domingo, mayo 13, 2007

Rúa do Progreso


Houbo un tempo, os anos da República, no que as cidades e as vilas tiñan rúas que se chamaban Progreso. A idea de progreso era daquelas un valor, e cando se abrían novas rúas que ampliaban as cidades, que as abrían ao mundo, rúas que significaban unha millor comunicación, de cotío o nome elexido era o de Rúa do Progreso. Entón, que as cidades medraran tamén era visto como algo positivo, non como hoxe que o problema está en controlar o seu crecimento. Tamén o Castro ten unha Rúa do Progreso, agochada tras o nome banal e puramente descriptivo de Carretera de Ourense. Se miramos nas escrituras das casas desa época, así figura.

O franquismo cambiou os nomes desas rúas do Progreso por os de Calvo Sotelo ou José Antonio, no seu afán de impor un novo orden e esborrar a memoria. Na transición volveronse a cambiar os nomes pero, en vez de recuperar os orixinais, o buenismo imperante adoptou nomes neutros, sen connotacions, para non levantar as pantasmas do pasado (pantasmas que non o son porque mostras dan cada dia de que ben vivos están).

A Rúa do Progreso é a arteria principal do Castro, que atravesa a vila e pasa polo Prado.
E moi indicativa esa vocación de que as rúas principais de un pobo sexan carreteras. Seica compre pedir que as formacions políticas que compiten pola alcaldía fagan unha reflexión sobre os nomes das rúas da vila.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non estaría mal. Os meus pais viven na carretra de Ourense. Pareceme máis apropiado o nome de Rúa do Progreso. Velaiqui unha iniciativa interesante e que é máis de vontade que de cartos.

Anónimo dijo...

Me parece muy bien pero dependerá de quien gobierne...yo la recordaba como "Rua do Progreso".

Anónimo dijo...

Soa ben. Non sabía que fora o nome antigo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Boas, habitantes de máis alá e máis acá do transformador, sí gústame o nome da rúa, sobre todo despois de saber o seu "porqué". Bautista, vasme permitir que faga un pouquiño de propaganda dunha cousa. Supoño, imaxino e espero que non che vai molestar (si crees que abuso, bótame a bronca). Sabedes que no Castro se celebrou durante anos un festival de música chamado PONTELOUCO. Este ano, despois dun de barbecho, voltará a celebrarse o 18 de agosto. Hai unha páxina e un blog por si queredes saber máis (www.pontelouco.com e pontelouco.blogspot.com). Dígovolo eiquí porque esto tamén é progreso ¿non? Moitas gracias e perdoade polo abuso (si é que o foi)