Un novo día en Dublín, nubes, algo de sol, moita luz na terra de U2. Nova casa, un lugar dende onde emocianarnos, sair a buscar novas experiencias, devorar cultura, porse un pouco na pel desta cidade, deste país luchador polas libertades individuáis e colectivas.
Un novo intercambio de casa con unha familia dublinesa; muller branca con un home negro e tres fillos. Unha familia xa case convencional, difícil de imaginar fai 40 anos. Onte chegamos a súa casa en Dublín, no barrio de Ranelach. Unha casa de fináis do XIX, rehabilitada e ampliada fai uns meses por unha arquitecta tocada polo don da poesía. Unha casa que crece sobre a orixinaria sen violala. Gústanos moito, todos son detalles para disfrutar da luz, a vexetación, os mobles, unha cova agarimosa dende onde planear saidas a cazar, a cazar emocións, e voltar, voltar a descansar, a recuperarse para voltar a sair.
Unha cidade, unhas fotos, unha elección, uns mails, unha dirección, e unha chave debaixo do caldeiro do lixo son suficientes para establecer unha relación de confianza e entrar nunha casa a 2000 km da nosa. Ao mellor son cousas así as que farán que o mundo sexa máis habitable.