sábado, febrero 25, 2012

Piz Nair, un café nas alturas.

A nosa cabina estaba chegando a cima de Las Trais Fluors, a 2600m de altitude, Mariña achegouse a mín, e en baixiño, díxome, "papa creo que non me lembro como se esquía.".
--Tranquila é como andar en bicicleta, non sabes como mantés o equilibrio, pero cando te pos non cas ao chan. O esquecemento durou varias caidas, logo foi increible esquiar con Mariña e Antón durante moitos kilómetros por pistas azues e roxas, que eran como negras, dí Charo, polo menos eu vinme negra. Un día fermoso por Marguns, Corviglia e Piz Nair mentres lucía un sol xeneroso.

Celerina

Mariña espertou cedo, como sempre, ilusionada por correr as cortinas e descubrir as montañas de día. Antón confirma que a paisaxe merece a pena. Oscuridade ata que o sol supera as cimas brancas e ilumina o noso val con unha potencia que nos deslumbra. Viaxar, chegar a un lugar novo, do que sabemos ben pouco. Ir encaixando as primeiras pezas, ata que o puzle vai tomando forma.

miércoles, febrero 22, 2012

No val de Engadina.

Se non hai nengún atranco maña, e Rayanair quere, voaremos a Milán, e dalí a Celerina, no val de Engadina, en Saint Morizt, a 1800m de altitude. Días de Sol e deporte, neste vello país dos Alpes. Unha viaxe cos nenos ao corazón do inverno.

domingo, febrero 19, 2012

Contaxio

Película de temática apocalíptica, moi ben feita, con un gran reparto, do director Steven Soderbergh. Un virus que se contaxia dende Hong Kong a todo o mundo. Logo de vela lavarás as mans sen parar, e terás moito cuidado co que tocas.

viernes, febrero 17, 2012

Carnestoltes, o outro entroido.

A miña cebriña espertou chea de ledicia, con ganas de meterse no corpo do entroido. "Hoxe nada de traballos... soio xugar, xugar, xugar sen parar..."
--e tí non digas nada...!
Antón non está moi ledo co seu traxe de vaqueiro. A clase votou por persoaxes de Toy Story... Charo dí que o vaqueiro era o máis fácil...pequenos, grandes problemas.

sábado, octubre 15, 2011

El árbol de la vida

A viaxe da vida, os anos 50, a infancia, a desilusión, a relación fillo-pai... preguntas, o cuastionamento da relixión, o sentido da vida... De todo esto trata a película que tivo unha palma de Ouro na última edición do festival de Cannes. Unha gran película escrita e dirixida polo profesor de filosofía, Terrence Malick. Mellor vela en cines. Grandes actores, boa historia e formalmente moi atrevida. Moi fermosa.

jueves, octubre 06, 2011

Duas caldelas tirando de Capa

Os negativos de Robert Capa, Gerda Taro e David Seymour Chim sobre a Guerra Civil viaxaron en tres caixas, de man en man, ata México. No 2007 foron resgatadas. Unha gran exposición no MNAC presenta este material despois de ser presentado en Nova York. Duas caldelas, Charo Canal, xefa de prensa do Mnac, e Miriam Gonzalez, xefa de prensa da Editorial La Fábrica, traballan na promoción da maleta méxicana. Charo, dende Barcelona, promocionando a exposición, e Miriam, dende Madrid, promocionando o libro que recolle este material.

Enviado desde mi iPhone

viernes, septiembre 30, 2011

Esta noite, Chicago, no Tívoli.

Enviado desde mi iPhone

viernes, septiembre 23, 2011

Carlos no Eixample

Anda estes días o actor galego Carlos Blanco por Barcelona. Xa case non se fan pelis, pero él non para de traballar. Roda en Santa Coloma "La estrellla", primeira película de Alberto Aranda, mergullado no barrio máis multiétnico da cidade. Fai tempo que non nos vemos. Carlos é un tipo cheo de mundos, un pracer parolar con él. Esta cidade deslumbra, dí, eu digolle que teña cuidado ca sangría, quen sabe o que lle meten...!, lamenta Carlos que a xente non saude no hotel onde se aloxa... na Illa de Arousa ainda non se perdeu esa parte da humanidade. Soio se lle nega o saudo aos enemigos.

Enviado desde mi iPhone

martes, septiembre 06, 2011

Unha tarde de setembro

Ás antigas golondrinas do peirao de Barcelona sumanselle hoxe modernos catamaráns nos que se pode dar unha volta ata ver o perfil completo desta cidade. O seu capitán Gonzalo, un asturiano que pescou con barcos galegos nos sete mares, conduce con suavidade iste gran veleiro. Antón vai na punta disfrutando deste navegar tranquilo, superando o medo ós barcos.

sábado, septiembre 03, 2011

Porto Quilmas

Lembranzas do verán. Porto Quilmas. Carnota. Galicia.

jueves, agosto 18, 2011

Cidade Blade Runner

De lonxe, esta pranta química que está perto de Lleida, cando pasas pola A-7, parece unha cidade de estética Blade Runner, a película de Ridley Scott.

miércoles, agosto 17, 2011

O Papa e o teatro clásico

O Papa en Madrid sairá de novo a escea, traxes, decorados, papamóvil, iconografía do imperio román..., fai tempo que repite a mesma función, liturxía moi traballada ao longo dos tempos, hoxe en decadencia... postos a ver teatro prefiro o Corral da Comedia en Almagro. Pasamos por alí na nosa viaxe, pero as representacións son os fins de semán, e o festival en en xullo.

Enviado desde mi iPhone

lunes, agosto 15, 2011

De Mérida a Almagro

Deixamos Mérida, a pequena Roma, como lle decían entón. Tivo o seu explendor entre o século I e II. Ca decadencia do imperio roman veu tamén a decadencia desta cidade, capital da Lusitania. Cruzamos a enorme veiga que subministraba unha agricultura variada a Emerita Augusta, logo muda a paisaxe verde da veiga polas acineiras e os porcos que nós acompañan case ata Almagro.

Enviado desde mi iPhone

domingo, agosto 07, 2011

"O Polico", perfil dun caldelao.

Se non saes nunca de Ítaca vives sempre nos brazos de Penélope, as sereas no Castro son de montaña e a memoria non é tan fráxil. Polico é contemporáneo meu. O 64 deu bo viño e xente coma mín e como él. É das poucas persoas que sempre atopo no mesmo lugar do tempo, o mesmo sorriso e a mesma actitude ante a vida. É Polico porqué xa o era o seu pai. Mentres bebemos uns llintonis no "Listo" e fuma sen parar cóntame as súas conquistas interiores... as cousas de agora e de antes... o que non se ve, o tempo que pasa, máis parece estar detido.

Enviado desde mi iPhone

martes, agosto 02, 2011

Atopan tesouros na Ribeira Sacra

Afirman Víctor e Eduardo, os arqueólogos que están traballando na necrópolis rupestre de San Vítor, en San Lourenzo de Barxacoba (Parada do Sil), que a primeira idea que non se sustenta é a do aillamento destas terras. A través das excavacións, da información dos mosteiros e das lendas estes arqueólogos van trazando as liñas de investigación sobre o mundo da alta idade media nesta zona da Ribeira Sacra. A través do seu blog "sanvitordebarxacoba.wordpress.com" podesen seguir os seus descubrimientos, investigacións, actividades e incluso concertar unha cita para visitar as excavacións. Unha gran aventura para saber un pouco máis sobre os moradores destas terras.

Enviado desde mi iPhone

jueves, julio 21, 2011

Castro de Baroña

Di Estrabón que os habitantes deste castro eran "belicosos"...,pode que non fora doado romanizalos, o que é seguro e que tiñan medo, moito medo, a vida non debía de valer un can...dúas murallas, a topografía desta pequena península e a dureza do mar que a rodea dinos que era un bo lugar para defenderse, vivir, pescar peixe e marisco. E a auga...?, de onde viría. Paga a pena achegarse ata alí e sentir a forza da natureza e a pegada da cultura castrexa.

Enviado desde mi iPhone

miércoles, julio 20, 2011

O que move ao home

Antón, gustouche o paseo de onte...?, si, e gustache Alba...?, está ben... é graciosa.

Nin Antón, nin Mariña se queixaron onte das subidas as cimas de Muros e Carnota en busca de castros, petroglifos e escritos nas pedras. Guiados por Juan e na compañía de Alba e Andrés vamos seguindo a pegada dos homes daquel tempo. Penso no que movía ós homes do neolítico a subir ata estas cimas do fin do mundo a escribir nas laxes e rochos. Debuxos de barcos, figuras humáns, espiráis que representan o tempo... os ciclos, o control das estacións, como moitas culturas a observación do tempo para poder controlar a agricultura.

Enviado desde mi iPhone

Praia da area maior

Enviado desde mi iPhone

martes, julio 19, 2011

Pozas na praia de Carnota

Unha primeira ollada a grandiosa praia de Carnota, con Juan e Salomé, xornalistas, amigos vellos, anfitrions, resgatados do tempo, boa conversa..., sempre que poden escapan estas terras duras e fermosas do fin do mundo, a apropiarse da súa luz, do seu orballo, dos seus montes, dos seus olores e sabores.

Enviado desde mi iPhone