miércoles, marzo 01, 2006

Busqueda de vida en Caldelas

Cando chamo a miña mai, que vive na vila medieval de Castro Caldelas, e lle pregunto polas novas, sempre resposta que non sabe de ningunha nova...todo é vello e alí non pasa nada...os poucos segundos dí...
"ah!, sí, teño unha nova, morreu fulanito...
-" ...antonte foi o seu enterro, había moita xente. Fulanito erache moi apreciado...!"

Penso, que en Caldelas, as novas que se están a producir non soio son as da xente que morre...?. Para comprobar isto, e ver si queda algo de vida, encetamos iste blog no que iremos investigando todo o que se move, con vistas a obter un número suficiente de probas que poidan axudarnos a demostra-la tesis plantexada.

Animo a todos os que lle interese a Terra de Caldelas, e as súas conexións co mundo global, a participar eiqui, vertendo a súas opinións, de maneira, que entre uns e outros podamos divertirnos falando do que poida interesar.

O nome do Blog "Máis alá do transformador" xa o explicarei máis adiante.

3 comentarios:

Bautista Sotelo dijo...

Charo, moi fermosa a túa maneira de definir ise territorio imaxinario. Es moi benvida. Interesanos moito o teu ponto de vista.

Anónimo dijo...

hola creo que xa esta ben de tanta tonteria

Anónimo dijo...

Ninguen te obriga a entrar nesta fiestra.