domingo, febrero 01, 2009
A onde vai o Castro
Camiño de Mazaira, alá polo San Sebastian, vin estas rodeiras nunha horta de Condelle, alí dende onde a vila parece plana. Suxeriume a idea do Castro arrancando con forza, tanta como para deixar esas rodeiras. Podería ser un bo debate, se hai interés en reflexionar, dunha maneira positiva, sobre nós mesmos e as nosas posibilidades, sen personalizar nen responsabilizar a ninguén da situación actual, senón pondo a mirada no futuro e intentado imaxinar como será a nosa fermosa vila a finais da segunda década do século XXI.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
83 comentarios:
Dende que vin o tema que propós estiven pensando y unha das cousas que vai a mudar moito e vai cambiar o retrato do Castro e a desaparición da maioría dos vellos en 10 anos. É decir, o descenso da poboación ata unha situación alarmante. Imaxino:
As Laguiñas, unhas poucas luces.
O Cimadavila, unhas poucas luces.
Os Pilos, unhas poucas luces.
Trascastro, unhas poucas luces.
A Pena, algunhas luces máis.
A Dehesa, algunhas luces máis.
As consecuencias deste descenso de poboación son imprevisibles.
Non sei que se pode facer.
O mundo vai a mudar tanto que calquera cousa é posible. Se nos poñemos a facer ciencia ficción optimista, poderíamos pensar nun futuro no que a xente volta aos pobos e todo se activa.
Algúns dín que se a xente volve para os pobos e porque a vida vai mal nas cidades. Eu penso que non tiña porque ser así, e oxalá dentro duns anos os nosos pobos, as nosas aldeas volvan estar cheos de xente, e non porque a vida nas cidades esté mal, senon porque haxa un cambio de hábitos en nós mesmos. OXALÁ.
Hai informes que falan de un aumento do número de habitantes en España, ata os 50 millóns, nos próximos 15 anos. Tamén falan da concentración de máis xente nas cidades. Non parece fácil que a xente volte as zonas rurais como a nosa, onde hai poucos medios de vida.
En 10 anos Bautista, pouca xente quedará nas aldeas e no Castro calculo que uns 300 ou 400 sendo muy optimista.
Soñar, cada quén é libre de facelo a súa maneira, amigo Javier, pero a realidade é outra ben distinta. Os datos e as cifras así o confirman. Castro Caldelas:
Censo 2003, 1863 hab.,
censo 2004, 1833 hab.,
censo 2005, 1769 hab.,
censo 2006, 1714 hab.,
censo 2007, 1687 hab.,
censo 2008, 1629 hab.
Como se pode comprobar é notorio o descenso da poboación e o máis grave é o que segue a continuación:
Poboación por grupos de idade
ano 2007 censo 1687 hab.
menos de 16 anos 117 hab.
de 16 a 64 anos 874 hab., e
máis de 65 anos 696 hab.. Densidade de poboación 19,3 h/km2.
Outro dato máis
Nacementos
ano 2004, 3
ano 2005, 6
ano 2006, 7
ano 2007, 2
Defuncións
ano 2004, 31
ano 2005, 29
ano 2006, 28
ano 2007, 34
Polo que vemos que o saldo vexetativo é moi negativo. As cifras e os datos son os que son, logo que cada quén saque as súas conclusións, e quen queira soñar que siga soñando, máis a realidade é outra ben distinta. Un saúdo.
2018 fai un ano que o Bloque gañou as eleccións, logo de tanto traballar os xubilados. Goberna soio. Ningúen se atreve a beber en público viño rioxa ou da ribeira do douro. O viño da ribeira sacra está moi valorado, cotizase a 30€ a botella. Soio no Castro viven unhas 200 familias do viño. É habitual ver na Abeleda aparcados coches de luxo e gran cilindrada dos reises do viño. Adega Cachín acaba de encargarlle o deseño da nova adega ao famoso arquitecto Santiago Calatraba.
Os amigos de caldelas protestan polo impacto do edificio entre os bancais de a Abeleda.
hai moliños de vento ata nos hortos.
Sabedes si alguén ten un plan.
Un tipo que se adicaba a construcción, cando a crisis, cabiouse o negocio da bica, cas axudas do igape e dunha casa que vendeu, montou unha gran fábrica de bicas que se exportan a toda a península. Da traballo a 15 familias. A bica mellorou moito, o segredo gardase, baixo sete chaves, na caixa forte da Caixa Galicia, socio capitalista de BICODEBICA, s.l.
Non estou soñando, amigo Anónimo, solo escribo para expresar a miña ledicia si eso ocurrise. Sei perfectamente cal é a realidade na que están mergulladas as aldeas galegas sin que me detalles as cifras de nacementos e defuncións, e máis concretamente nesta comarca, porque vivo nela. Realmente vexo difícil que a situación mellore, por moito factores que nos influén directamente, entre eles as comunicacións e a nosa orografía.
Coñeces a realidade das aldeas galegas a perfección, non sabes canto me alegra¡¡¡ Pero tí mesmo non vives na túa aldea, verdade? E cantos da túa idade viven nela? E non falemos de cifras (que as coñeces ben), pero o teu Concello da Teixeira, está entre os que teñen a poboación máis envellecida de Galiza, sinon o que máis. A realidade é a realidade e a situación é preocupante. Os soños, soños son.
A cousa non é fácil de sonar, anónimo. Pero si nin sequera soñamos de onde van vir as ideas para mellorar ise futuro. Hai que soñar primero para cambiar o mundo.
No 2015 foi peatonalizado o prado. A valoración do coche foi caindo entre a xente. Xa ninguén necesita entrar con él ao Bar. Un espacio de tranquilidade foi gañado para as persoas. A xente ben moito máis a praza. Pandillas de nenos xogan sen medo a que lle apararezca un coche. Plantaronse máis árboles e a verdade e que a praza está moi fermosa. Cando o tempo o permite O Rubio e O Grilo montan a súas terrazas e hai moi bo ambiente na praza. O Rubio ten un gran terraza con 20 mesas diante do Caldelas e outras 20 diante do antigo Rubio, dí que él tiñao claro dende sempre. O Grilo, logo dunha forte decadencia, volta a ter xente nova entre os seus cliente. O Miguel está moi ledo e o Mingos viaxa máis que nunca. O España, foi remodelado e agora e xestionado por unha parella que lle deu un cambio radical. Chámase ENTREDOUSMUNDO e é o local de moda pola súa ubicación e estilo, onde conviven os xubilados de Nova York, os amantes de A Habana e os novos. Hai unha nova incorporación na praza. Calzados Baldonedo é un agora un café moi xeitoso. Un local moi pequeño pero con moi boas vistas. Ten 15 mesas na terraza e sempre están cheas. Moitas parellas pasen a tarde alí, como unha prolongación da súa sala de estar, vendo como os seus cativos xogan diante, sen peligro. Moitos turistas baixan do castelo e amenudo paran nos bares da praza a tomar algo e disfrutar la beleza e tranquilidade desta praza das terras altas da ribeira sacra.
Ah!. Osorio encargoulle ao artistiña de Camba unha escultura en agradecemento a Asociación de Amigos de Caldelas polo seu traballo a favor desta iniciativa. Hai certa discusión, non está claro onde ubicala.
Certo Carlos, non podemos deixar de soñar e visualizar a posibilidade de que as cousas melloren.
Esta claro que la primera necesidad del Castro es un cementerio antes de entrar en la segunda mitad del siglo.
Parece que el sentimiento es dirigir al pueblo a un lugar de paz y reposo, mojado por un buen vino. ¿Turismo de calidad?
Pues yo sueño con niños y jóvenes caldelaos educados en la práctica del deporte y la cultura.
Pistas para patinar sin peligros, carril "bici" pistas de tenis, baloncesto, balonmano... y para pasar el duro invierno, sueño con la existencia de locales
confortables, lugares de encuentro lugares en los que se realicen actividades como talleres de escritura, animación a la lectura, tertulias literarias etc.
Y al despertar del sueño, ahi está: la cruda realidad. Poblacion envejecida que no puede usar el carril bici, ni jugar al tenis, ni al balonmano...; que pasa los duros inviernos en sus casas, que querrian fueran locales confortables, lugares de encuentro donde invitar a los amigos y hablar de literatura, arte ... tomando un cafe, un licor...
¡Fantastico! Al despertar de mi sueño ya sé lo que deseo para el Castro: una comunidad unida por el deseo de vivir y compartir la experiencia de la vida,en un entorno imcomparable.
Moi boa a idea do turismo funerario. Que gran idea. Increible idea. Boa semente.
Soa ben BICODEBICA,S.L.
Sigo respostando o Anónimo fustrado co rural galego. Claro que non vivo pola semana no pobo, e coma mín moitisima xente da comarca, pero sabes... eso facemolo porque somos moi cómodos, e queremos levantarnos o lado dos nosos traballos. Canta xente nas grandes cidades se levanta as 5 ou 6 da mañan para cruzala e chegar o seu traballo. A nós dinos que temos que ir tódolos días a Ourense (45min)e danos un mal. Eso e unha das realidades. Pero bueno eu prefiro soñar que dedicarme a escribir ironías (por certo moi penosas) con respeto a nosa comarca. "Eso e o amor pola terra".
Yo opino lo mismo que Carlos Ferro y Javier. Por cierto, lo de fustrados con el rural gallego le va que ni pintado.
Pero esos comentarios seguro que son de alguien contrario a los politicos de la zona.
Realmente estamos mal, nadie lo duda, pero pensando como vosotros seguro que no mejoramos.
Esta noche soñé con un Castro limpio, sin papeles, sin plásticos por los rincones. Soñé también que no tropezaba con vasos- rotos o enteros- tirados por aquí y por allá, signo de una noche de borracheras. Soñé también que las paredes de las casas estaban limpias, sin olor a meos y que en mi puerta no había un charco de orín amarillento con olor a etílico apestoso.
El aire era puro y el sol asomaba entre las torres del castillo.
Ahora que todo huele bien y esta limpio, pensemos que al salir a la calle encontramos en 10 años, multitud de alumnos que realizan cursos de "posgrado" en arte, en filologia, en cursos de ingles o aleman por que han venido de colonias; fines de semana completos con reuniones de poetas, dramaturgos, medicos,... que realizan convenciones; familias que hacen "treking"; rutas ecuestres; vuelo sin motor....
Esta todo listo.
¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño:
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son.
"La vida es sueño" de Calderón de la Barca
Xa fai tempo que os que mexan en todas as esquinas pasaron a mellor vida. Os caldelaos, podese decir, que utilizan os seus servicios e o de mexar onde lles pilla pertence ao pasado.
Anónimo, eso es una ilusión, un sueño. A mi me toca-de vez en cuando- recoger los vasos y pasar la manguera...no sé quiénes son los autores de tales hechos pero aseguro, aunque parezca mentira, que es una realidad.
Xiana, estamos no 2020. Costou pero xa estamos alí.
...Ahí va la loca soñando
Con la eterna primavera de la vida y de los campos...
Astros y fuentes y flores,
no murmuréis de mis sueños,
Sin ellos, ¿cómo admiraros?
ni cómo vivir sin ellos?
R. de Castro
Mientras esperamos intervenciones con más ideas sobre el tema que nos preocupa, yo sigo soñando.
" Anoche cuando dormía soñé ¡bendita ilusión! que una fontana fluía dentro de mi corazón.
Dí: ¿Por qué acequia escondida, agua, vienes hasta mi...manantial de nueva vida en donde nunca bebí?
(Antonio Machado)
A la que sueña:
¿Sólo duermes?
NO...!
Sólo sueño.
A noite está no mundo é está en nós
A noite é medo, terror e escuridade
¡Témos que loitar coa noite coma os bós
para implantar no mundo a claridade¡
Témos que ir da noite cara ó día
Témos que vencer a tebra que nos come
¡Témos que loitar con valentía
Coa noite mortal que nos consome¡
Hai que vencer á xeada e mais o frío
Da noite infernal que nos habita
¡Témos que rematar co arrepío
Da noite inacababel e maldita¡
Témos que acabar coa noite escura
Senón rematamos de morrer¡
¡Témos que batirnos con bravura
E que sexa verdade o amanecer¡
"Canción da noite" de Manuel María.
Muy bonita a "canción da noite"
Tiene luz y fuerza.
(anónimo anterior)
Duerme mientras yo velo...
déjame soñarte...
Nada en mí es risueño.
Te quiero para sueño.
No para amarte.
................................
Duerme, duerme, duerme,
vaga en tu sonreir...
te sueño tan atento
que es el sueño encantamiento
y yo sueño sin sentir.
(Fernando Pessoa)
A los soñadores.
A los dormilones.
¡que se os pasa la vida!
Castro Caldelas se ha dormido en un sueño del que no depierta. 10 años despues, que dulce acontecer para la villa.
Sus habitantes en el limbo observados por los veraneantes.
A los soñadores.
A los dormilones.
¡que se os pasa la vida!
Castro Caldelas se ha dormido en un sueño del que no depierta. 10 años despues, que dulce acontecer para la villa.
Sus habitantes en el limbo observados por los veraneantes.
..."Desperta do teu sono
Fogar de Breogán.
?? ¿¿
Ano 2015. ¿Osorio alcalde?(Cal deles) Socorroooo00000000$$$$$$$$$$$$ €€€€€€€€(para Margarita)
Boa pregunta… Cal dos Osorio…? Estou mirando a bola de cristal e non está claro, hai un pouco néboa. Bueno, xa se ve algo…
Alá polo 2014 Eladio Osorio está maior. Entroulle unha paranoia moi forte. Quería hormigonar a fraga do condiño ata a Abeleda e facer unha ponte sobre o sobredo para chegar antes aós Ruidos. Non houbo forma de convencelo de que cos 10 habitantes que viven do outro lado non hai maneira de xustificar unha ponte. Como o fillo estaba na conquista de máis altos designios, foi chamada na liña da sucesión Encarna Osorio, “a conquistadora”, que goberna con moito acerto. A ela debese o éxito da peatonalización da praza e rúas do casco histórico, asi como moitas decisións que están transformando definitivamente a vila. Conta con unha gran equipo do que falaremos máis adiante.
O Pontelouco está dirixido agora por un notario da vila, veraneante, que lle adica moito tempo e enerxía ao festival. O novo presidente foi chamado pola asociación que promove o Pontelouco como último foguete para afrontar a crisis na que entrou fai uns anos. Clemente leva anos criticando a forma do festival e agora ten a oportunidade de demostrar que hai outros camiños. A primeira decisión foi prohibir o botellón, a segunda impedir o paso de herba, a terceira, rigurosa etiqueta, cadeiras para todos. Os vasos na man foron sustituidos polo programa. Hai que ter en conta que a media de edade ronda os 45 anos, con fillos mozos, que se retiran pronto.
Clemente está intentando convencer ao Paquiño, dende fai un tempo párroco do Castro, para que lle deixe celebrar o Pontelouco na Airexa dos Remedios. O cartel deste ano dí " PONTELOUCO CA VIRXEN DO REMEDIOS".
Iniciativas interesantes que alegran el ánimo.
Xurso, mira outra vez a bola, non ves, Nine é alcaldesa, O Pepiño goberna na sombra.
A maioria das casas rurais, que son casas, pero de rural soio teñen a ubicación son obrigadas para manter a calificación a ter :
5 galiñas
2 vacas
1 toro
4 porcos
5 ovellas
5 coellos
1 burro
1 cabalo
... no año 2020 termina a moratoria para adaptarse a esta normativa. O resto serán casas de aluguer a secas, non poderán por o de rural.
O sector anda moi levantado.
Boísimos, boísimos, boísimos os últimos comentarios.
O Ceboleiro, unha tarde de sol, decide camiñar ata Matacás. Deitase nunha pena e mentras fuma e mira para o outro lado do rio, recibe unha forte descarga de enerxía dunha pena moi quente polos raios do sol.
Arreado por unha lucidez nunca antes vista, volta para a súa casa, fai unha fogueira con todas as marias da súa devoción e decide por a producir o seu horto; asume riscos e aluga outros hortos e funda CEBOLAS PARA O MUNDO, s.l.
Os seus productos son enviados por mensaxeiro a miles de fogares de toda a península.
E un dos homes máis emprendedores da bisbarra. Fai pouco deu unha conferencia moi sonada titulada “ cómo agarrar un soño por onde lle doi”. Comentan que pronto entrará con forza no negocio do viño cunha marca xa rexistrada “EL VINO QUE BEBE ASUNCIÓN”.
Fai pouco que preside a asociación de emprendedores da ribeira e fálase de que está sendo tentado polo PP para ir de cabeza de lista nas municipais do ano 2021.
Vaya cambio. Vivir para ver. Todo é posible.
Xa soio son catro familias as que viven no Castro.
Están subvencionadas para que non desaparezca o pobo. Xempre están amenazando con marchar para conseguir máis axudas. A desaparición dos últimos habitantes convertiría a vila nunha fraga máis para os xabaríns e os lobos.
Ca crisis da construcción a finais do 2010, O Polico deixa o negocio da pintura e pon en marcha unha granxa de galiñas libres. Alugou un gran lameiro no Burgo e alí cuida centos de galiñas ponedoras. Os seus hovos son famosos e recoñecidos. Son utilizados pola bica de moda BICODEBICA.
No 2018 abrese a airexa dos testigos de xeová no cimadavila.
Espero que sea un sono ou unha pesadilla, eso da airexa.
Por esas datas os habitantes do Castro teñen coma lingua habitual o galego, falan e escriben correctamente , porén ninguén di xa airexa no canto de igrexa
Ya apareció el sabio, el intelectual. Pues yo espero que para esas fechas haya más respeto hacia las formas de hablar y de escribir de cada uno.
No ano 2012 o Concello decide dotar de presuposto a Bibliotea do castelo. Xa quedan lexos os tempos da precariedade na que un veciño adicaba duas horas por un salario de 212€/mes.
Foi contratado Manolo Reboiras, poeta premiado, que tivo que pasar unhas duras probas. Vive na Vila e adica moitas horas a Biblioteca, podese decir que case dorme alí.
Os cativos e mociños seguen a Monolo como no conto do flautista. Prepara con moito mimo as clases de animación a lectura. Había un proxecto e moita ilusión.
O resultado é:
“…os habitantes do Castro teñen como lingua habitual o galego, falan e escriben correctamente, porén ninguén di xa airexa no canto de igrexa.
Gustoume a ficción sobre O Ceboleiro. O metodo é bo para ver que dificil é que as cousas muden se non mudan os protagonistas.
De todas maneiras tamén parecía pouco probable que os bancais do Sil renaceran e ahí están.
O nosa vila é un escenario con uns actores que se resisten a cambiar de papel. Dentro de 10 anos seguirá representándose a mesma obra, non apuredes a mercar entradas. Un aire moi cargado, con pouca ventilación. Os actores fai tempo que recitan o seu papel como artiluxios mecánicos, como marionetas...
“Moitas cousas veñense abaixo, cando se viaxa; certidumbres, valores, sentimentos, expectativas que se van perdendo polo camiño —o camiño é un mestre duro, pero tamén bo. Outras cousas, outros valores e sentimentos áchanse, atópanse, recóllense nel. Do mesmo xeito que viaxar, escribir significa desmontar, reaxustar, volver combinar; viáxase na realidade como nun teatro, desprazando os bastidores, abrindo novas paisaxes, perdéndose en canellóns deténdose diante de falsas portas debuxadas na parede.”
O infinito viaxar. Claudio Magris.
Gracias anónimo polos datos. Os nacementos e defuncións do 2007 mostran un idea bastante clara do futuro.
No 2018 xa case ningúen vive no Castro. O alcalde e os concellais viven en Ourense. Os mestres xa fai tempo que tamén. O secretario tamén. Cada día suben dende a capital a xestionar o coto de caza.
si neva un pouco o coto de caza queda aillado durante días.
E o bloque, existe a finais do XX, en Caldelas?. Alguén pode facer unha achega de cal será a colleita logo de tanta semente.
Sinto ser pesimista pero costame imaxinar os emprendedores dos comentarios anteriores. Rin moito co do Ceboleiro. Máis ben imaxino, como xa alguén apuntou, aos poucos habitantes que quedan en caldelas, vivindo dos traballos que xera o Concello.
un veciño protesta. Non hai control. Os xabarins e os lobos, pola noite, toman a vila.
vese ben Margarita. A ver si o contamos.
Futuro cercano: 2010.
PROBABLEMENTE ZAPATERO NO EXISTA. Deja de preocuparte. Disfruta la crisis.
Non sei como se pode disfrutar da crisis. Supoño que tu vives dos pais ou a saber, ainda non che tocou. Tranquilo que xa che tocará.
"que xa che", "que xa che", "que xa che", ....
La literalidad de la respuesta denota cierta quemazón.
La vas apasar igual que todos aunque de estés "que xa che",
Que literalidad ? ai meu Deus anda cada cousa solta !
Soy una defensora de la lengua materna y, por supuesto, de la gallega como primer idioma que los niños/as deben tener en las escuelas. Sin embargo, si queremos comunicarnos con el resto del mundo, si queremos no estar aislados, si queremos progresar, es imprescindible el conocimiento de un segundo o tercer idioma y cuantos más mejor. De lo contrario, quizás, no podremos ni vender esas deliciosas gallinas que viven en libertad, ni los huevos ecológicos, ni tantos otros productos de primera calidad que tiene Galicia. El conocimiento de idiomas también es una enorme
riqueza.
(no vivo en Galicia y no me expreso muy bien en gallego. Una pena)
Laura, deixa de ver a obra e implicate na actuación.
Se queren vostedes, mundo de caldelas e desta terra, facer as cousas ben lean " Ensayo sobre la ceguera" do meu tocaio José Saramago. Experimentarán no comezo, durante e despois da lectura deste libro tales arrepíos ante a incertidume dun mundo sen luz que de súpeto só pensarán en como facer candís, encender velas, e crear luz ata debaixo das pedras para darlle sentido a un mundo que xa ten moitos cegos.
Xa o temos lido, mulleriña, por ver se somos quen de atopar un raio de luz que nos poida guiar nesta penumbra constante que nos envolve e que por suposto non merecemos !!!!
¿ Está vostede tan segur@ de que non o merecemos? Temos o que nos merecemos, por iso somos responsables de cambialas cousas.
Este pobo morre porque cada vez ten menos vida... Sobre o particular Roa Bastos xa ten manifestado que nunca puido saber, con certeza, se a vida é o que se vive ou o que morre.
O Castro morre. Estou plenamente seguro, como seguro estou de que non o merecemos.
Mais como non concibo o menor interese en seguir intercambiando comentarios con vostede aquí mesmo rematan a miñas intervencións ó respecto.
¿ Ist@ de qué vai??? ¿¿¿¿????
Entendese perfectamente.
Saramaga, parece claro que Xosé non se ve responsable de nada. Tipica pose do pailán leido.
facía moito tempo que non entraba en máis alá do transformador e teño que recoñecer que iste tema gustoume moito. Fabular sobre os soños e unha boa maneira de mirarnos ó espello e ver o dificil que é que as cousas muden se non mudan os protagonistas.
O do Ceboleiro é un bo conto. Co que lle gusta a él ser o centro do mundo. Un dos tipos do Castro que máis ensaia para enriquecer a súa persoaxe.
Publicar un comentario