jueves, agosto 17, 2006

PEATONALIZACION DO CASCO HISTORICO





Cansos de falar e falar decidimos poñernos en marcha e intertar recoller un número suficiente de firmas para propor ó Concello a mellora dos espacios públicos de Caldelas. En concreto, a peatonalización da Praza do Prado e do casco histórico. Se a iniciativa ten apoio dabondo, propoñemos que se lle encargue a un especialista en mobilidade a forma en que se podería resolve-lo problema do aparcamento e o acceso dos veciños, hoteis, bares etc., sen causar ningún problema os comerciantes da zoa xa que do que se trata é de por en valor a zona do Prado e do Casco Historico.

En diferentes puntos da vila podese firmar o escrito ca iniciativa proposta
co seguinte contido:

Pola calidade dos espacios públicos de Caldelas
www.amigosdecaldelas.com (en construcción)

Amigos de Caldelas
Castro Caldelas (Ourense)
amigosdecaldelas@telefonica.net

Móvenos unicamente a idea de preservar e axudar a mellora-los espacios públicos da vila de Caldelas e o noso patrimonio histórico, cultural e natural. Queremos participar con iniciativas e ideas na mellora destes espacios, alentando e colaborando co Concello de Castro Caldelas. Non somos unha organizació que aspire a ser unha opción política, soio queremos axudar no diálogo e alenta-lo debate.

A preservación do patrimonio histórico e natural é de vital importancia para o futuro da vila de Caldelas. A crisis e decadencia do rural soio se ve compensada minimamente polo efecto do turismo cultural que acude a visitar esta importante vila medieval que debería loitar por ser, de feito, a capital da Ribeira Sacra.

Ca idea de mellora-lo espacio público para nós, para os nosos fillos e para os que a vila acudan, solicitamos:


I INICIATIVA:
PEATONALIZACIÓN DA PRAZA E DO CASCO HISTÓRICO

Solicitamos o Concello a peatonalización das zonas da Praza do Prado e todo o casco histórico, permitindo unicamente o acceso de coches a veciños, hoteis, etc., para o que se deberá encargar a uns especialistas un plan de movilidade que ordene o acceso a estas zonas e procure o aparcamento dos coches e autobuses noutras zonas cercanas.

Xa é hora de que se poida pasear pola vila cos cativos sen risco de atropello. Xa é hora de que os coches non sexan o máis importante e que ó excepcional patrimonio co que conta esta vila se lle dé o valor que lle corresponde. Xa é hora de que tomemos exemplo de outras vilas que levan andado moito neste eido.

II INICIATIVA:
TRANSPARENCIA DAS ACCIONS URBANISTICAS QUE SE LEVEN A CABO

Solicitamos ó Concello que ante calquera iniciativa que se leve a cabo na modificación das Normas Subsidiarias ou Plan Especial de Protección do Casco Histórico se informe a ciudadanía por todo-los medios modernos (charlas, debates, conferencias, Internet, diarios locais, así como mediante comunicación persoal a todo-los afectados).

III INICITATIVA:
PARQUE INFANTIL

Solicitamos a creación d?un novo parque infantil, un espacio más amplio para que os nenos poidan xogar de maneira segura. A situación do actual é escasa e insuficiente para unha vila coma a nosa.

65 comentarios:

Anónimo dijo...

Seria moi importante poñer orden na circulación no centro da Vila do Castro. Os coches circulan a velocidades tremendas, impùnemente. A Prazo do Prado, no verán, semella talmente un aparcadoiro. E ainda que os comerciantes teñan dúbidas, seguro que gañarían. Seria fantástico poder ter unhas terrazas máis amplias, para estar relaxadamente, sen agobios ni perigos. Agora non resulta nada agradable estar alí, sepultados polos coches, pendentes de non ser atropellados. E seria fantástico poder pasexar polo centro histórico sen riscos. Moitos pobos teñen experiencia nesto. Tratase de que pensen nun espacio adecuado pra deixar os coches, evidentemente non de que os prohiban. Seguro que o Castro gañaria moito. !E vital que os politicos se poñan as pilas! E que pensen con amplitud de miras.

Anónimo dijo...

Cando ves tal caos e aglomeración de coches no centro da Vila, a pregunta é ¿Onde vai a xente?. E un misterio. Unha pregunta que se escoita continuamente na boca dos do pobo. Pero está claro que, ainda que estas aglomeracions principalemnte soio se producen durante as vacacions, e o resto do ano o Castro está deserto, a iniciativa de peatonalizar o centro é importante porque implica un cambio na dinámica do pobo, cambio que sería moi beneficioso. É necesario buscar un aparcamento cómodo e próximo, e a Praza do Prado ten que ser un espacio para a xente. Os coches non atraen ó turismo, non activan a economía. eso é unha idea superada. Se ves pola estrada de Trives, non coñeces o pobo, o que percibes é un caos. Entre os ultimos desastres urbanísticos e os coches, en vez de un precioso pobo medieval o Castro parece un área de servicio. Pero alguén, un profesional do urbanismo, que os hai, ten que pensar en como facelo, como ordenar todo e onde poñer o parking. !Moi boa iniciativa!

Anónimo dijo...

Noraboa por isa iniciativa pero coido que non o vades a ter facil. Fai pouco participei noutras que logo queraron en nada.

Bautista Sotelo dijo...

Sabemos que non é facil pero sen traballar tampouco se pode esperar a que as cousas muden por si soias. Todos temos a responsabilidade de facer algo para que as cousas melloren.

Anónimo dijo...

Sodes moi ambiciosos. Eu conformabame con que se ordeara un pouco a praza.

Anónimo dijo...

A praza non debería ser soio un aparcamento para o Grilo e o Rubio. Un aparcamento de carretera no que se para sen ningún orden. É unha praza fermosa que debería porse en valor e ter preferencia antes de nada as persoas.

Anónimo dijo...

A quén se lle ocurriu a brillante idea de facer unha praza (estilo francés) fora do lugar habitual de reunión dos caldelaos.

Bautista Sotelo dijo...

O bares da praza non deberian ver esta iniciativa como unha ofensiva contra eles. Hay que intentar que calquera decisión que se tome non perxudique a ningúnha industria importante para Caldelas. O progreso é para todos.

Anónimo dijo...

Quen garantiza os comerciantes do prado que non se verian perxudicados si se peatonalizara a zona.

Bautista Sotelo dijo...

Nos propoñemos na nosa iniciativa que o Concello encargue un estudio de mobilidade no que se poidan ter enconta todo-los problemas a resolver para evitar perxuicios os bares e comercios da praza. Eso significa ordenar a zona onde paran os autobuses, non botalos da praza. Ordenar onde se instalan os taxis, non botalos da praza. Habilitar alguns lugares para aparcar, perfectamente señalizados. Organizar o paso dos veciños e hoteis e en definitiva señalizar a través de diferentes medios os usos da praza, permitido a xente que poida usar ises espacios.

Anónimo dijo...

Hoxe pola maña montouse un gran follon no acceso a rúa dos Pilos. Un coche aparcou invadindo parte do acceso e xeron unha acumulación de coches polos dous lados que querían pasar. A falta de señalización está a producir moitos conflictos entre os veciños.

Anónimo dijo...

Noraboa polo traballo que estades facendo. Xa era hora de que alguén se dera conta do mal uso que se fai da praza pública.

Anónimo dijo...

Apreciado Bautista: Comenzo felicitandote pola tua Bitacora e inda que no e un foro si que vexo neste tema algo de debate. Na Vila e no Concello do Castro de Caldelas o que fai falta e o debate. Perdemonos entre a desidia dos que Gobernan e a ignorancia da Oposición (incluidos os do BNG, sin representación no Concello). No casco historico da Vila os vehiculos son un, de entre os problemas que Iste padece, como seria a conservación do entorno, o falta de control o facer obras ( a pesar de estar regulado por lei), a despoboación (aqui e nos pobos), etc..(Iste tema da pa moito). Sumome gustoso a iniciativa de Amigos de Caldelas e que iste sitio feito con cariño por esta Terra sirva para sacala adiante.

Anónimo dijo...

A parte do debate que tedes neste blog, entre a xente do pobo non se fala, dende hai días, doutra cousa. Outro día nunha xuntanza da asociación de amas de casa houbo opinións para todos os gustos. A que máis me gustou foi a de que unha que vive na carretera de Ourense, o lado do Hostal Pallon e que dixo:
"Pois moi ben, e cando vaia o Banco Pastor onde aparco...?

Bautista Sotelo dijo...

Gracias pola túa felicitación e polo apoio a esta iniciativa. Pronto nos constituiremos en asociación e esperamos contar con persoas como tí que se den conta que o Castro non vive unha arcadía feliz e hora de mellora-las cousas. A nosa idea principal era promover accións culturais pero tendo en conta o estado no que se atopan algunhas cousas dimonos conta que había que comenzar por algunhas iniciativas que axuden a preserva-lo pobo e mellorar o seu uso.

Bautista Sotelo dijo...

Fixome moita gracia a anecdota da muller que está preocupada, por onde vai aparcar, si vai ó Banco Pastor. Non me sorprendeu, o propio alcalde puxome un exemplo parecido. Si van os chapistas, dende transcastro, a tomar café ó Grilo e non teñen onde aparcar, que farán; Deixarán de vir...? A verdade, eu non ía preparado para unha lóxica deste tipo.

Anónimo dijo...

Me sumo a la iniciativa. Mil disculpas por no hacerlo en gallego, pero no me manejo bien. Voy cada verano y quería contar, que hace un par de años casi me atropellan en la plaza, frente al Banesto, con una mota de esas de cuatro ruedas.

Bautista Sotelo dijo...

Vivo na praza e non se me ocurre coller o coche para ir o Pallón a comer.

Bautista Sotelo dijo...

Non pidas disculpas por escribir en castelán. Iste é un espacio aberto, cada quén que se comunique como poda ou queira.

Anónimo dijo...

O outro día escoitei nun bar da carretera de Ourense que a iniciativa tiña a letra pequena en catalán.

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa. A praza ten que deixar de ser un gran aparcamento para os bares. Espero que vós fagan caso.

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa. A praza ten que deixar de ser un gran aparcamento para os bares. Espero que vós fagan caso.

Anónimo dijo...

Noraboa por o teu blog e por iste debate que seguro enriquecerá as conversas nesta vila adormecida.Sumome a vosa iniciativa.

Anónimo dijo...

Non sei si vós decatastes pero a maioría das aceras están ocupadas polos bares o que fai imposible o seu uso. Como se explica esto. Acaso pagan máis impostos o bares. Teñen licencia para poder ocupar as aceras.

Anónimo dijo...

Cal é a posición do bloque nesta iniciativa. Existe o Bloque no Castro. Quen son as persoas que o representan. Cales son as súas propostas.

Bautista Sotelo dijo...

A verdade é que non contactei co Bloque local. Polo que sei é Nini (Hotel Cimadavila) a súa representante. Cando pusen en marcha a iniciativa non me atopei con ela para solicita-la súa firma. Puden ir a súa casa a visitala pero non o fixen con ninguén. Preferin traballa-la rúa.

Bautista Sotelo dijo...

A verdade é que non contactei co Bloque local. Polo que sei é Nini (Hotel Cimadavila) a súa representante. Cando pusen en marcha a iniciativa non me atopei con ela para solicita-la súa firma. Puden ir a súa casa a visitala pero non o fixen con ninguén. Preferin traballa-la rúa.

Anónimo dijo...

Las fotos muestran un pueblo atropellado. Que tengas suerte con esta iniciativa, Bautista.

Anónimo dijo...

Desde luego que hay que peatonalizar el casco histórico y la plaza.

De esta necesidad, los usos se complementarán para que la calle principal reduzca la velocidad del tráfico y se genere a lo largo de su reccorrido una dinámica de sucesos y actividades que dote a Castro Caldelas de un Norte, de una dirección, de un reposo que ahora no tiene. Como dicen, es una localidad atropellada.

Con sumo gusto nos uniríamos a un grupo de trabajo multidisciplinar para una restructuración del conjunto.

Desde madrid.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias polo teu apoio. Imaxino que ainda que estás en Madrid algún interés terás en Caldelas. Non é facil que o Concello leve a cabo un estudio. É decir que faga unha comisión con xente do pobo ou que lle interese o pobo, na que se estudie a forma de facer esa peatonalización... Cando se formalice a asociación amigos de Caldelas faremos unha comisión que siga a traballar neste tema e gustaríanos contar contigo.

paloma dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Son unha nena do Castro que necesitamos que xente coma vos pida cousas para nos . Pero quéroche comentar que cando eu era mais pequena a miña nai mais outras moitas nais do Castro levaron o concello moitas firmas para pedir para nos un parque como ese que hoxe pedides vos ; tamén aproveito para pedirvos que nos axudedes a ter unha piscina como a que teñen os municipios veciños, e moitas mais cousas vos pediría para nos . Grazas pola vosa iniciativa e sorte .

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Paloma por unirte o debate. Cando estiven recollendo firmas, moita xente faloume doutros problemas e doutras iniciativas, das que non eramos tan conscientes cando puxemos en marcha a nosa.
Temos a idea de constituir unha asociación (amigos de caldelas) para poder promover outras iniciativas e axudar a mellorar moitas cousas como as que tí propós. O tema da mellora do parque infantil xa ves o que constestou o noso alcalde. Esperemos que o reflexione é tome algunha decisión para mellora-la situación. A verdade que hoxe unha piscina de 20m x 10m pode valer uns 40.000 euros. Non debería ser un gran problema. Se o Concello non fai nada teremos que organizarnos para busca-los cartos.

Anónimo dijo...

O outro día, cando estaba dando un paseo polo comercio novo e pola rúa que vai por baixo da casa de Don David, case non puden pasar, pola cantidade de cousas que teñen atrancadas os da ferretería. É normal esto...poden apropiarse da rúa, sen máis...?. Aplaudo a vosa iniciativa. Hai que ordenar a praza e limitar un pouco os abusos.

Anónimo dijo...

Por que che molestan tanto os coches Bautista. Si tu viviras dun negocio que esta na plaza xa veriamos si pensabas igual.

Anónimo dijo...

Polo espacio que hai diante do Banco Pastor casi non se pode pasar. A maioría das veces está todo espacio opcupado polas furgonetas e coches da ferretería. Cal é razón desta permisividade.

Bautista Sotelo dijo...

Non entendo cales son os perxuicios da peatonalización. Gustaríame que alguén nolos explicara. Eu vexo soío beneficios pola porta en valor da praza o que redundará en máis visitantes. É decir máis demanda distes espacios.

Anónimo dijo...

Medo o descoñecido. Ignorancia. Os das bicas pensan que xa non controlaran os conductores. Esa guerra que se tran entre os dous vendedores de bicas.

Anónimo dijo...

Siempre veño as festas. Non falto, pase o que pase. Querovos comentar que me parece moi ben o que pedides. Tedes que facer que saquen os coches electricos da praza. Estropea moito as fiestas. Perdón por o meu gallego.

Bautista Sotelo dijo...

Tés razón, o trasto dos coches eléctricos eclipsa a festa. Teño falado con moita xente. Din que son os que pagan gran parte da festa. O ano pasado fun as festa logo de varios anos sen poder acudir e foi moi decepcionante para mín e para miña familia. Decidin non voltar nesas datas. Unha gran desilusión. Iste ano din 35 euros que me puxeron de cuota pero para o ano penso empregalos en algo mellor.

Anónimo dijo...

pasate hoy por la plaza en visperas de fiestas y verás a esos que nos mandan,de Monforte,Chantada, y alrededores que tienen la sensibilidad no se en donde, y verás como dejan que los coches,las colchonetas,las terrazas invadiendo el paso etc.etc.¿cuanto recaudan? pienso que mucho y las demas prebendas que obtienen las familias,esta es nuestra maravillosa plaza del prado y que decir del dia 8 de los Remedios,la procesion pasando por la plaza entre los pitidos de los cochecitos....te aseguro que yo tambien voy a dedicar mi dinero a otra cosa.

Bautista Sotelo dijo...

Non entendo eso de ...esos de Monforte, Chantada e alrededores... agora, comparto contigo o mal uso que se fai da praza non día e entre dentro dos nosos obxetivos expor o concello e intentar convelos de que hai moita xente que nos gustaría que as cousas foran de outra maneira. Un saúdo.

Anónimo dijo...

e curioso que alguen que ten un negocio na praza pense que vai sair perxudicado por esta iniciativa (o medo dos que poñen os seus cartos no negocio e libre)
pero nos tempos que corren, nos que todo o mundo ten a posibilidade de viaxar e ver outras opcións non ten moito sentido este medo
son coñecidos moitos exemplos de actuacións en cascos históricos, un dos mais cercanos o archicomentado de allariz, unha vila apagada que gracias a intervención valente do seu concello transformouse de forma incrible, pero hay outos casos, ben perto do castro, entre o bierzo e a maragatería o pobo (ben pequeno por certo) de castrillo de los polvazares, onde non hay negocios que non sexan de restauración e relacionados co turismo, o lugar da famosa maruja, reina do cocido maragato e coñecida en todo o mundo pola veneración que lle prodiga o ben coñecido luis del olmo (pois ben, niste pobo non poden entrar os coches, hay que deixalos aparcados na entrada e camiñar
outro exemplo, o casco antigo da cidade de oviedo, peatonalizado non sin discusión, pero finalmente valorado por todo o mundo, outro mais, a plaza de maria pita na coruña, e todo o seu entorno, ó tráfico desapareceu por iniciativa do seu alcalde paco vazquez, exemplo de valentía na xestión da cidade, que con poucos apoios e en contra de moitos, conseguíu modificar unha cidade axfisiada na cidade moderna e de servicios que hoxe e a coruña, os que como eu fomos testigos da transformación da coruña perante os anos de xestion do paco vazquez dende o 82 ó 89 recordamos que as primeiras actuacións (praza de maría pita, avda. de alfonso molina... hasta a posta en marcha do paseo marítimo (proxecto discutido donde os haxa) foron sempre en contra de un gran clamor popular. Hoxe ninguén se recorda de aquel clamor, todo ó mundo bendice as obras do paco, habería moitos mais exemplos de que a peatonalización dun espazo non ten resultados negativos pra ninguén, pero tempo haberá para comentalos, o que o dude que lle pregunte os hosteleiros do casco histórico de pontevedra...
soio unha cousa mais para rematar esta entrada, cando puxemos en marcha ista iniciativa, ninguén pretendía perxudicar a naide, entendíamos que a posta en marcha do proceso corresponde ó concello, trátase por tanto dunha idea de algúns que vemos como o castro morre, e como o seu maior potencial (o turismo) non se protexe ¿será outra versión da pita dos ovos de ouro?

Bautista Sotelo dijo...

Moi interesantes os exemplos de iniciativas parecidas noutros lugares.

Anónimo dijo...

Hola Bautista,yo queria comentarte que ya que tenemos grandes intenciones con el casco viejo,la plaza del prado,los coches..¿y las edificaciones horrorosas en medio de nuestro querido y antes hermoso pueblo:escaparate de la ferreteria, edificios en ladrillo..cuando yo era pequeña corría a los escondites hasta los pilos, hoy no se ni por donde se va,todo es una mole de cemento mal hecho para esto no se necesitaba dinero de la xunta de galicia pero si una buena gestion de los que mandan ¿que interes había al destruir estos accesos?¿a quien benefició?.suerte seguiré conversando con vosotros y exponiendo mi punto de vista .

Bautista Sotelo dijo...

Nos últimos 25 anos fixeronse moitas obras que son discutibles. Algún día deberíamos organizar unha conferencia dun bó arquitecto-urbanista para facer unha reflexión sobre o pasado recente, podería ser interesante para o futuro.

Polo menos eu, intento converter a memoria recente en material de traballo do presente.

Perdoa, pero non entendo a qué te refieres cando falas de cartos da Xunta ...u cando falas de accesos destruidos... poderías precisar un pouco máis.
Un saúdo e gracias por participar.

Anónimo dijo...

E curioso que os promotores dista iniciativa no vivan habitualmente no Castro. Gracias por preocuparvos dos "probiños" que sufrimos todo o ano o acoso dos coches dos "toristas" na praza do prado. Felices Festas dos Remedios para todos.

Bautista Sotelo dijo...

Sorprendeme que a alguén lle moleste que nos puxéramos en movemento. Entrar en quén é máis do Castro ou menos do Castro, non me paréce interesante para iste debate. Eu non menospreciaría as 200 firmas presentadas no Concello. Como xa dixemos, soio nos move o noso interés polo pobo. A praza é por igual do que vive en Vilanova, nas Carballeiras no Toural, do que tivo que emigrar e volta, ou do que ten alí unha industria. Sería interesante para o debate que expoñas os teus argumentos. Seguramente hai puntos que se nos escapan.

Anónimo dijo...

non entendo qué queres transmitir con ise comentario, tal vez ti seas un probiño/a que non ten mais ambición que quedar como está, non creo que representes a moitos, soio hay que leer a maioria das entradas diste foro

Bautista Sotelo dijo...

Hoxe fixose unha nota de prensa co resultado desta iniciativa e enviouse ós medios de Galicia. Esperemos que nos fagan un pouco de caso e esta iniciativa sexa visible noutros medios de comunicación.

Bautista Sotelo dijo...

Parece que o tinglado dos coches electricos e todo o que o acompaña aporta as festas perto de 3000 euros e por esta cantidad sacrificase gran parte do espacio central do pobo. Dende o meu punto de vista iste tinglado empobrece as festas dos Remedios e axuda na decisión de non asitir iste ano, logo da mala experiencia do ano pasado.

Anónimo dijo...

A verdade é que tes razón Bautista. Os coches eléctricos impiden disfrutar dun parte importante da praza e a contaminación acústica é insoportable. Eu tamén penso que o pobo está en mans de xente con muy pouca sensibilidade.

Anónimo dijo...

É posible que un dia cheguemos o Castro e donde en algun día estivo unha gasolinera do Frade,ata o final da carretera de Trives, pareza que se entra en Comala. Un pobo de almas en pena.

Bautista Sotelo dijo...

Si se aplicara a lóxica inmobilista que reacciona contra a nosa iniciativa, no caso da gasolineira do Frade que había onde aparcan, actualmente, os taxis, habería que facerse a seguinte pregunta; Porqué non se mantivo eí a gasolineira, con entradas e saídas, se total ise espacio para algunha xente é un aparcadoiro. Estaría ben saber o que dixo a xente no seu día. Ter que ir o final do pobo pra encher o depósito. Ises iluminados.

Anónimo dijo...

pensando en otras fiestas de otros pueblos, en los últimos diez años se han retirado las ferias (coches de choques etc.) del casco urbano y han habilitado algún descampado para evitar ese problema del ruido. Creo que esta es otra propuesta que debemos hacer. Es una pena que nadie deje de ir a los Remedios por las bocinas de los feriantes.

Anónimo dijo...

Por Partes:
-A peonalización do Cima da Vila paréceme boa idea. Tamén mo parece que se prohibise aparcar, e non todo vai ser culpa do concello, hai que apelar ó civismo dos veciños.
O da praza, paréceme outra historia. Vivo aquí os 365 días do ano, e a maioría deles o que voto de menos non é a tranquilidade, senón que este pobo teña máis movemento. Se isto serve para que o pobo se revitalice apoiareino, pero non mentres se pida (como fan algúns) porqué molesta mentres tomamos un café.
-O da transparencia urbanística é moi positivo, relativizando que Castro Caldelas tampouco é Marbella, nin as Rías Baixas (por sorte).
-O parque infantil paréceme ben... e que no pobo houbese máis nenos tamén (e isto non é para botarlle a culpa a ninguén, nin os do blog, nin o concello, nin as solteiras do pobo).

Gustaríame engadir outras tres cousas:
-Creo que hai cousas moito máis importantes, non por iso hai que deixar de pedir estas; pero como vivo aquí todo o ano moléstanme máis os continuos cortes de auga, que estes días van empezar a subsanar, que as conexións a internet non funcionen como deberían, a pesares da marabillosa conexión gratuíta do castelo, ... ou que os gandeiros da zona non lle levanten o veto a mobilidade polo brote de brucelose.
-As veces hai que ter moito coidado coas críticas, non por inxustas ou innecesarias, senón porqué a autoestima dos caldelaos que vivimos aquí todo o ano, sufre un efecto rebote cada vez que veñen os de Madrid, Barna, ... criticando a diestro e siniestro. Un pouco de vaselina non viña mal...
-Outra cousa que me gustaría dicir, é que toda esta xente que pon moitos esforzos en solucionar os problemas de Caldelas, e que ten moito dereito a opinar, que faga un pouco de reflexión, e que se pregunten que Castro queren, un no que vir a descansar do duro traballo que acumulan durante o ano, ou un no que a xente poida traballar, do turismo ou doutra cousa, se cambias a óptica comezarás a ver moitas cousas que non vías.

Ah! Que se me esquecía ... Creo que é un pouco demagóxico comparar o verquido que hai no río, entre o muíño do Laberco e das Queixalás, co do Úmia;


15-09-06

Anónimo dijo...

Unha cousa que poderíades facer, e así matabades dous paxaros dun tiro é facer unha comisión de festas para o ano e recuperabades unha tradición, mentres vos dabades conta do difícil que ten que ser organizar unha festas, ... pero claro iso dende unha terraza un non o percibe... e que claro con tanta sensibilidade... hai que joderse co misticismo da xente... e o Bautista di que por 3.000?, ... pois eu son dos que quere que haxa coches de choque, ou que pretendedes que nos poñamos a facer tai-chi na verbena do día oito

Bautista Sotelo dijo...

resposta o/a que lle jode que nós movamos?

Entre o Tai-chi e a contaminación acústica que se produce na Praza do Prado hai un espacio de posibilidades no medio. Non explicas porqué ?hai que joderse??. Agachaste baixo un seudónimo e fas un pouco de demagoxia. As túas opinións e a túa sensibilidade, ainda que tí, non respetas as dos demáis, interesan ó debate e agradecemosche a túa participación.

A min tal como están as cosas verasme moi pouco nas terrazas pese a pasar gran parte do verán na vila. É máis non estiven nas festas iste ano porque o ano pasado non me sentin agusto e doeme decilo. Prefiro o tempo das vendimas e o tempo dos chouparros, si poido acercarme ó Castro.

Ninguén pediu que retiren os coches de choque. Hai que ter en conta a sensibilidade dos tip@s rariños como tí, que desfrutan esmoucandose. Eu, e outra xente pensamos que a Praza non é o lugar máis apropiado para esta instalación de dimensións tan grandes. Esta idea, xa fixo noutros anos, que se levarán os coches de choque ó murallón. Como baixou a rendabilidade do empresario, que promove iste negocio, protestou e impuxo as súas necesidades frente ás dos caldelaos.

O tema de organiza-las festas non o plantexamos entre os obxetivos da Asociación de Amigos de Caldelas, polo momento, pois non é facil que fose aceptada unha proposta nosa. Non dubido que montar a loxística dunha festa ten a súa problemática, agora ben, tampouco exaxeres?!

A do P.E.R.I

Si ves o meu blog, como espacio de reflexión persoal, verás que loubanzas para miña terra hai moitas pero sen papanatismos. Intento ver as cousas boas e as que non son tan bóas, por hixiene mental. Allariz ten moitos acertos e merece a miña admiración. Non sei que concepto manexas do plan especial de reforma interior? ter un antes que Allariz ou Ourense? antes ou despois que siñifica iso?Ourense, imaxino que no desenrrolo do seu planexamento terá moitos. Dentro do Plan Xeral da vila de Caldelas deberíamos ter varios que trataran as singularidades das diferentes zonas do Castro. A calidade das cousas non depende soio de cartos, neste caso da Xunta.

O da praza, pareceme outra historia?

Test que aclararte. Apoias, si axuda na revitalización? pero non, si soio é para os que queren tomar un café tranquilo?isto, si que é demagoxía, amigo. Si se peatonaliza, gran parte das zonas do prado, como noutros sitios a Praza pasará a ser un espacio moi util para que a xente poida pasear, conversar, comunicarse... É estou bastante convencido, pola observación do que está a pasar noutros sitios, que a actividade comercial de servicios melloraría considerablemente. Si o espacio é tranquilo servirá como reclamo para os de fora (turismo cultural): Como exemplo podese ver o reverso dunha tarxeta comercial de Allariz que explica como, pasado o tempo, o pobo fai seu un proxecto executado con moitos atrancos? ?ao chegar a Allariz esquézase do vehículo e descubra o núcleo histórico a pé, a súa saúde agradecerallo e os alaricanos tamén... pero tamén será un reclamo para os da vila e os da comarca como gran espacio de encontro, con calidade, gañado para as persoas. En moitos sitios onde se levaron a cabo peatonalizacións viron como a xente voltou a sair a rúa cas súas sillas, a toma-lo fresco e charlar cos veciños.

O tema da transparencia, outra vez? que moi ben, pero que non é Marbella. Ninguén descontextualizou, plantexouse ca idea de que a información se mova e sirva para todos. Cantos saben no Castro da Area de Rehabilitación integral do casco histórico? O Castro ten unha oportunidade, hoxe, para levar a cabo proxectos. Si son de calidade e respetan o seu patrimonio cultural e natural pode atopar unha vía de futuro que frene a súa decadencia. E a decadencia é un dato obxetivo, con ou sin vaselina. O urbanismo é de vital importancia para conquerir esa vía de futuro. Mellora-lo uso da praza, que se atopa dentro da area de rehabilitación levaría consigo a posibilidade de solicitar cartos para acometer unha rehabilitación deste espacio. Sería unha boa acción para o Castro, dentro de outras moitas que se poden levar a cabo.

Que a rede de augas non funcione, ou a auga saía sucia e un problema sin duda moi importante. Que fai o noso Concello neste asunto?? A todos nos preocupa a crisis que están a padecer os motores tradicionais da economía caldelá pero laiandose non se arreglan as cousas. Nos empezamos por a parte que pensamos que é vital para o futuro, sumaremonos gustosos a poiar outras iniciativas que tí poñas en marcha. Ah.! Eu teño adsl na miña casa do Castro e funciona con máis potencia que en Barcelona, si enchufas o router á rede, o mellor funcionache. Deixa de lamer nas feridas e ponte en marcha.

Non pretendo tocar a autoestima dos Caldelaos que viven ahí, ben o contrario solidarizome co que lle pase a vila e arriscome emocionalmente, baixo a rúa, humildemente, a pedir firmas e loitar por mellora-las cousas ou polo menos intentalo. 200 firmas non son para desprecia-las, nen son para despreciar os de Madrid ou Barna? que mal que ben seguen ligados o seu pobo e invertindo cartos nel.

A optica recomendoche que a cambies tí. A túa desenfoca. Toda a túa argumentación movese entorno o sí pero non. O longo dos comentarios que hai neste blog e no do Prado sobre a peatonalización hai reflexión dabondo sobre o que se quere. Si les, logo de limpar a túa mirada, sin esa distancia de franco tirador que adoitas no teu tono, verás que moita xente fixo reflexión interesantes. Recomendoche que volvas a ler o meu comentario perto da espuma no rio e me expliques de onde sacas a demagoxía malandrín.

Anónimo dijo...

un pobo dinámico, claro que sí, pero non confundamos dinamismo, traballo, actividade cultural,divertimento, etc co barullo non productivo, sen sentido. Quitar os coches (todo tipo de coches) non teñe que significar que no poda haber movemento máis rápido co do tai-chi. Os coches molestan mentres tomamos café e mentres pasexamos,e aos que veñen soamente de vacacións e aos que viven todo o ano no pobo (a excepción dalguns poucos) pero a polémica do café surxe porque as cafeterías creen que isto quitaralles clientes. Craso error. E por suposto que hay cousas máis importantes e máis graves... falemos delas tamén.

Anónimo dijo...

Por partes opino eu tamen:

Alégrome de que por fin alguén que vive todo o ano no Castro expoña o seu punto de vista, para isto se concebiu este espazo, por que das opinions de todos pode salir algo positivo.
Normalmente o resultado final dún proceso diste tipo non se asemella as intencións iniciais, pero polo menos marca unha evolución.
Tamén debo comentar que o tono crítico na túa intervención está de mais, parece que por en marcha unha iniciativa é mais criticabel por que os que o fan non viven no Castro, si viviramos todo o ano seguramente coñeceríamos as iniciativas dos que estades ahí permanentemente, que sin duda son moitas e moi interesantes.

Cuestionar si unha iniciativa se monta por que molestan os coches mentras tomamos café é cando menos pouco respetuoso, penso que nos podes dar algo mais de crédito. As nosas intencións están perfectamente expresadas no manifesto e en moitos comentarios que podes leer de novo niste blog ou no novo blog da asociación: ?o prado?.
Tampouco pretendemos arranxar todolos problemas do Castro, isto e unha iniciativa que nos pareceu interesante.

Datos do informe do ?Inorde? ?Ourense 2010, Plan Estratégico? relativos a comarca de Caldelas (sinto non poder insertar ó enlace, pero non sei tanto de Internet, de todas formas eu encotreino, na rede, logo ti tamén podes).

Densidad de poboación da comarca de Caldelas 16 hab/km2, media provincial 47 hab/km2.
Crecimiento vegetativo de la población negativo (a poboación disminue).
Poboación por edades, hasta 15 anos 8%, entre 15 y 64 anos 53 %, mayores de 65 anos 39%.
Personas activas 1.640, poboación inactiva 2.958 (casi o doble). Do total de población activa, ó 16% está no paro.
Da poboación activa, o 43% ocúpase no sector primario (agricultura, ganadería e sector forestal). Sector servicios 39%, industria 7%, construcción 11%.

Unha das conclusións dispois de leer iste informe e que un dos poucos potenciais do Castro e o sector turístico. Facer mais atractiva Vila parece por tanto un primeiro paso aconsellable.
Todos podemos entender que cando hay unha actividade base que dinamiza a economía tamen outros sectores se benefician deste dinamismo. Non pensemos que o Castro vai ter 50 hoteles que van dar emprego a 100 persoas. Tal vez a forma de conseguir que a economía se active é potenciar os sectores mais prometedores. Isto ten moito que ver ca nosa iniciativa.

Leendo despacio os datos anteriores sacamos conclusions:

39% da poboación por riba dos 65 anos quere decir que unha boa parte da economía do pobo gravita sobor das pensións dos xubilados, non é un síntoma de saúde económica, que a economía dependa dos que xa non traballan.

Menores de 15 anos 8 %, logo non hay moita savia nova pra o futuro.

E do 53% restante ó 16% está no paro.

Ó 43% da poboación activa corresponde ó sector primario. Tendo en conta que iste sector está composto por explotacións familiares, das cales seguramente a maioría non teñen posibilidade de crecemento por a multitude de trabas pra crecer que se encontran, non e de extrañar que iste sector non xenere empregos de calidade que dinamicen a economía. Logo non podemos ter grandes expectativas.
Por certo, non son un gran conocedor diste tema, pero o veto a mobilidade por o brote de brucelose parece mais ben un tema de saúde pública (lendo o teu comentario parece que sexa algo mais).

E ti dirasme, ¿a qué ben todo isto?, pois ben isto e o que hay, guste ou non, é así, ainda que a min paréceme que os datos do informe non están moi actualizados (é posibel que ó dia de hoxe sexan piores).

Isto e o Castro actual, non é o Castro que eu quero, e non soio para vir a descansar no vran. Eu quero un Castro vivo, cunha economía activa, un Castro no que a minha irmá que decidiu vivir aquí, poida ter oportunidades profesionais sen depender de que unha empresa decida prorrogar o seu contrato un mes mais. Un Castro no que os poucos rapaces que nacen poidan ter a oportunidade de acceder a un nivel de estudos básico (algo menos básico que o actual). Un Castro no que os rapaces que rematan unha carreira universitaria poidan plantexarse un futuro profesional?

Sempre me extendo de mais, pero non quero rematar iste comentario sin decir que alegrome de saber que a autoestima dos caldéalo-residentes existe. Eu pensaba que non.
Por certo, non vexo a demagogia no comentario do río, a contaminación dos acuíferos está tipificada como delito ecolóxico, sexa donde sexa e veña de donde veña, e unha granxa non pode verter os seus detritos de forma que cheguen o río. Tal vez perseguir estas actuacións poda parecer ?unha persecución contra os pobres gandeiros? pero o dano que fan con ises vertidos bebémolo todos.
Outra cousa mais, hay moitas formas de organizar unha festa, entre os coches de choque e o tai chi hay un amplo abanico. A min ocúrreseme que pensar como facer unha festa para a xente non é mala ideia, ¿alguén se parou a pensalo? ¿ou organizar unha festa consiste somentes en contratar bandas de música e orquestas espectáculo?
A crítica non e mala, fai que as xentes se movan.

Anónimo dijo...

Espertando do mal da altura

Voltando o fío do que dí Bautista sobre un comentario anónimo e no que penso que acerta de pleno. Certo o anónimo sempre argumenta que sí pero non. Ten relación co Concello. Sintese molesto por a iniciativa dos Amigos de Caldelas. Non lle gusta a tranquilidade, quere movemento, pero non se é iniciativa de outros, que toman café. Está pola transparencia pero asuvía. Apoiaría o parque infantil pero si houbera máis nenos e as solteiras poideran ter fillos. Preocupanlle os cortes da auga, a conexión a Internet e o brote da brucelose. Reprochalle ó debate que hai neste blog (xente de Madrid ou Barna, uns 200 asinates) que ataquen a autoestima dos caldelaos e lles den polo cú e, inda encima sen vaselina. Finalmente molestalle que no blog do Bautista se denuncie un posible delito ecóloxico.

Anónimo dijo...

Algunas de las opiniones vertidas, o más bien vomitadas en este espacio, se refieren a los bares Grilo y Rubio como vendedores de bicas. Y yo me pregunto, ustedes que venden?, tal vez humo?. Disculpenme si con mi ignorancia de paleto, me llega un pequeño tufillo cuando alguién pretende decirme como y de que manera he de vivir. A ustedes no les debe gustar Castro Caldelas, si tantos defectos le ven. A mi me parece una tierra maravillosa, llena de maravillosa gente, y sobre todas las cosas muy, pero que muy tranquila. En cuantos lugares de esta tierra se puede dejar el coche sin mayor problema, sin molestar a nadie. Eso no pasaría en Vigo, ni en Orense, ni en Barcelona, ni en ninguna ciudad. A lo que voy, Castro Caldelas es un pueblo, mal que les pese, y tiene los problemas que tienen los pueblos, pero para pensar en ordenar el problema del tráfico, tal vez es mejor esperar a tener el problema. Y dudo mucho que lo tengamos nunca. Cuantos coches aparcan en lo que ustedes llaman lugar de encuentro, maravillosa plaza que dinamiza la vida social de este nucleo urbano? 20, 30 en total contando las calles de cima da vila, grande y do Sol?. Es muy curioso que la mayoría de los que creen que tenemos un problema enorme con el tráfico en Castro Caldelas vivan y hagan su vida fuera de nuestra villa. Tal vez en Barcelona, tal vez en Madrid, tal vez en Vigo. Lo siento por ustedes, estoy seguro que haya donde viven tienen problemas enormes con el tráfico rodado, pero no nos los traigan aquí, les aseguro que no nos hacen falta.

A, sí, los autocares, muy facil, prohibimos los autobuses, que se vayan esos rastreros que no van mas que a llenarse la tripa en el rubio y en el grilo; podíamos hacerlo, y seguro que en Trives, en Montederramo, en Parada del Sil nos aplaudirían la gracia riendose entre dientes de lo necios y estupidos que somos. No se dan cuenta que si de algo vive ese pueblo al que tanto dicen amar es del turismo? Realmente no creen que si a la gente se le ponen trabas e impedimentos para aparcar su coche se irán a ayuntamientos contiguos? Realmente creen que un autocar de juvilados va a aparcar debajo de esas escaleras que no llevan a ningun sitio e ir andando a ver el castillo?. Si creen todo esto...... tal vez sería momento de ponerse en manos de profesionales en la salud mental; sería el primer sintoma de esquizofrenia.

Anónimo dijo...

Pero de que planeta sae este. Espertou logo dunha enchenta de bica. Vaia arroutada, logo da cantidade de matices que ten o debate... Pero non hai problema eiqui aceptanse incluso os marcianos. Digo marciano pola forma das orellas.

Anónimo dijo...

Ah! esqueciame o debate está en "O prado" e alí interesa todo o referente ós problemas do Castro, ainda que tí digas que todo é maravilloso.

Anónimo dijo...

no sé si los ciudadanos de Castro Caldelas estais enterados de lo que está sucediendo con la solicitud de que la autovia pase por Trives y Castro Caldelas,una de las noticias es que no va a pasar por aquí somos una vez más de 3ª generación,ni los propios(concellos socilistas de la comarca nos apoyan) y prefieren que vaya por Lugo,.....seguiremos comentando la jugada.