos EEUU, xa non falan nin galego nin castelán. A inmersión na sociedade americana non lles deixou sitio nas alforxas para gardar unhas cantas palabras das que se marcan como no cemento cando un é neno. Na globalización moitos elixen viaxar lixeiros de equipaxe. Manolo terá que traducirlle os seus fillos ó americano todas as palabras cas que se van atopar no seu camiño. Esperamos poder conversar con él e intentar entender, dende os ollos dun caldelao transplantado as terras americanas de Boston, un pouco mellor a ise país.

viernes, junio 09, 2006

Manuel Casado Nieto e Eva Mª Carmona



Na última edición da revista do centro galego de Barcelona saen publicadas estas interesantes fotos dos caldelaos Manuel Casado Nieto e Eva Martínez Carmona. Cando Casado era presidente do centro galego invitou a dar conferencias a moitas figuras da cultura galega daquel momento. Na foto vemolo con Alvaro Cunqueiro, padriño da súa filla Eva. Na outra foto aparece a súa dona Eva Martinez Casado nunha homeaxe polo premio de novela Elisenda de Montcada que acadaba de recibir.

jueves, junio 08, 2006

8000 kilos de maíz para airexa de Santiago

Unhos campesiños, do Val de Dubra, perto de Santiago pagan a airexa con 8000 kilos de máiz, 320 de fabas e depositan 3,76 euros polo arrendamento de 10ha de terra. Supón a renda de cinco anos. A irexa quería cartos pero o inquilino pagou como sempre o fixera en especies. Pola curiosidade da volva do diezmo a noticia foi moi mediatica en Galicia. 100 ferrados de maíz dan palomitas para moito cine.

lunes, junio 05, 2006

Simulacros


A veces hai pequenos detalles que nos mostran o interior das cousas. O castelo está enganchado a unha forte pena do tamaño do antigo castro. Na foto vese unha testemuña do que digo; tratase de unha pedra, na rúa grande, na casa veciña da de Vicente Risco. Unha parte da parede da casa e a acera da rúa foron esculpidas na pedra intentando mimetizala co entorno. Sorprende que incluso o encintado branco, muy de moda noutro tempo, que tapaba as xuntas das pedras intenta, como se ve na foto, simular que se trata de pedras individuais e non dunha gran pedra que se funde nos cimentos da vila. Porqué tapar algo que en si mesmo é de máis valor co que representa; podería ser unha bóa metáfora respecto de moitas cousas da nosa cultura que son deixadas de lado por manifestacions, a veces de escaso valor.

domingo, junio 04, 2006

Na mesma direccion


Cando escoito o sonido do chiflo dun afiador polas rúas de Barcelona deteñome e busco o orixen dos chiflidos ata dar co que os emite. Na mayoría dos casos atópome con afiadores de Caldelas que levan moitos anos percorrendo as rúas da cidade condal. O outro día atopeime con un caldelao de Fitoiro que ía en dirección contraria por unha rúa do barrio de Gracia.

-Domingo, non sei se te decataches, pero vas en contra dirección.
-non, non, a min xa me coñecen; non pasa nada, levo moitos anos por eiqui.
-Bueno, tí mesmo.

Olegario Sotelo Blanco que me trasmitiu a curiosidade por iste oficio recolleu no seu libro "Os Afiadores, a industria ambulante" unha sería de testemuñas de persoaxes, a mayoría de Caldelas, que son habituais nas rúas de Barcelona. Un oficio antigo para nómadas que se foron adaptando as urbes. Con moita tranquilidade Domingo percorre as rúas diste barrio en dirección o mar e se os sentidos cambiaron non vai con él que leva moitos anos na mesma dirección.

sábado, junio 03, 2006

O nome das ruas en galego


Moitas rúas do Castro ainda teñen os nome en castelán. Na foto aparece o letreiro dunha coñecida rúa do cimadavila. Como contribución o proceso de normalización linguistica do pais non estaría mal que o noso concello se plantexara a posibilidade de por o nome das rúas en galego ou polo menos nas dúas linguas. Como noutros sitios que contan con un casco historico importante deberíase pensar ben antes de executar unha decisión que tipo de placa se debe por, color, tamaño etc. É decir, facer unha reflexión profunca a cerca da importancia da señalización nunha vila medieval.

Conexion a internet no castelo


Na miña última visita o Castro imaxinaba que non podería conectarme durante uns días a rede, nin blogear, nin ler diários dixitais, recibir e enviar correos, entrar nas miñas páxinas, escribir algunha nova para iste blog, e decir, para min como se se fose a luz. Xa sei que teño mono pero cada quen enganchase onde pode. Xa estaba mentalizado e resignado cando nun dos meus paseos pola vila entrei no Castelo e para miña sorpresa atopeime cunha saa con seis ou sete ordenadores conectados a rede e con wifi. O espazo está xestionado por Beatriz, a neta da Benigna, que con gran amabilidade atende a todos os que se achegan para conectarse a rede. Noraboa por ista iniciativa.

Xaime López, arquitecto



Dende o principio dos tempos os homes facían as súas casas con peor ou mellor resultado, como constructores; logo, uns siglos máis tarde, viñeron os promotores e con muy pouco tino decidiron o destino da nosa paixase. Os exemplos de feismo pola nosa vila son notorios. Uns siglos máis tarde viñeron os arquitectos e espero que se queden moito tempo.

Onte cumpriu 35 anos iste madrileño que cando era máis mozo, caiu rendido os pes dunha caldelá. Falamos do mozo de Beatriz Canal, a neta de Marina (si, a sobriña da Fe, os da casa do Bar Frade, máis tarde Bar Galicia).

A Xaime debemoslle a maravillosa rehabilitación da antiga casa Blanco, onde se atopaba o restaurante. A iste proxecto adicou moito tempo, sensibilidade e xenorosidade. Con moito respeto o espiritu da casa e, tendo en conta que o encargo era de facer duas vivendas independentes, xerou transparencias e comunicacions entre as duas casas que fan que manteña a súa antiga unidade.

Namorado da súa Beatriz, logrou arrancala da cidade de Barcelona, e gañala para a causa madrileña. Gusta moito de Galicia, dos balnearios, do seu mar de Vigo e é un habitual dos paseos por Caldelas. Non hai ano que non visite o Mosteiro de San Paio, ferido polo romanticismo das súas ruinas. Alí levanta dibuxos e fai fotos imaxinando o mosteiro renacer das súas cinzas.

Neto de canteiro, que traballou, en Astorga, as ordes do xenial arquitecto catalán Gaudí, e fillo dun deseñador que pasou gran parte da súa vida facendo decorados para TVE, dende moi novo traballa no eido da arquitectura coñecendo de cerca todo o que se relaciona con iste oficio. Durante varios anos foi profesor desta disciplina na escola de arquitectura de Madrid e, ainda que mozo, xa conta con moitos proxectos e obras por toda a península. Na estrada de A Coruña, na súa entrada a Madrid, hai varios hoteis e oficiñas que son unha boa mostra do talento diste profesional. Niste intre está traballando en varios paradores nacionais e gusta moito diste tipo de hospedaxe; dí que é porque necesita coñecelos a fondo para poder facer ben o seu traballo pero iso son soio excusas de bo vividor. Noraboa por ises anos tan fructiferos.

viernes, junio 02, 2006

O Mosteiro das mil mans



O Mosteiro de Sant Paio atopase abandoado dende fai moito tempo. A airexa incapaz de manter en pé o enorme patrimonio co que conta deixou que o tellado do Mosteiro fose vindo a baixo e logo do tellado, a gran velocidade, todo o demáis. O estado é lamentable ainda que as súas ruinas despertan unha gran fascinación nos visitantes. Así sabemos de parellas de mozos que acuden cada verán a renovar o seu amor, curiosamente, neste contexto de decadencia. O Mosteiro está situado nun pequeno enclave de Santa Tecla, rodeado de lameiros, hortos e viñas. Dende iste agarimoso enclave dominase case toda a ribeira da Abeleda e dende alí, nun plano contrapicado, a vila do Castro mostrase imponente e altiva.

A titularidade do Mosteiro parece que pasou por diferentes propietarios, ata chegar a sociedade Xastreu,S.L., en mans de Nicanor (arquitecto da casa da ruín de fariñas) e Xosé Luis (axente inmobiliario de Xinzo). Istes mercaron o Mosteiro fai 20 anos, aproximadamente, pero según eles as subvencións non chegaron nunca. Espabilados da capital que viron no Mosteiro a posibilidade de facer un bó negocio, si só con subvencións se poidera arranxar un proxecto deste tipo.

Un grupo de amigos, emborrachados polo romanticismos das ruinas e de tanto Ponte da Boga, decidimos mercalo e pouco a pouco ir acometendo pequenas rehabilitacions, que o mantivera en pé. Os nosos movementos puxeron en alerta o bispado que decidiu voltar a mercarlo ós de Xastreu. Descoñecemos cal foi o obxetivo pero, xa, logo vai un ano, e o bispado non parece que teña idea de intervir para frear a súa degradación.

jueves, junio 01, 2006

Fernando Perez de Ruibal y Rodriguez


A través dos documentais da dous soupemos que incluso había páxaros que para chama-la atención das hembras facían composicións florais sorprendentes. Os homes, dende a baixada dos arbores, para construir a súa identidade frente os outros adoptan variadas formas e manifestacións que fan do mundo un maravillos horto con multiples froitos. Na foto vemos a un importante abogado caldelao-barcelones que polas súas labores humanitarias conta con diferentes medallas entre as que destacamos a da Imperial Orden Hispanica de Carlos V, entregada no Alcazar de Segovia polo mesmisimo Enrique de Borbón. Fernando ten casa nas Laguiñas e alá acude cando necesita "reiniciarse" e atopar folgos para seguir loitando. Iste cabaleiro da Orde Hispanica , abogado experto nas areas de civil e mercantil, loita agora contra modernos dragóns na cidade de Shanghai, onde acada de abrir o seu último despacho. O tellado da súa casa de caldelas está coroado en forma de pico e non creo que sexa por casualidade senon como simbolo de marcar metas altas e loitar con forza por elas.