Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Nuñez alborada do brasil Sant Cugat. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Nuñez alborada do brasil Sant Cugat. Mostrar todas las entradas

sábado, octubre 16, 2010

Carlos Núñez, alborada en Sant Cugat

Cando Gerard, un amigo irlandés que dirixe a programación do Auditori de Sant Cugat, faloume ilusionado, fai un ano, de que ían traer a Carlos Núñez a Sant Cugat, pensei que xa era hora de ver en directo ao "Jimmy Hendrix da gaita", ao noso músico máis universal e o seu xiro lusófono. Unha compañeira avogada pola mañá preguntábame, con sorna, si eu podería aguantar un concerto dese tipo calvo, con melena…, toda a noite facendo pi, pi, pi… Non o sei, xa cho direi o luns…



Onte a noite, Carlos Nuñez emocinou a rachar no Auditori de Sant Cugat a un público entregado, complice. A súa posta en escea é moi boa, a súa pata tola movéndose a un ritmo endiablado é contaxiosa. Coa súa gaita negra, o sonido parece confundirse nunha especie de roda tola, non se sabe onde está a gaita e onde están os pes. Él e os séus músicos tocaron os temas do último album “Alborada no Brasil”, un disco froito da busqueda do seu bisabó que se foi ao Brasil a principios do século XX e como tantos galegos nunca máis se soupo del, se morreu ou quixo desaparecer.

Desa viaxe ao Brasil, Carlos Núñez volta cas mans cheas, mestura ritmos, vidas, cheiros, sensacións, emocións e historias. O resultado e unha música de gran beleza, chea de vida e alegría. Como case sempre o noso gaiteiro asume riscos, non ten complexos, colle a tradición e reinterpretaa dende a modernidade.