miércoles, septiembre 08, 2010

O Sil, a súa auga e o catamarán



Cos seus 17 encoros o Sil está prisioneiro na maioría do seu curso mostrandose dende fai anos cunha apariencia que non é a súa. Xa fai tempo que as augas están baixas e podese ver o seu antigo orixe, de rio máis modesto, cas súas estradas e pontes anegadas. Iberdrola anda facendo obras e por eso agora as augas están así, parece que os catamaráns non poden circular nestas circunstancias e están causando, según puiden escoitar polo Castro, moitos perxuicios a restaurantes, bares e casas rurais. Nas democracias modernas quen causa un perjuicio ten que reparalo, pero para iso hai que organizarse e ser forte ou parecelo, e ese é un camiño que hai que percorrer.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ser forte é moi dificil no lugar no que estamos e no momento, porque xa non queda ninguén que poida ser forte aqui.

Bautista Sotelo dijo...

É certo, pero sen a unión de sectores afectados, institucións etc. os de Iberdrola non teñen de que preocuparse. Unha empresa con catro ou cinco traballadores en todos eses encoros, case todo é automático, non aporta case riqueza a zona, ou eso é o que me parece a mín. Se esto é así cando pon en marcha unha obra na zona afectando a súa economía d terá que reparar os perxuizos que xere. Que ten unha licencia muy amplia, que lle permite eso, haberá que cuestionar esa licencia. A enerxía que suministran a Ribeira Sacra non ten un prezo político, cousa que nunca entendin.