domingo, junio 18, 2006

Gran encontro de emprededores en Cataluña


Olegario Sotelo Blanco fai a súa crónica particular en vieiros sobre o Gran encontro de emprendedores, encontro de culturas e encontro de xentes e a ela me remito. Iniciativa de Julio Fernández e Francisco Cabanas: O primeiro é o dono de Filmax, importante productora e distribuidora cinematográfica, con sede en Barcelona, pero que non destaca precisamente polo seu apoio a cultura galega. O segundo é o dono de Nascex, empresa de mensaxería con importante implantación no mercado catalán; o seu maior orgullo, do que sempre presume, é o encontro con seu paisano Fraga nun café da Vila de Vilalba. Nesto caso, unha vez máis, parece que se tratou dunha gran manifestación de folclore que deu unha pésima imaxe da Galicia moderna que intenta xurdir das cinzas do recente pasado.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Da crónica de Olegario deducese que foi unha gran carallada.

Anónimo dijo...

E o centro galego e as demáis asociación participaban na montaxe?