domingo, junio 29, 2008

Claudio, o último morador do mosteiro


Un pequeno grupo de ovellas pace nun lameiro nas beiras do camiño que vai ao mosteiro de San Paio. O seu amo no lles quita ollo, a certa distancia vixia, leva lentes de frade. Se te achegas ao mosteiro tes moitas posibilidade de acabar parolando con Claudio. Teño a impresión de que ten o mandato segredo de velar polo mosteiro.
— Convidábavos á adega, pero non poido deixar as ovellas soias…hai moitos raposos ¡
— Pero Claudio, os raposos saen de noite.
— Se che comeran as pernas…, non, agora andan a todas horas!.
Sen posibilidade de probar o viño do Claudio por culpa dos raposos, seguimos o noso camiño, que pronto desandaremos.

3 comentarios:

Javier Diéguez López dijo...

O Claudio... jeje, e raro que alguén que se achegue polo mosteiro non se atope con el. As veces incluso aparece de supeto e hasta se pode levar un susto. Recordo dunha vez que fun sacar unhas fotos o mosteiro, (aínda non estaba tapiado), fun eu e máis un amigo. Cando estabamos dentro das ruínas apareceunos el e maila súa burra. Preguntounos que andabamos a facer, todo con uns aires de enfado que non vexades, eu expliqueille que andabamos a quitar unhas fotos e enseñeille a cámara, entón el calmouse un pouco e explicounos que o ver rapaces preto do mosteiro sempre se achegaba para botalos, "porque solo fan escarallar todo", "desfanme a herba, levanme paos", explicounos. Logo diso aínda me deixou sacarlle unha foto a el e maila súa burra.

Anónimo dijo...

O Claudio de Santa Tegra si que é un personaxe singular, e a pesares dos seus enfados como dí Javier, temos que agradecerlle que si non fora por él seguramente xa terían levado hastra as pedras das paredes. O Claudio ten otro don particular, ten o Sixpac na cabeza, sabe todas as extremas dos eidos, toxales, viñas, cortiñas, etc., as cabezas de gando que ten cada veciño, cando comprou fulano os porcos, de canto lle está preñada a vaca a mengano, e incluso o arbol xenealóxico destas especies. Eu son veciño del e téñolle afecto, a pesar que nun momento dado poda encender o revés. Ricardo Rodicio.

Anónimo dijo...

yo estuve hablando con el una tarde de agosto acompañado de mi amigo abraham y que decir, que es muy buena persona y nos conto historias de ese grande pero abandonado monasterio.
un saludo para ese buen hombre.