sábado, abril 07, 2007

Control das augas residuais



No fondo da Cubiarca, no cruce de camiños que van para a Abeleda e para o lugar de Trambasaguas, hai un gran escape de augas residuais. Polo que me contan, non é algo recente nin accidental, xa leva tempo anegando o camiño. Os residuos discurren libres, e é case imposible pasar por unha parte deste camiño. Está a carón de hortas, a pouco metros das primeiras casas dos Pilos, nunha entrada do pobo. Alí onde os veciños intentan cultiva-las hortas e aproveitar o seu fruto teñen que convivir co cheiro destas augas residuais. Parece que o Concello é coñecedor desta contaminación.


O Concello actual, ou o que veña, ten que buscar unha solución definitiva para as súas augas residuais. Nos tempos que corren non se pode desaguar libremente, deteriorando o medio ambiente.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

ESTOY TOTALMENTE DE ACUERDO,HAY QUE RECOGER LAS AGUAS RESIDUALES,EL TEMA DEL BASURERO TAMBIEN ES GRAVE.¿ DONDE SE RECICLA.YA NI SE PREGUNTA,CUANDO LA BASURA,LAS LAVADORAS VIEJAS,LOS COLCHONES ETC ETC ESTA DETRAS DEL CAMPO DE FUTBOL Y DE VEZ EN CUANDO ARDE..MEDIO AMBIENTE YA LO DEBE SABER PORQUE NO INTERVIENE?

Anónimo dijo...

Eu tamén estou dacordo e soprendido do estado das cousas.

Anónimo dijo...

Punto limpo?
Canalización de augas?
buajjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjj....desidia,
pasotismo ...o de sempre.
¿ para cando sensibilidade con estes temas?

Anónimo dijo...

Temos que ter paciencia. Pode que no novo programa dos socialistas, con un pouco de sorte, estas cousas serán resoltas.

Anónimo dijo...

MAIS BEN E COUSA DO MEDIO RURAL (BNG) E A COUSA DA PACIENCIA E A QUE TEMOS DESDE FAI MOITOS ANOS OS CALDELAOS DE CALDELAS......TEMOS QUE RIR QUE E GRATIS PERO NON QUE SE RIAN DE NOS COMO FAI ESTA PANDA,EU NOS FALO DE POLITICAS SINON DE XENTE CON CARA E NOMBRE,LA PATRULLA CACIQUIL DEL CONCELLO.(PERDON POLO MEU GALEGO)

Anónimo dijo...

parés mentira que che teñan que contar que pola cubiarca descorre a merda,lévao facendo cirriquichentos anos,bautista,que naciches a catro pasos,non turistees por elí non vaias tropezar nun engazo

Anónimo dijo...

Pode que faga moitos anos que a merda discurre por alí. Sorprende que tí, dende o teu anonimato, xustifiques esa situación, soio porqué sempre estivo a merda eí. Bonita maneira de exculparse.

Pero que clase de enfermedade mental padeces para poñerte nese punto de vista, malandrin. É posible que vivas cerca e che parezca normal. Pero de onde saes.

Razonas ca cabeza ou co bandullo...?

Anónimo dijo...

O anterior ía para o ANONIMO que polo que se ve debe de ter responsabilidades políticas e non atopa mellor argumento, para xustificar o abandono que sufren estas cousas, que atacar o que fai unha entrada bastante respetuosa. Ou, que me queres decir, que son moi finolis porque estou a denunciar un delito ecolóxico. Volto sobre as miñas pegadas da infancia e intento facelo con dignidade e con libertade. O que digo, digo co meu nome. Non me escondo coma tí. Non che vai resultar facil nin ameazarme nin chantaxearme

Anónimo dijo...

Non fagas caso, retranca de ocurrentes de barra de bar, acostumbrados a coverter o anormal en normal.
É un salvavidas como calquera outro.

Anónimo dijo...

Son cousas que non se ven. O pobo ten outros problemas máis urxentes.

Anónimo dijo...

un escrito anónimo persegue descoñecer o nome do autor.creo,que ó igual que bautista,pretendía certificar a mesma situación,soio opinaba sobre algo que todos vemos e cheiramos e que o finolis debe coñecer pola prensa especializada por escasez de fiestras á poniente.as ameazas lanzadas,as chantaxes inventadas,os insultos,a falta de dignidade de respeto ás opinións,o prepotentismo creo que nace do maxín do cabecilla deste blog.por certo hai un xeito de compoñer anónimos con trilita no bandullo.

Bautista Sotelo dijo...

perdoa, pero perdinme... cando ía pola escasez de fiestras a poniente... a verdade que eres complicadiño.

Finalmente parecese entender que as augas residuais teñen que ir para baixo e a tí xa che vale así. Interesante o teu comentario...moi interesante.

Anónimo dijo...

Una guarrada, sin adjetivos. No estamos hablando de los tiempos de maria castaña sino del presente. El comentarista anónimo solo pretende tocar la gaita.

Anónimo dijo...

Imos a ver, estou dacordo que o das augas noon debería estar como está. Pero a verdade é que cando Bautista entra o trapo dalgún comentario perde toda a razón que poidera ter. Comenta sobre un anónimo e xa acusa de que o escribe alguén do equipo de goberno, de que é un malandrín, un enfermo mental, que razona co bandullo, ...
Creo que Bautista ten razón en facer a denuncia, pero perdea toda o non saber conter e reprimir ese instintos de chulo de festa. E.R.R.

Bautista Sotelo dijo...

E.R.R.
Manipulas e amosas moito cinismo.

Anónimo dijo...

Hoxe e xa van unhos días, a mellor fonte da Ribeira, a Fonte do Ruxil en Santa Tegra que abastece de auga a maioría das casas da parroquia, amosa un letreiro que dí que non é potable xa que está infectada de colibacilos. Quero pensar que a día de hoxe desde o Concello xa se atoparían as causas desta contaminación, quen é o responsable dela e que solucións se lles darán. Con ferver a auga non abonda. Grazas.

Anónimo dijo...

A discusión ten de saída xa un gañador: o que pon o seu nome e ten ( de paso) educación ( Bautista) A cobardía do anonimato sempre esconde mediocridade e outras " virtudes" que claro mellor ocultar.
Por deus!...desperta do teu sono...colabora, constrúe, axuda, crea...amigo caldelao...e non te enfades tanto e para tan pouco, querido "anónimo".

Anónimo dijo...

interpreto ke bautista non entra ó trapo,tupa.a educación non sementa insultos.

Anónimo dijo...

tranquis caldelaos xa cando desperte do meu sono me poño a colocar tubaxes