sábado, julio 31, 2010

Unha ollada a intevención do home na paisaxe



A asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra Ourensá, que agrupa dende casas rurais, que dan habitacións individuais, ata apartamentos e casas que se alugan completas e é unha mostra bastante amplia da oferta hoteleira da Ribeira Sacra, ven de producir un exposición moi ambiciosa culturalmente que leva por título “Os que habitan en nós”, comisariada por Sabela López Pato.

A exposición estará no castelo do Castro do 5 de agosto ao 31 de octubre deste ano. A inauguración será o xoves día 5 de agosto ás 17h. Espero poder vela a finais de agosto, se me podo achegar ata o Castro. Parece unha moi boa iniciativa e hai que felicitar aos directivos da asociación Turisacra (Adolfo, Nini e Manolo…) representates da pequena industria turística en alza que ten que apostar pola calidade como obxetivo que pode axudar as institucións locais a xerar contidos culturais como esta iniciativa.

Dín os seus organizadores que “ A Ribeira Sacra, como toda Ga¬licia, foi, cando menos desde a Idade do Ferro, unha área xeo¬gráfica marcadamente agraria. As sociedades campesiñas que a habitaron deixaron a súa pegada. Os aterrazamentos, os socalcos e os cómaros labrados nas abas do canón do Sil teñen a súa orixe na alta Idade Media e configuran unha arquitectura monumental á altura do Románico. A superviven¬cia da comunidade campesiña tra¬dicional ata os anos sesenta do s. XX permitiu que este patrimonio se conserve na actualidade, devolvéndonos a mirada e as mans de todos aqueles que o fixeron posible e habitan aínda hoxe dentro de nós. “

“Os que habitan en nós son todos os seus ecos, nas vides, nos castiñeiros, nos muíños, nos fornos, nos sequeiros, nas hortas, nas touzas, nas tapadas, nos lameiros, en América, na guerra, na represión, nos encoros, en Suíza, no gando, en nós.”

Manhattan, dende o ceo



Unha das cousas que máis lle gustan aos humans é ver as cidades dende o ceo. Xogar ao punto de vista dos deuses. A mirada cenital é un poderoso atractivo para calquera cidade que aposte polo turismo, e a magnitude da cidade dos rañaceos merece a pena vela dende arriba. Ata a súa destrucción, as torres xemeas eran un dos puntos máis visitados da cidade. Na miña primeira visita a a Nova York, no ano 96, vin Manhattan dende alí, tamén no ano 2000, e a vista era moi boa pero non comparable a que se pode ter dende a zona do Midtown. Antes de vir a illa pasamos por Nova York e subimos ao alto do Rockefeller Center, a mellor atalaya para ver Nova York. O custe da entrada é alto (30$), pero paga a pena. As vistas son impresionantes. Antón e Mariña xogaron a recoñecer a silueta dos grandes rañaceos. Na foto, unha vista de Central Park, cos edificios do Upper West Side a esquerda. Unha liña de edificios de grande altura e calidade construidos a principios do século pasado. As torres Dakota, onde vivía Jonh Lenon, por exemplo. Un hotel situado a carón do Museo de Historia Natural permitiunos disfrutar duns día no centro de esta cidade. Ver os museos, pasear polo centro e, como nas películas, puiden correr cedo arredor do lago The Reservoir, como fan centos de neoyorquinos.

viernes, julio 30, 2010

Animais prehistóricos


Entre os moitos animaliños que hai nesta illa destaca esta lagartixa caribeña, non coñezo o seu nome. Hai moitas ao arededor da nosa casa nas paredes e árbores. A cola parece de un dragón e lembra a forma de animais prehistóricos. Debaixo do pescozo pecha e abre un medio circulo de cores que se asemella a un abanico, e bastante impresionante. Esta lagartixa é ademáis moi útil na cadea dos animais, come formigiñas moi pequenas, que aquí abundan moito, lástima que non coma mosquitos.

Un tabeirón no embarcadeiro


No Caribe, nunha illa e con moito tempo de lecer, que se pode facer…? pescar, pois foi o que fixemos, nunca pescáramos, non temos nen idea. Xa mercáramos o fío e uns anzuelos en Great Harbour, preguntamos a algún veciños como se facía. Saga conseguiunos uns calamarcitos e marchamos a noso embarcadeiro a tirar o fío pola noite. Ao pouco rato picou un peixe e vaia peixe, era un tabeirón de un metro e medio, polo menos. O fio correu a gran velocidade pola miña man dereita e antes de soltalo deixoume un pequeño tatuaxe. A visión do escualo asegurovos que causa un subidón da adrenalina, pensando ademáis que pola maña estivéramos bañándonos ahí. Logo voltou parece que cabreado e estivo dando voltas arredor do embarcadeiro ata que chegou un veciño co seu barco. Parece ser que por alí andan uns peixes pequeniños atraidos pola luz da farola que lle gustán moito aos tabeiros, que veñen dende mar aberto ata aquí pola noite.

miércoles, julio 28, 2010

Excursión a Great Harbour


Onte Saga, que se encarga do xardín dunha veciña nosa Sudafricana ofreceuse a levarnos no seu coche destartalado ata Great Harbour. un pobo a duas millas, onde se atopa o famoso Foxis. Saga é de Sait Kitts, unha illa que se independizou dos Británicos, dí él, con orgullo. O coche de Saga que circula pola esquerda, non esquecer que é territorio inglés e soio se fala inglés, foi por unha estrada atravesando precipicios e salvando as pedras que invaden a vía. A viaxe case a mediodía, pola esquerda, sorteando pedras, nun coche destartalado foi bastante inquietante e emocionante.

Great Harbour é unha aldea do Caribe situada nunha pequena ria con unha liña de casiñas que dan a praia. A maioria son bares como o Fosys con bandeiras piratas, e calabeiras, facendo gala do ambiente cañalla que alí atraca, esforzados navegantes cos seus yates acercanse a tomar un trago. Na mesma liña está o cementerio con imponentes tumbas e a policía. Nunha gasolineira metras a dependenta lle cortaban o pelo vendeunos fio e anzuelos para a pesca. Poidemos mercar pan nun pequeño supermercado con catro productos. Comimos no Foxis rodeados dos estandartes que colgan do seu teito, centos e centros de camisetas, tarxetas, bandeiras, bragas, calzoncillos, xuxetadores, que os navegantes que por alí pasarón firmán e adicán ao Foxis. Foto de Charo no Foxys.

A nosa praia en Jost Van Dyke


Nas illas Virxines Britanicas non hai moitas praias pero as que hai acomodanse ao tópico, palmeiras con cocos, area fina, augas turquesa e esmeraldas, corais e milleiros de pececiños de cores, así é o paraíso. Esta é a nosa praia. Bueno hai máis que pececiños, xa contarei máis adiante.

lunes, julio 26, 2010

Obxetivo: illa de Sandy Spit


O día naceu con un sol radiante que convertiu o mar da nosa bahía nun espello de prata onde a illa de Sandy Spit se reflexaba i era a atracción de todos os barcos. Mariña espertou insistindo no obxetivo pendente. Decidimos esperar ata despois de comer cando a forza do sol baixa, e así poder facer a travesía que durou máis de unha hora para ir nas canoas, con vento en contra, e vinte minutos para voltar, co vento a favor. A illa é unha lengua de area, rematada nunha plataforma coralina con unha pequena zona de arbustos e palmeras no centro. Temos que recoñecer que a ida foi dura, pensamos que non chegábamos. Para a nosa sorpresa, a medio kilómetro da illa, había un gran barco chamado “Catalonia Spirit”, por momentos pensamos que era un espellismo e que fantasma do olímpico José Antonio Samaranch saíria a animarnos.

domingo, julio 25, 2010

Tempo das chuvias


En calquera momento cambia o tempo, aparecen as nubes e logo as chuvias tropicais. A maioría das veces nin nos tapamos pois fai calor e é como unha ducha bastante agradable. Cando xa estaban as canoas preparadas, Errol, un veciño que vive a carón do embarcadeiro e que nos regalou unha papalla boísima do seu horto, aconsellounos non sair tal como estaban as ondiñas naquel momento. Houbo unha rebelión e a expedición a illa de Sandy Spit foi abortada. Nin Hernán Cortés podería convencelos. A canoa na que íamos Antón e eu deu a volta pero enseguida continuamos o rumbo. Pasamos o día nunha praia de area branca que hai perto de nós. Unha praia con grandes palmeras cargadas de cocos e a que van chegando os corais que se desprenden polo bater da agua. Fixemos unha pequena cabana para protexernos do sol e nadamos moito nestas augas quentes de color esmeralda.

Fai uns días que Antón comenzou un diario no que vai dibuxando as cousas que lle gustán e escribindo a cerca da viaxe. Hai que decir que é a primeira vez que probamos a intercambiar a nosa casa de Barcelona por esta casa no Caribe é de momento a experiencia é moi recomendable. Estamos moi ledos e a viaxe está sendo moi agradable.

sábado, julio 24, 2010

A taberna da Illa do Tesouro



Nunha pequena ensenada protexida por varias montañiñas hai un apeadeiro onde os barcos que navegan polo Caribe aproveitan para botar un trago, comer algo en terra, relacionarse con outros navegantes ou simplemente pasala noite guarecidos das tormentas.

Onte nós tamén nos achegamos a taberna Foxys Taboo, non é a famosa Foxys, na que moitas celebridades veñen no nadal a recibir o ano novo, pero é un interesante lugar onde os piratas modernos se achegan na súa travesía polas Illas Vírxines Británicas. Alí fumos nas nosas canoas logo de moito remar. A Mariña e o Antón, seguros cos seus salvavidas, animaban o noso remar ata convertilo nunha competición.

Hoxe se o tempo se mantén iremos nas nosas canoas ata a illa de Sandy Spit, unha pequena illa de 100m2 de area e palmeiras, no medio do mar, unha plataforma de area para bañarse. A travesía dura perto de media hora pero todos dín que merece moito a pena. A illa da foto que publiquei onte. Alí pasaremos o día. Maña contarei como nos foi. Adianto que non vai quedar unha soia illa sen conquistar.

viernes, julio 23, 2010

No paraíso hai moitos animaliños



Escribo dende a illa de Jost Van Dyke, no Caribe. As cinco da maña xa era de día, un día fermoso, logo dunha tormenta, pola noite, que parecía inundalo todo. Mosquitos, moitos mosquitos, despois da tormenta. A Diego Colón, fillo do descubridor, cando estudiaba en Valladolid decíanlle que o seu pai descubrira un continente de mosquitos.

Xa estamos de vacacións e con tempo dabondo. E hora de voltar a abrir a fiestra de máis alá do transformador. Unha gran viaxe a America (Nueva York, Caribe e México) cos meus, unha boa oportunidade para reconciliarse ca forza da vida, ca diversidade, ca natureza, ca historia, ca beleza.