lunes, enero 24, 2011

Unha luz prende de novo nos Pilos


Fai uns días a dona dun restaurante, perto da Teixeira, amosaba a súa preocupación pola chegada dos chinos a Monforte… mercan todo, abren sen horarios...
Mentres expoñía a súa inquietude miraba para mín buscando algunha reacción, complicidade… “sabes que nunca se viu un enterro dun chino… tí, como o ves…?”. Calei durante un intre, pausa dramática que a miña mai manexaba coma as mellores actrices…
—“Entre nós hai moitos chinos. Chinos, sodes vós. Traballades sen horario, levades así unhas cuantas década. É certo, non tedes os ollos rasgados, e non emigrástedes expulsados pola presa das tres gargantas…”

Hoxe fun comer ao “Tropical”, en pleno corazón de Sant Cugat, uns “chinos” de Caldelas, con fama de traballar máis ca os chinos acaban de celebrar, nunha festa sorpresa da súa filla Conchita, os 40 anos da súa chegada a esta cidade. Fai catro décadas que Paquiño e a súa dona abriron este café-bar con aspecto de café clásico, na rúa de Lluis Companys. O Tropical é moi concurrido e conocido en Sant Cugat. Paquiño e o seu irmán Toño contan con varios bares nesta cidade, un leva por nome “Caldelao”. Mentres lle vou sacando as follas á alcachofa, con ganas de comerlle a parte máis tenra, e vexo o ritmo ao que se move Conchita lembro a miña infancia e xuventude nos tempos do Blanco. Tamén nós éramos chinos. Estes veciños de Sant Cugat, son veciños agora de Os Pilos, acaban de mercar a casa do seus tíos Eladio e Lurucha, e andan ilusionados coa recuperación desta vivenda que da vida ao fondo da vila.

No hay comentarios: