domingo, enero 27, 2013

Música brasileña para Antón

De cativo levamos a Antón ao Olímpic para que xugara ao fútbol cos nenos da Floresta. Aceptou, pero cando foi e viu que os nenos xogaban bastante ben, algo non lle gustou, e non quixo voltar. A fináis do ano pasado, Antón ten agora diez anos, o interés por iste deporte de masas surdiu invadindoo todo. Antón quixo a puntarse a unhas clases de fútbol, (Junior, Barça...), fixose inseparable de unha pelota. A súa curiosidade sobre este deporte é infinita. Mira partidos no Ipad, investiga sobre os xugadores actuais, antigos, achégase aos kioscos para mercar xornáis deportivos, tapizou a súa habitación con fotos dos xugadores famosos.Voltou ao Olímpic. Conta as horas e os días para ir aos entrenamentos e os partidos. A súa boa formación atlética pronto deu resultados. Contra o Santa Isabel marcou 6 goles e Antón fixose visibel para o equipo.  Deixou case o atletismo. É un neno moi feliz, e creo que o fútbol axudou moito. Onte cando íamos a Terrassa, estaba nervioso, moi nervioso. dixenlle que se tranquilizara. 
- Papa, si queres que me tranquilice ponme música brasileña."

No hay comentarios: