sábado, junio 09, 2007

Mozos no sagrado


Se non coñecéramos a ningún dos que aparecen na foto, nunha mirada rápida, pensaríamos que estamos ante un grupo de mozos labregos, vestidos de festa, nun domingo ou algo similar, nas primeiras décadas do século XX. Soio quen repare na forma das chaquetas, o corte dos pantalóns ou a forma dos zapatos pode botar luz sobre o momento no que foi feita esta fotografia.

Xóan Bautista Sotelo Blanco fotografiu os mozos de Mazaira, amigos e veciños, no sagrado da Airexa, mudados e seguramente co seu mellor traxe, a entrada ou a saíada da misa. É posible que na maioría dos casos fose o seu único traxe. A foto parece feita a principios dos sesenta e pouco ten que ver cas imaxes que a un se lle veñen a cabeza cando pensa nesa época.

Todos miran fixamente á cámara. Soio Olegario, seguramente máis familiarizado ca idea de ser fotografiado, mira para outro lado. Daquela, facer unha foto era algo extraordinario, de radical modernidade. Unha posibilidade de transcender, de deixar unha pegada para futuro. Hoxe, fanse tantas fotos, que practicamente desapareceu a liturxia e importancia diste acto.

A imaxe sorprende, entre outras cousas, pola súa composición. O terreo parece estar en pendente pro lado dereito e os mozos da segunda fila atópanse subidos nun muro de pedra. A medida que o muro vai subindo, os mozos vanse flexionando para manter un certo nivel compositivo na parte superior da foto, que corrixe o desnivel do terreo.

Á esquerda, Cándido Sotelo, con traxe de pana e porte de galán de Hollywood, ten nos brazo o seu fillo Manoliño. Raúl, Hilario, O Chiquito, Manolo Sotelo, Manolo do restaurante 5 Villas, Xaime da Abadia, Os de Allende (Antonio e Pepe) e Germán dos Ruidos, que agacha un pito, na súa man esquerda, non querendo trascender ca imaxe de fumador, pese a que o pito na man era símbolo de modernidade.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

moi típico de olegario estar en todo e dempois mirar para outro lado.

Anónimo dijo...

Menuda chorrada de comentario

Anónimo dijo...

Parece que estabas con ganas a soltar bilis. COmo hacia tiempo que no se publicaba nada se te ha acumulado y te hacia daño.

Anónimo dijo...

Estoy absolutamente impresionada con estas personas que se creen que los blogs se han creado para ser una especie de "aquí hay tomate" en la red, con esos que están esperando la menor oportunidad para insultar a diestro y siniestro a todo el mundo sin utilizar ni un solo argumento valido y/o que venga a cuento. Eso sí, estos personajes firman como anónimos porque son muy valientes y creen que tienen derecho (probablemente pensarán que dicho derecho viene recogido en la Constitución) a poder insultar y no dar la cara. Una cosa es opinar como anónimo y otra muy distinta insultar como anónimo ¡Qué lástima! Quizás consigan que nos cansemos de entar en estas páginas a fuerza de vernos obligados a leer sus tonterías. Pienso yo que si tanto les gusta criticar e insultar anónimamente podrían crear una blog para ello y llamarlo LOS INSULTONES ANÓNIMOS.

Anónimo dijo...

Respecto o "meu veciño", porqué algo teño dos Ruídos, creo que ainda é hoxe o máis moderno do pobo (dígoo con humor e todo o cariño que lle teño a Germán, dos da grila)

Anónimo dijo...

ESTA FOTO E A TIPICA DESES ANOS 50 -60-70, ONDE A COR NON EXISTIA. NO MEU POBO DE CAMBA-LAZA(OURENSE)FACIAN DESTAS FOTOS, NON SEI SE BEN FEITAS,PERO A MIN GOSTANME MOITO, PERO HOXE QUE ESTAMOS NA EPOCA DA CAMARA DIXITAL, DO ORDENADOR, DOS FILTROS ETC.ONDE TODO SE PODE TRUCAR NON TEN SENTIDO , PERO AS DE ESTA EPOCA SON O REFLEX0 DA XUVENTUDE QUE PASOU, DO NOSO PASADO, EDICIR QUE SON AUTENTICAS.UN BICO.

Anónimo dijo...

Alejo : Home, non escribas con maiúsculas que semella estás berrando.