viernes, febrero 16, 2007
O foro do bo Burgo do Castro Caldelas
Fai uns anos, dentro do mundo da filoloxía, houbo unha importante nova, dada a coñecer por Henrique Monteagudo, o atopar un documento do 1228, que poidera constituir o documento máis antigo en galego.
“é unha peza singular dentro dese conxunto de -producción primitiva- no que debemos inserilo. Tratase de un privilexio rodado, o tipo de documento máis solemne dos producidos polas chancelarías reais da Península no tempo: constitúe o único exemplo de privilexio real en galego en toda a nosa historia. É tamén, que saibamos, o único diploma en romanzo saído da chacelería de Alfonso IX…”
Iste documento atopase no arquivo do Pazo de Liria, dos Duques de Alba, en Madrid e é un documento de gran valor para os historiadores da lingua. Atopeino nas páxinas do Concello da Cultura Galega onde se pode ler e ver o documento dixitalizado. O documento é unha actualización escrita en galego do texto en latín do foro feito en 1172 polo rei Fernando II de León e a raíña dona Urraca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
No concello de Castro Caldelas creo que hai unha copia exposta
e parece ser que e o documento publicado en galego mais antigo que se coñece
perdón, xa estaba dito
Publicar un comentario