Mostrando entradas con la etiqueta mosteiro de santa maría de montederramo ribeira sacra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mosteiro de santa maría de montederramo ribeira sacra. Mostrar todas las entradas

viernes, agosto 07, 2009

A luz entra no mosteiro de Montederramo


Unha moza nova foi a nosa guía polo mosteiro de Montederramo nunha visita relámpao, case imprevista. Na entrada da Igrexa de Santa María, explicounos aos visitantes que o pobo quedábase no primeiro espazo, sen cruzar as portas, e de aí ven a expresión de “oír misa”. Logo ven o espazo que habitaban os monxes, primeiro benedictiños e logo cistercienses. Eles si que vían e oían a misa. Nesta tardiña de verán, o sol entra polas fiestras, polos buratos das enormes naves deste mosteiro, xoga ca escuridade e sinala onde descansar, antes de ver o retrablo maior, restaurado, o impresionante coro e os seus fermosos claustros. Cada día hai visitas e dende hai pouco un audiovisual fala da historia desta xoia da Ribeira Sacra.