martes, diciembre 19, 2006

Lembranza de Xoan Manuel Casado



Fai uns días a miña irmá Fabiola faloume dun CD de Luar na Lubre "Hai un paraiso" que conta cun poema de Xoán Manuel Casado ó que lle puso música Miro Casabella. Un fermoso poema de Xoán Manuel Casado que tanto gustaba do Castro. Ainda non atopei o CD, pero a través da páxina de Luar na Lubre dín con íl. Parece que xa fora musicado en 1977 por Ramiro Casabella para un disco de Voces Ceibes "Tí Galicia". Miro Casabella, unha das voces deste grupo, foi un gran axitador das conciencias galegistas nos estertores do franquisco. Con esta edición dixital resgatase esta balada esquecida e de moi dificil localización e Sara Louraço e Rosa Cedrón poñenlle voz con tono de fado.

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.

Xoan Manoel Casado

Na páxina de "luar na Lubre" podese escoitar un fragmento desta balada.

Xoán Manuel foi un poeta, que alá nos 70 sorprendeu ca súa poesía intimista e irónica nun tempo no que predominaba a poesía social. O seu sentimento por Caldelas, a terra do seu pai e logo súa, quedou reflexado no "Libro de Caldelas" co que obtivo o Premio Nacional da Crítica. Publicou varios libros de poemas ("Rexistro de menores espantos" " O libro de Caldelas", "Antigo futuro"), duas novelas ("O inverno do lobo" e Os Brasileiros") e un libro de conversas con Mendez Ferrín. Parece que o Pen Club, en pouco tempo, publicará a súa poesía completa recopilada por Xesús González.

Compre lembrarlle ó Concello de Castro Caldelas que debería enriquecer a nómina de persoaxes da súa paxina oficial con unha semblanza de Xoán Manuel Casado e incluso valorar a posibilidade de adicarlle unha rúa.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou dacordo co que dí Bautista.

Na miña opinión castrocaldelas e Caldelas teñen pendente o debate sobre os persoeiros que dun xeito
ou doutro deixaron a súa pegada.

Saudos, e boas festas

Toño

Anónimo dijo...

Estoy muy deacuerdo con usted que una calle dedicada a CASADO NIETO no estaria nada mal al igual que hay los dedicados a gente importante de una época como los CORTON o los MOVILLA.

Anónimo dijo...

Home, eu creo que dedicarlla aos Cortón ou aos Movilla, e xeneralizar un pouco, e xa hai unha aos Mexistrado Cortón e outra Claudio Movilla. Pero volvendo ó tema, eu creo que deberíamos dar máis importancia a eses caldelaos ilustres... pero algo máis interpretativo que unha rúa.

Anónimo dijo...

Home, eu creo que dedicarlla aos Cortón ou aos Movilla, e xeneralizar un pouco, e xa hai unha aos Mexistrado Cortón e outra Claudio Movilla. Pero volvendo ó tema, eu creo que deberíamos dar máis importancia a eses caldelaos ilustres... pero algo máis interpretativo que unha rúa.

Anónimo dijo...

"O meu País" , como ben dis, era un clásico nos recitais de Miro Casabella alá polos setenta , descoñecía que houbera unha versión máis recente.
Pouco despois da prematura morte de Xoan Manuel,escribía Carlos Casares nunha sección fixa que tiña na Voz de Galicia chamada "Á marxe" un artigo no que , coa finura dialéctica que caracterizaba o discurso de Casares, facía unha tenra semblanza de Xoan Manuel, destacando non só as súas dotes como poeta senón tamén as raíces caldelás como inspiradoras dun dos seus máis fermosos libros de versos.Conservo o artigo,polo que me gustou e por o valor engadido xa que desgraciadamente o propio Casares desaparecía deseguida.
Sería desexable que algún día se fixera xustiza a memoria de Xoan Manuel para que a súa obra estea no sitio que merece.

Anónimo dijo...

alpha, tus comentarios siempre aportan una calidez muy agradable.Feliz Navidad.

Anónimo dijo...

Graciñas psicoanálisis e Bo Nadal tamén para ti.

Anónimo dijo...

Perdón esquecín poñer o nome

Anónimo dijo...

Estou dacordo co da rua,non merece menos...
pero onde?!!Esa outra cuestión.
O Castro veu nacer nas suas alturas a moitas personalidades que deberian seres recoñecidas pola sua adscripción sentimental á vila, da que deixan pegada intemporal nas súas obras, aqueles que exerceron de caldelás , claro.
Canto hai que facer!!!! canto se tarda en comezar e que preguiza Dios mio, qué preguiza anestesiante...para tan fermosa vila...snif, snif...espero que non só nos quede o pataleo.

Bautista Sotelo dijo...

O da rúa penso que é o de menos. Fai falta por en valor a persoas que abriron camiños, fiestras e soñaron unha identidade de orgullo para Caldelas e para Galicia. Son exemplos de que o Castro non está morto, ten vida.

Anónimo dijo...

Hai tamén outro persoeiro moi importante na vida cultural caldelá é que está totalmente esquecido como é Cándido Fernández Mazas: Colaborador de: La Zarpa, El Pueblo Gallego, Ronsel, Nueva España (Madrid), P.A.N. (Madrid). Foi director artístico de Gaceta de Galicia.
En 1930 publica a obra teatral Santa Margori, e no 1931 remata a farsa Los cuernos disparatados.Fixo exposicións na Coruña, Santiago e Madrid.
A súa obra como debuxante, escritor, crítico, humorista, ilustrador e pintor é dunha elegancia e autenticidade que o converten nun dos grandes autores que Galicia pode aportar ó mundo.

Bautista Sotelo dijo...

Dime Ana, muller de Xoán Manuel, que foi unha canción revolucionaria no seu tempo e que parece que se utilizaba como unha especie de lema antiréximen e que se fixo moi famosa por que unha emisora de radio en Galicia cada día escomenzaba a súa emisión con "O Meu País"

Lembrame tamén que o próximo día 27 de xaneiro as 19,30h. presentase, no Centro Galego de Barcelona, o novo libro de Xoán Manuel "Crónica Persoal" que reune a súa poesía inédita, xunto con algún dos poemas máis representativos de súa obra.

Anónimo dijo...

Ya se sabe que cuando el español canta, o le han dado por el culo o poco le falta.

Anónimo dijo...

A XENTE QUE MAIS SENTE O CASTRO NON SALE NOS LIBROS.ESTA NAS FOTOS DO GRILO XA QUE VIVEN,SIN TER TEMPO DE PENSAR NOS PERSOEIROS.

Bautista Sotelo dijo...

O anterior anónimo entra gritando (é a valoración das maiusculas), fala dos que sinten como se tratara dun comportimento cerrado e exclusico e non sei que máis cousas... outro cagando entre o millo con zapatos de chupame la punta...