sábado, julio 31, 2010

Manhattan, dende o ceo



Unha das cousas que máis lle gustan aos humans é ver as cidades dende o ceo. Xogar ao punto de vista dos deuses. A mirada cenital é un poderoso atractivo para calquera cidade que aposte polo turismo, e a magnitude da cidade dos rañaceos merece a pena vela dende arriba. Ata a súa destrucción, as torres xemeas eran un dos puntos máis visitados da cidade. Na miña primeira visita a a Nova York, no ano 96, vin Manhattan dende alí, tamén no ano 2000, e a vista era moi boa pero non comparable a que se pode ter dende a zona do Midtown. Antes de vir a illa pasamos por Nova York e subimos ao alto do Rockefeller Center, a mellor atalaya para ver Nova York. O custe da entrada é alto (30$), pero paga a pena. As vistas son impresionantes. Antón e Mariña xogaron a recoñecer a silueta dos grandes rañaceos. Na foto, unha vista de Central Park, cos edificios do Upper West Side a esquerda. Unha liña de edificios de grande altura e calidade construidos a principios do século pasado. As torres Dakota, onde vivía Jonh Lenon, por exemplo. Un hotel situado a carón do Museo de Historia Natural permitiunos disfrutar duns día no centro de esta cidade. Ver os museos, pasear polo centro e, como nas películas, puiden correr cedo arredor do lago The Reservoir, como fan centos de neoyorquinos.

1 comentario:

New Yorker dijo...

La ciudad que nunca duerme!!! NYC