sábado, enero 02, 2010

Feijoo e os ataques á lingua galega



O presidente Feijoo ven de aprobar un novo marco xurídico polo que deixa aos pais a elección do idioma no que queren que se impartan as clases en primaria e secundaria. Velaí a bandeira do cambio neoliberal, intervir para frear o picotazo do galego, esa lingua que está a punto de papar ao español. Magoa que non se poida elixir o chino ou, mellor, xa postos, que lle soltaran un capón ao presidente, para ver como corre o noso veciño dos Peares, seica lle ten pánico as aves de curto voo. Uns tres mil galegos manifestáronse o día 30 na praza do Obradoiro e o amigo das galiñas cambiou de escenario e inaugurou a nova sala, promovida polo bipartito, e que tantos réditos lle deu no seu asalto ao poder.

3 comentarios:

Manolita Fdez Losada dijo...

Deixando a un lado múltiples consideracións, a máis insólita , o meu modo de ver, é querer igualar dúas linguas que están en clarísima desilgualdade no conxunto da sociedade galega,se o borrador deste decreto sae adiante, como todo parece indicar, o comenzo de curso nos centros de ensino vai ser de infarto, unha tolemia xeneralizada para todos: pais , nais, profes e alumnado.
Eu agardo espectante a saída de todo isto,e penso que por moita boa vontade que se lle queira pór o dano parece irreversible.
Aproveito para desexarvos o mellor neste novo ano.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Manolita, feliz ano para tí e a túa familia. Saúdos

Saramaga dijo...

" Feijoo o enterrador". De complexos, ignorancias e soberbias varias.