miércoles, octubre 01, 2008

Fabiola Sotelo, premio de Unicef



Acaba de chegar de África, adiantando a volta catro días. Unha compañeira atopouse moi grave e Fabiola tivo que organizar a repatriación a toda velocidade. Viaxar polos paises onde se levan a cabo proxectos non é doado. Os proxectos da Dirección Xeral de Cooperación están espallados por varios continentes e para xestionar a súa execución compre ir a pe de obra e verificar a súa efectiva realización. Pozos de auga en Africa, humildes cociñas en America, loita contra as enfermedades (sida, malaria, cólera…etc), apoio a educación, aumentando os niveis de escolarización, axuda a muller, na reivindicación dos seus dereitos, apoio aos gobernos no fortalecemento das institucións e moitas cousas máis. A maioria das veces hai que voar a miles de kilómetros e logo viaxar durante horas por estradas perigosas, de trocha, sen asfaltar, comer e beber o que atopas en cada lugar, e cuidarse moito para non enfermar.

O venres, a caldelá Fabiola Sotelo, recibe en Madrid, o premio de Unicef pola “cooperación ao desarrollo”. O premio, según me manifesta, é un estimulo para ela e o seu equipo, unha multitude de xente espallada por varios continentes que silenciomente, a veces en duras condicións, traballan pola solidaridade e por un mundo mellor, en nome dos galegos.

Somotillo. Nicaragua. ONG "entreculturas"
Construcción da escola e loita contra o analfabetismo






Chiriaco. Amazonas.
Siervas de San Xosé
Instalación da luz e rehabilitación das escolas

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabens para esa caldelá traballadora.

Anónimo dijo...

Enhorabuena Fabiola. Sigue así. Besos.
Jaime A. López

Anónimo dijo...

Un traballo tan apaixoante coma arriscado ben merece tal galardón. Espero que este recoñecemento contribúa a que se coñeza e valore , ainda máis, o labor que desenvolven.
Celebro, de verdade, esta concesión. Faille chegar a miña noraboa.

Anónimo dijo...

Manolita non Manolitra

Anónimo dijo...

Sempre que te vexo nos xornais sinto moito orgullo. Unha caldelá e muller que pisa con forza. Noraboa polo premio.

Anónimo dijo...

Noraboa Fabiola. O certo é que donde ti estás sempre hai bos resultados. O final sempre se impón o traballo e tis es unha gran traballadora e moi honesta. Gracias e noraboa de novo.

Anónimo dijo...

Noraboa. Xa o sabía por outros medios e sorpendíame que o teu irmán silenciara o tema. Cando se traballa con vontade e ilusión polas cousas sempre se consiguen bos resultados. Segue na mesma liña. un abrazo.

Anónimo dijo...

O bon de Fabiola e o implicada que está na loita contra a pobreza no tercer mundo e a gran parte da sua vida que adica a esa noble tarefa.

Anónimo dijo...

Os que ben coñecemos a Fabiola Sotelo -e penso que eu son un deles, pois agasállame coa sua amizade- somos conscientes do seu firme compromiso coa solidaridade. Traballadora incansable, Fabiola, está a facer unha magnífica labor ao frente da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
Fabiola comprométese ata o final en todolos proxectos que promove. A sua implicación é tal, como ben dices Bautista, que acude alí onde a solidaridade é imprescindible para garantizar non soio a supervivencia física , sinon tamén a dignidade humana (1)

Anónimo dijo...

(2) ... As veces, son experiencias dificiles de afrontar i estou convencido de que lle producen unha profunda ferida i un desgarro interno no seu corazón, sobre todo ó ver a miseria, a inxusticia e sentir a impotencia que nesas realidades se fai mais presente.
Sin duda é un galardón nin buscado nin esperado pero que se agradece i que sin dubida supondrá un compromiso maior na defensa dos mais desfavorecidos.
Parabens, Fabiola, sei que aceptas este galardón coa misma humildade coa que fas o teu traballo

Anónimo dijo...

Gracias Unicef por la decisión adoptada, por haber otorgado una distinción tan singular a quien con sencillez nos enseña cada día que no hay acción más noble que la solidaridad, que no hay belleza más sublime que la bondad, que la sabiduría más elevada consiste en colaborar en la felicidad de los demás.(Intervención)

Anónimo dijo...

Os que coñecemos de perto o teu traballo, que sabemos da enerxía -envidiable enerxía e inmensa capacidade de traballo- que pos sempre en todo o que fas, igual agora como directora xeral de cooperación que antes como editora durante mais de vinte anos ou en outros papeis institucionais importantes, como cando representabas aos editores de Galicia, xa estábamos orgullosos antes do premio, realmente inesperado, e por iso ainda mais valuoso. O teu compromiso e a responsabilidade coa que cada día traballas fan que todo pareza realizable, incluso un mundo mais xusto. E iso é unha enorme virtude. Como irmá e amiga estou moi orgullosa. Tamén como muller e como galega. O premio é o recoñecemento á xenerosidade de tódolos galegos. E tí representas á Galicia xenerosa, desde a discreción e con intelixencia.

Anónimo dijo...

Noraboa.

Anónimo dijo...

Noraboa, Fabiola. Para a cidadanía galega é un orgullo que o labor dos seus dirixentes sexa recoñecido con galardóns como o que acabas de recibir. Recibe os meus mellores desexos para tí e para o teu equipo de traballo.

Anónimo dijo...

Merecido y justo, estoy seguro que te servirá de acicate para continuar por la magnifica línea que estás siguiendo. Los que trabajamos de alguna manera en los temas de Cooperación sabemos lo que ha significado tu presencia al frente de la Dirección General en lo que se refiere al impulso y la presencia de la cooperación gallega en el mundo.

Anónimo dijo...

Levo tempo vendo o teu blogg,e nunca fichen ningún comentario, pero chegou a mellor das ocasións: o premio de Fabiola, un trofeo fisico, pero un mais dos moitos que leva colleitado sen que ninguén a vira nin a felicitara;gracias por volcarte no teu traballo como o estás facendo e Noraboa para ti e os teus. Sintome moi orgullosa do teu bo facer e de que sexas caldelá.un bico .