sábado, mayo 14, 2011
El discurso del Rey
"...el oficio de Rey se ha convertido en el peor oficio, el de actor"
Enviado desde mi iPhone
martes, mayo 10, 2011
miércoles, mayo 04, 2011
martes, mayo 03, 2011
lunes, mayo 02, 2011
sábado, abril 30, 2011
jueves, abril 28, 2011
miércoles, abril 27, 2011
lunes, abril 25, 2011
domingo, abril 24, 2011
Volta
No bule bule da noite o tren avanza a gran velocidade. Visitas inesperadas asaltan este dormir traqueteado.
Enviado desde mi iPhone
sábado, abril 23, 2011
Museo de Orsay, Manet
Acabo de habilitar unha nova ferramenta, publicar entradas no meu blog dende o iPhone a través de Mail.
Esta maña pudemos ver todo Manet no museo de Orsay, o inicio da modernidade na pintura.
Esta maña pudemos ver todo Manet no museo de Orsay, o inicio da modernidade na pintura.
Versalles, la grandeur

Máis impresionante que a barreira de pazos de Versalles é a intervención na natureza. Luis XIV e seus inxeneiros e xardiñeriros lograron domesticar os bosques e os ríos dandolle formas xeométricas. É coñecida a forte impresión que causaba o conxunto nas legacións extranxeiras que eran recibidas por Luis XIV ou Luis XV.
A vista dende a terraza posterior aos pazos non deixa a ninguén indiferente. 7 millóns de turistas visitan estes xardíns, tres millóns os pazos. O salón dos espellos foi testigo da firma do fin da primeira guerra mundial. Versalles abandonado e saqueado nos periodos revolucionarios do século XVIII, ocupado logo por Napoleón, hoxe é patrimonio da humanidade.

Antón e Mariña disfrutaron moito das historias que Charo lles foi contando da revolución. Estaban moi impresionados pola guillotina e os seus efectos.
París, un gran mercado
miércoles, abril 20, 2011
Xardíns de Luxemburgo
Visita rápida a Sorbona.
martes, abril 19, 2011
lunes, abril 18, 2011
A torre Eiffel e o café Lipp, no Boulebar de Sant Germain

Camiñamos cos cativos patinando ata a torre Eiffel, polo Paris grandioso, imaxinado ao longo de varios séculos. Comprobamos a escala desta torre de ferro, icono mundial, que Barcelona rechazou para a exposición universal de 1880. Daquela o ferro ampliaba ata o infinito as posibilidades de diseño para arquitectos e enxineiros. No cafe Lipp, testemuña da vida literaria e política parisina, os camareiros teñen ganas de esmorga, xogan cos patinetes de Antón e Mariña e ata lles permiten colgarse da porta e xirar.
domingo, abril 17, 2011
Habitar espacios vividos

Espertar nunha casa extraña, cos libros, mobles, cadros, roupa, formas, todo o que una familia con dous nenos vai atesorando ata facer seu un espazo. É a diferencia de esta nova forma de viaxar, intercambiando as vivendas, ca tradicional de aloxarse nun hotel, onde podes vivir moitas emocións, pero moi diferentes a de habitar espacios reais, vividos, construidos lentamente.
Un amigo que viu publicado o noso intercambio con unha vivenda nunha illa do Caribe pregúntame si non me inquietaba deixar a outros a nosa vivenda. Resposteille que non pensara neso, quizás temos certa desafección, non nos importa compartir o noso, que outros o usen. Confianza en que nada pode pasar, necesidade de arriscar, de seguir arriscando, de confiar no ser humán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






