jueves, julio 31, 2008

Hoxe, “dúas noites de contos”




Xa está case todo preparado para a noite de contos. É a primeira vez que os Amigos de Caldelas organizamos este acto e esperamos que o tempo e os elementos se poñan da nosa parte, que a maxía do mosteiro de San Paio chegue a todos os que nos confirmaron que alí estarán. Vendéronse moitas entradas e esperamos vender máis alí, media hora antes do acto. Amigos de Caldelas, xente do noso Concello, todos axudan a que cousa marche ben.

3 comentarios:

Javier Diéguez López dijo...

E unha mágoa que hoxe non poda estar. Pero mañan intentareino por todolos medios. Bautista unha preguntiña. A que hora comenza maná?. Un saúdo.
Grazas

Javier Diéguez López dijo...

Nalgúns sitios pon que é 22:30, e no cartel informades das 21:00. Supoño que a verdadeira será a do cartel, pero agradeceriache se o podes confirmar.
De novo un Saúdo.

Anónimo dijo...

A hora de comezo é ás 22,30, polo menos nas entradas así o pon, e onte estaba previsto que empezará a esa hora, se non fora polos pequenos atrancos que houbo coa luz; logo empezou ás 23,00. Foi todo un éxitazo, Carlos Blanco non defraudou e a xente tampouco. Un saúdo. Ricardo Rodicio.