lunes, julio 18, 2011

Scoott Bankert e os nomes

Scott Bankert, profesor de cine na univerdidade de Nova York, que casou ca miña prima Debby anda estes días facendo un traballo en París. Onte recibín un correo no que amosa a súa preocupado por unha nova que leeu por ahí. Pareceme interesante compartilo en máis alá...

"...pero que miedo tengo yo – te imaginas si combiaria los nombres de los pueblos de galego para castellano. No es possible, no? Los nombres indican el sabor del región – la alma, la faceta secreta y mistica de la cultura– no puede cambiar los nombres sin perder todo. Obviamente yo no estoy de Galicia – pero me sinto mucho cada vez que yo paso por un pueblito con el sinal en Galego. Es un aspecto muy remoto – muy autóctono – y como tú sabes todo eso existe por la idioma – por la comida, por la calidad de luz de sol, y la lengua. Te imagines Carballiño por Roblecito o Muíños por Molinos o Xermade por Germade. Mí cosa favorita de Galicia despues de la familia allí y la comida y el paisaje son los nombres de los pueblos. Estes nombres rebotan dentro de mi cabeza – juegan con mi imaginación. Di me que no van a cambiarlos! Por favor! :)

Enviado desde mi iPhone

domingo, julio 17, 2011

Ollo cos cativos


Mariña fixome prometerlle que iríamos a camiñar cedo pola praia da Abelleira. Pola noite o mar chegaba ata o peirao, hoxe fuxiu centos de metros. A miña filla di que camiña por debaixo do mar, mentres recolle conchiñas de berberechos, ameixas, mexilons...chega Mari Carmen da cofradía... "...hai moitos que co conto dos nenos levan marisco para un paella..."

Enviado desde mi iPhone

Nun lugar de Muros


Logo de atravesar a panínsula, de costa a costa, con parada en Tudela e Burgos, chegamos a Muros, nas rías altas. Unha semán para ver o mar, explorar esta parte do país, e logo pasar uns días no Castro, no centro do mundo...

sábado, julio 16, 2011

Un museo pra Atapuerca


Descubriron que os ancestros eran caníbales... que todo se fixo con duas pedras e un cerebro... "...Sen coñecer todos os avatares do pasado non podemos afrontar os perigos do futuro, di o peleontólogo, Eudald Carbonell, gran divulgador dos segredos de Atapuerca.

Enviado desde mi iPhone

miércoles, julio 13, 2011

Luisa de Folgoso

Axudante do seu marido, Antonio, sastre en Castro Caldelas, nos 50. A confección non daba para moito e a vila ía a menos, pronto marchou ca súa familia a Barcelona, mil traballos, mil aventuras...a mama de Emma e Armando, menudo par. A súa casa foi sempre máis ca un centro galego para o seus veciños. Gratitude, as veces, e esquecemento outras. Moi aprecida e cómplice da miña mai. Si de min dependera tería a medalla Castelao ou a Creu Sant Jordi, pois ás duas identidades serveu esta muller boa e xenerosa.

Enviado desde mi iPhone

domingo, julio 10, 2011

sábado, julio 09, 2011

MNAC, el romanic des del 1934

Cita con Matilde


Matilde é bruxa, meiga..., como quen é mecanico-dentista, vive en Badalona, para ser máis precisos, tocando a Santa Coloma. Viste de branco, con dúas grandes amapolas negras nos seus cabelos. Gusta da pintura, temática das bruxas... A súa casa está ateigada de cousas do pasado, soio a súa enorme tv. de plasma nos devolve ao noso tempo... ten oitenta anos, mentres recorremos a súa casa, repite "... yo no quiero morirme...". Ainda que bruxa ten problemas cos veciños, os seus poderes non lle sirven, ahí é onde entro eu.

martes, junio 28, 2011

"Para Vigo me voy..."


Conflictos terranaes levanme a Vigo. Vigo como porta de entrada e de saída. Non vou a disgusto, para un ourensá Vigo é unha meta, o noso mar..., dí Ferrín que dende alí, en días claros, vense os peiraos de Manhattan...  Alá polos anos 70 os vilegos de Ourense invertían os seus aforros no ladrillo na cidade do Corte Inglés. Tamén dí a míña irma que a nosa mai non tomou conciencia da liberdade ata que tivo unha tarxeta do Corte Inglés.

Enviado desde mi iPhone

domingo, junio 26, 2011

A fauna do Dray Martini

No corazón do ensanche barcelonés atopase o Dry Martini, o local de copas máis coñecido da cidade; un retrato da fauna que habita esta cidade. Si atopas sitio na súa barra podes asistir ao espectáculo da mezcla de alcoholes, refrescos, xeos e froitas, nunha posta en escea espectacular. Novos aires neste bar, onte unha muller mixtuba sabores nun mundo reservado ata agora os homes. Non sei como se lle dí... barwoman...?

Enviado desde mi iPhone

miércoles, junio 08, 2011

Novas dende a Airexa

A herba creceu máis do normal. Todos andan cortando nela antes de tempo. Como este ano choveu tanto...!, dí a avoa.
- Cortan antes de que seque...?
- Si, fillo.
- Pero, logo podrece...?
- Si, dín que as vacas comena igual.
- Non está ben, logo...!,
- Non fillo, non está ben.

Enviado desde mi iPhone

sábado, junio 04, 2011

O Tickets, con acento galego


É coñecido que Ferran Adrià pechou o restaurante El Bulli situado na Cala Montjoi, no Golfo de Roses. Un concerto no que actuán máis de 70 persoas para 40 comensais non pode ser rendable, según dí o cociñeiro máis famoso do mundo. Mentres se deseña e pensa El Bulli do futuro, os irmans Adrià non paran de promover novos proxectos. Xunto ca familia Iglesias —os do restaurante Rías de Galicia— abriron un bar de tapas que está dando moito que falar na cidade dos prodixios. O Tickets Bar, a versión low cost de El Bulli, atopase na Avinguda Paralel, número 164. Onte fumos a coñecelo pero soio abre polas noites. Mal horario para nós, haberá que esperar unha ocasión mellor.

viernes, junio 03, 2011

Chipperfield e Corrubedo.

As formas da Cidade da Xusticia, de Barcelona, do inglés David Chipperfield lembran as do desaparecido World Trade Center. Un tipo "intelixente" este arquitecto que elexiu o pobo de Corrubedo para facer a súa casa de vacacions, resolvendo con unha linguaxe moi poética a relación cas vivendas humildes desta fermosa vila.

domingo, mayo 29, 2011

sábado, mayo 21, 2011

Outra idea da xuventude

"Mama, no es algo malo..!", dile a papa que no se preocupe, que queremos estar allí, no vamos a hacer nada malo..., van todos...!. Tren Praza Floresta/Praza Catalunya. 20h. Un mozo de uns 17 anos que vai sumarse ao 15-M. fala polo móvil ca súa mai.

Enviado desde mi iPhone

jueves, mayo 19, 2011

15-M, Praza Catalunya

O Cuco e o Cándido

Xa chegou Cándido de Nova York. Este ano chegou máis tarde ca o Cuco, dí A avoa. Tamén dí Matilde, con gran pena e preocupación, que soio hai un Cuco en Mazaira, que morren de fame, a química está acabando ca vida.

Enviado desde mi iPhone

martes, mayo 17, 2011

Sombras de cidadanía

Un mozo pakistaní envellecido antes de tempo reflexase sobre o movemento que proxecta o noso tren a través da súa fiestra. O seu voto non conta este domingo. Un rumanes toca unha canción sobre as moreas de soños que nos moven.

Enviado desde mi iPhone

sábado, mayo 14, 2011

El Cingle, Vacarisses



Como non nos deron nin medalla nin copa decidimos premiarnos achegándonos ata o restaurante de Montse Estruch, unha estrela Michelín. Dende as suas fiestras vese a montaña de Montserrat cas súas formas extravagantes. Ainda non pasamos da auga pero a cousa promete.

Antón gañou


Unha carreira fantástica.