lunes, agosto 04, 2008

A noite de Quico Cadaval


Se o primeiro día a choiva e o exceso de consumo de luz xeraron algunha sombra, superadas pola profesionalidade de Carlos Blanco e a xenerosidade do público, na segunda noite, un universo de estrelas iluminou o éxito da convocatoria. Según moitos seguidores do narrador de Ribeira, foi unha das súas mellores actuacións. Houbo moita xente, máis da que esperábamos, perto de 300 persoas, un público entregado. Baixo a protección de San Paio, Quico impugnou os contos, descubriunos a moitos outro punto de vista sobre as historias que se lle contan aos nenos. Coa historia de Presenta viaxamos á súa infancia. Coa súa versión do complexo de Edipo, mentres a súa nai prepara unha carne guisada, manexou ao público como o vento manexa as follas dun árbore.
Foto: Carlos Campos

4 comentarios:

Javier Diéguez López dijo...

Dende logo que sí. Unha grandisima actuación. Noraboa a toda a organización.

Anónimo dijo...

Non imaxinaba que houbera narradores orais desta calidade na nosa fala. Parabens.

Anónimo dijo...

Gracias por hacer las cosas de otra manera...,por valorar ese edificio y su entorno, cuya tierra,piedras, huecos, árboles, vigas... podrían contarnos tántas cosas...somos varios los que estábamos preocupados por San Paio, unos lo contábamos, otros lo pintaban... San Paio no es sólo un monasterio, no es sólo una historia... pasada, es el reflejo del estado de ánimo de un pueblo, de una zona... Yo le he visto ir desmoronándose los últimos 13 años, unas veces por el paso del tiempo, otras veces por el paso del ser humano...de su dejadez, de su desprecio y olvido...de su codicia Y el hecho de que se haya celebrado en él, tal y como está, un evento con tanto contenido, significa que aún hay esperanza para este lugar y que lo que pretenden hacer sus adquirentes quiera sobrepasar la mediocridad con la que se suele intervenir en el progreso...del rural en este caso. Espero que este proyecto tenga el espíritu de colaboraciòn que parece contener.

Anónimo dijo...

-Somentes se conocen ben as cousas que se domestican-dixo o raposo-. Os homes non teñen tempo de conocer nada. Mercan todo xa feito nas tendas, pero como non hai ningunha onde se vendan amigos, os homes non teñen amigos. !Si queres un amigo, domestícame!
-¿Qué hai que facer?-pregunto o principiño.
-Hai que ter moita paciencia-respondéu o raposo- Primeiro, ti séntaste un pouco lonxe de min, así, sobre a herba,!eu mírote polo rabo do ollo. Tí non me dirás nada, porque a linguaxe é fonte de malentendidos. Pero cada día podeste sentar un pouco máis perto de min...
Quico grazas