lunes, octubre 04, 2010

Dende Roncesvalles a Puente la Reina



A finais de setembro chamei a Joaquín para proporlle facer o inicio do camiño de Santiago, tres ou catro etapas soio, unha toma de contacto, non costou convencelo, él viña de volta das vacacions en Asturias e pensaba tamén na idea de andar o camiño.

Fai uns días achegámonos ata Roncesvalles. Chegamos na hora crepuscular a esta mítica vila dos Pirineos, onde o cabaleiro Roldán, que formaba parte da retagarda de Carlomagno, perdeu a vida, nunha emboscada. De ahí ven o “Cantar de Roldán”, o cantar de gesta que narra istes feitos históricos deste heroe da época.



Dormimos debaixo de unha bobeda gótica, en liteiras, metidos en sacos, como na mili, di Joaquín, eu non a fixen. Todo por seis euros. As seis da maña, de noite, fomos expulsados a rúa…” veña, a facer camiño”. Chovía, facía frío e non se vía nada, así foi como empezamos o camiño.

Logo foi clareando, 30km de lameiros, vacas, fragas, subidas, baixadas, cabalos, pontes, rios, aldeas, pobos, máis fragas, a fermosa paisaxe de Navarra que vai mudando dende os 900m ata aos 500m.


Novo día, segunda etapa, Zubiri, Pamplona, camiñar durante horas a carón do río Arga, a frondosidade da paisaxe que nos leva ata a cidade dos San Fermíns. Pamplona atópase entregada ao mito de Hemingway. O café Iruña, o hotel La Perla, a rúa Estafeta, moitas pegadas nesta xeografía do xornalista e escritor norteamericano, fascinado polo mundo dos touros.

Última etapa, fin do noso camiño, ata agora, Pamplona, Puente la Reina, cambio de paisaxe, o verde forte vai mudando a marrón claro. As fragas son agora de moliños de vento. Duras subidas e molestas baixadas, agradables conversas e moita fraternidade a carón do camiño.

No hay comentarios: