miércoles, abril 04, 2007

O fin dun patrimonio



Os testigos físicos dunha xeración de muñeiros e aserradores que incorporaron o mecanicismo as súas actividades pertencen xa o mundo das sombras. Istes orgullosos ferros esperan agora, amontoados no solar no que un dia estivo o aserradoiro, a que alguén calcule o seu valor polo peso…chis…chas…chis…chas…os sons dos primeiros anos na escola…chis…chas…o Sr. Amaro, gaiteiro dos trabazos, facendo música do seu traballo…chis…chis…chas…os cabalos da garda civil entrenando…chis… chas…Don Santiago, Doña Sarita e Don Daniel. A molinera electrica do Babe, o aserradeiro dos Amaro representaban un vento de modernidade que chegou o seu fin.

Na foto o Sr. Amaro, o seu fillo Luisiño e traballadores do aserradeiro. Foto de Xóan B. Sotelo Blanco.

Quedan istes ferros, de gran tamaño e beleza formal, testigos do patrimonio industrial doutro tempo. Ben poderían quedar como esculturas nalgun parque da vila. Non esquezamos que non soio son patrimonio cultural os iconos relixiosos e os supostos osos de santos. Está pois nas mans dos que nos representan preservar iste patrimonio da memoria e da nosa cultura.

1 comentario:

Chico ostra dijo...

¡Canto xoguei con Susana no serradeiro a "Tarzán"! Non sei si me estou facendo vella (que non "bella"), pero cada día teño máis morriña. Ese olor a serrín, esa imaxinación que o suplía todo. Como dixo Machado no seu suposto último verso: "Esos días azules y ese sol de la infancia..."