Alá no mes de xuño, polo San Xoán, Carlos Blanco, Dani e nós achegámonos ao mosteiro de San Paio para ver o espazo e últimar os preparativos. Acompañounos Eladio Osorio e algúns veciños de Santa Tegra.
sábado, julio 26, 2008
I mostra de viños da Ribeira Sacra ourensá
faltan 5 días
En xuño, Carlos Blanco visitou o mosteiro de San Paio para ver as posibilidades de "dúas noites de contos". Cando se abriu a porta do mosteiro e viu todo o que se asomaba ao adro mostrouse fascinado pola idea de facer unha contada neste lugar, pola noite. Estou preparando un pequeno video desta visita para seguir facendo boca.
jueves, julio 24, 2008
Para facer boca, Carlos Blanco
Carlos Blanco, persoaxe coñecido da TVG ten feito monólogos nos seus programas moi celebrados como este que se atopa no you tube sobre os carteis das vodas.
miércoles, julio 23, 2008
Entre bancais, fermosas noites de verán
Si a cousa vai ben e non se torce, ao rematar os contos o público poderá tomar unha copa de viño de calquera das adegas da nosa zona. Estamos falando ca Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra que instalará un pequeño espazo fora do mosteiro, perto dos centenarios padrairos, para todos os que teñan un chisco de tempo e queiran seguir disfrutando destas fermosas noites de verán en San Paio.
domingo, julio 20, 2008
Dúas noites de contos, faltan 11 días


Todo está en marcha. Os “Amigos de Caldelas” estámos preparando todo para que “dúas noites de contos” teña o éxito que merece esta doble oportunidade: escoitar a Carlos Blanco e Quico Cadaval no adro do mosteiro de San Paio. Alí a carón da porta que da ao sagrado, onde unha imponente escada accede a parte alta do mosteiro, Carlos e Quico, baixo a lúa da ribeira Sacra, nunhas fermosas noites de verán, esperemos que sen choiva, texerán os seus xogos de verbas retranqueiras. O aforo deste espazo é limitado polo que pregamos os interesados que merquen con tempo as entradas no 902 43 44 43 ou na páxina de caixa galicia.
Tudela, parque natural de Bardenas Reales

En Navarra, nunha terra rica en verduras, entre os trigais, non hai moito brotou este hotel de vangarda, Aire de Bardenas. Á primeira ollada, un lugar onde ninguén pararía, nen para botar un pito. Antes de entrar na fermosa vila de Tudela, unhas arriscadas e valentes mozas sembraron de beleza e poesía unha paraxe inhóspita, á entrada do parque natural das Bárdenas Reales, declarado Reserva da Biosfera. Unha aposta pola beleza segreda das cousas arrodeada de unha muralla de caixas de froita. Luxo esencial. Dous arquitectos novos deseñaron todos os mobeis e obxectos necesarios para relaxarse e descansar neste novo motel de estrada.
domingo, junio 29, 2008
Facendo camiño, dudas razoables

Xa remataron as chuvias tardías e hai explosión de vida na Floresta. Unha familia de formigas decidiu atallar e pasar pola porta da miña casa. Cada vez que abro e pecho prodúcese un xenocidio; bueno, como son moitas, case non se nota. Elas como se nada. En aras de un obxectivo colectivo perecen un montón de individualidades. O congreso dos deputados acaba de aprobar unha Ley para a protección dos gorilas e chimpacés, pola súa proximidade co home, dín…Pero, e as formigas?, que pasa cas formigas?,… Pode que non teñan memoria dabondo, nin capacidade como para argumentar que elas xa estaban alí antes de construir eu a miña porta. Como lles fago saber que deberían buscar outro percorrido para conquerir os seus obxetivos?.
Claudio, o último morador do mosteiro

Un pequeno grupo de ovellas pace nun lameiro nas beiras do camiño que vai ao mosteiro de San Paio. O seu amo no lles quita ollo, a certa distancia vixia, leva lentes de frade. Se te achegas ao mosteiro tes moitas posibilidade de acabar parolando con Claudio. Teño a impresión de que ten o mandato segredo de velar polo mosteiro.
— Convidábavos á adega, pero non poido deixar as ovellas soias…hai moitos raposos ¡
— Pero Claudio, os raposos saen de noite.
— Se che comeran as pernas…, non, agora andan a todas horas!.
Sen posibilidade de probar o viño do Claudio por culpa dos raposos, seguimos o noso camiño, que pronto desandaremos.
martes, junio 24, 2008
dúas noites de contos, no mosteiro de san paio
Para os que xa sabedes que o lobo anda na cama da avoa, se vos pica a curiosidade e queredes saber qué pasará co conto, podedes ir á páxina da asociación amigos de caldelas, O prado. Ahí tedes toda a información. Para os impacientes, avanzo que estamos a preparar o programa "Dúas noites de contos", con Carlos Blanco e Quico Cadaval, para o 31 de xullo e o 1 de agosto. A asociación está en marcha, con moitas ganas de traballar, e aberta a todo aquel que queira sumarse.
Perdoade o misterio, mentres estábamos a pechar o programa non tiña tempo para mais, i eu tamén son impaciente. A intención dos que estamos a traballar nesta proposta é que sexan dúas noites cheas de humor e de maxia.
Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son dous fantásticos actores, moi coñecidos a través da televisión e o cine pero que levan traballado moito polo teatro en Galicia.
Estas dúas noites cumplen un doble obxectivo, que é o da asociación que as promove: traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artístico e tamén natural de caldelas e cpntribuir a dinamizar a nosa vida cultural sumando iste acto a oferta existente.
Dende máis alá do tranformador solicito aos blogueiros de Caldelas que axuden a xerar o necesario eco para que iste acto chegue a todo-los recantos posibles.
lunes, junio 23, 2008
sábado, junio 21, 2008
viernes, junio 20, 2008
miércoles, junio 18, 2008
martes, junio 17, 2008
Viaxe A Habana, anos trinta

Unha multitude con sombreiro de palla espera a chegada dun barco da compañía transatlántica, que ven de España, propiedade de Antonio López, marqués de Comillas; Todo un persoaxe, fillo dunha vendedora de sardiñas de Comillas que casou cunha filla dos Guell, ricos negreiros de A Habana e que logo patrocinaron as obras de Gaudí en Barcelona. A entrada deste vapor é todo un acontecimento polo que se ve na foto, con sillas e bancos para ver iste espectáculo. Unha cámara da época roda en primero plano a entrada deste xigante de catro chimeneas. Mira por onde, o mellor hai que voltar ao vapor. Na porta do camión de alcohol anuncia "agua dulce y acierto…", non sei que quere decir, imaxino que dí que a elección de A Habana é un acerto... O fotografo, leva moitos tempo esperando para facer a foto, ten todo preparado, a cámara de fuelle equilibrada…o vapor entra, acercase e cando está a piques de entrar na bocana do porto o retratista dispara e un cacho de tempo queda conxelado. O abó de Carlos Vázquez (Campos) gardou sempre esta foto no seu peto pola forte impresión que lle causou entrar na Habana. Imaxinar a emoción destes homes que chegaban ao novo mundo para cumprir os soños de prosperidade, de calar a fame, de mercar un bó traxe de liño e un reloxo de peto, de voltar a vila ou a aldea con un pouco de dignidade ou non voltar nunca máis.
miércoles, junio 11, 2008
Abrígate, nos cines

Abrígate, a película de Ramón Costafreda, xa está nos cines . A vida é imprevisible... o amor tamén... reza o cartel. A mín gustoume moito. É moi fermosa. Fai tempo, noutra entrada neste blog, falei dela.
Etiquetas:
abrígate Ramón Costafreda película
Vázquez Montalbán, un xornalista honesto

Olegario Sotelo Blanco a través da súa editorial en castelán, Ronsel, presentou onte no Colexio de xornalistas de Cataluña un novo libro (en catalán e castelán). "EL món segons Manuel Vázquez Montalbán" recopila unha antoloxía dos artigos deste xornalista e escritor, fillo de un galego. Os autores, Carles Geli, Marcel Mauri e o xornalista Martí Gómez lembraron ao MVM xornalista e gran comunicador.
Etiquetas:
Manuel Vázquez Montalbán antoloxía Ronsel
martes, junio 10, 2008
Caldelas, zona cero do prestige

"La cuenta atrás" é unha narración sobre o fundimento do prestige. Para non ter que chamarlle Muxía, onde parece que se situa iste cómic de Carlos Portela e Sergi San Julián os seus autores elexiron o nome imaxinario de Caldelas. Non está mal, fabulamos, pois eleximos Caldelas.
lunes, junio 09, 2008
O punto de vista dos deuses
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







