domingo, diciembre 30, 2007

(2) Antonio Caneda, a dignidade recuperada


Houbo un tempo no que te podían matar ata dúas veces. Unha arrancándoche a vida e outra negándoche a posibilidade de ser lembrado pola túa familia e os teus seres queridos. Esto foi o que lle pasou a Antonio Caneda, mestre da República. Primeiro arrebatáronlle a vida nun lugar de Irixo e logo o medo fixo que silenciaran a súa existencia.

Onte celebrouse unha homeaxe a este mestre fusilado organizada pola familia e diversas institucións, entre elas o Concello de San Xoán de Río, a Xunta de Galicia, a Delegación do Governo e a Facultade de Ciencias da Educación de Vigo. Unhas duascentas persoas, entre amigos, veciños e familiares arrouparon a emotiva lembranza deste primo do meu abó, víctima dos desvarios da razón humán. Ana Caneda, sobriña, lembrou como xa de maior atopou o diploma de mestre do seu tío Antonio e, logo de facer algunhas preguntas, soupo que a súa mai tivera un irmán. Maximino, alumno de Antonio en Medos, deu testemuña da súa labor como mestre e como persoa boa e comprometida cos seus alumnos. E tamén do seu encontro co mestre en Ourense, cando xa estaba detido, poucos días antes de ser paseado.

A lembranza deste mestre é un mais dos actos que se están a promover logo da aprobación da Ley da Memoria Histórica. Houbo moitas intervencións, Suárez Canal, Conselleiro do medio rural dixo que “…con actos como istes facemos país, facemos memoria, xeramos valores, pero sobre todo estamos contribuindo a cimentar a racionaliade, a forza da razón e que acontecementos como o do 1936 non se permitan no futuro…”

Despois de 70 anos, recupera en parte a vida Antonio Caneda, polo menos no que atinxe ao honor e dignidade da súa memoria. Noraboa a todos os que o promoveron: a familia, os amigos e ao Concello de San Xoán de Rio e o seu alcalde, Dario, por colaborar na reivindicación da memoria e pola súa valentía ao axudar nesta fermosa iniciativa de porlle o nome de Antonio Caneda á escola pública de San Xoán de Rio.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa hai días fíxenche dúas preguntas na entrada da homenaxe a tres xuristas, a gradeceríase resposta, repítoas aquí:

¿que é o que non entendes da súa homenaxe?

¿a que te refires co que a uns se lles coloque diante e a outros detrás?

Anónimo dijo...

No caso dos tres homenaxeados, penso que Bautista igual quere decir que con un tiro mataronse tres pezas.

Anónimo dijo...

Xa era hora de que alguén se acordara de xente como Antonio Caneda.

Anónimo dijo...

Esta entrada , é para a merecidísima homenaxe que San Xoan de Río lle tributa a Antonio Caneda , non procede, pois, mexturando allos con bugallos, facer preguntas que corresponden a outros fíos.
Tampouco se pode considerar moi correcto empregar coma nick o nome ou alcume de persoas que xa non están con nós ,e todo isto dito sen ningunha ironía nen ánimo de ofender.

Anónimo dijo...

En primeiro lugar, nin me ofendo nin pretendo ofender usando este nick, e o de que "non se pode considerar moi correcto" é unha opinión túa, que como imaxinarás non comparto.
Respeto ao lugar da pregunta, fíxena aquí (xa hai un par de días), porque nunha semana non me contestou cando lla puxen no outro lugar, de aquí a miña insistencia.
Por último, coincido contigo, Alpha, en que a homenaxe ao mestre Caneda é moi merecida, ao igual que aos tres xuristas, o que pasa é que me estrana que si se fai en Río e está ben, sen embargo se se fai no Castro hai que poñerlle tódalas pegas que se nos ocorran... (¿autoodio?) e unha cousa máis, que sei de moi boa tinta, a homenaxe a Caneda naceu nas xornadas do Castro, concretamente porque aí foi onde se coñeceron Xosé M Cid (Decano de CC da Educación, e estudiosos dos mestres da República) e Ana Caneda, e foi o primeiro o que propuxo a idea.

Anónimo dijo...

Creáme que me costa dirixirme a vostede con tal nick, se o fago e porque quero recuncar na miña opinión ó respecto, evidentemente e vostede tan libre de rexeitala coma son eu de expresala, velaí a grandeza da liberdade de expresión.
Mire o importante, penso eu, que non é o lugar de onde sae unha idea , senón que a tal idea se poña en práctica .Isto vale para homenaxes,ou calquera tipo de manifestación cultural , social de infrastuctura etc. No caso das homenaxes de Río e O Castro, eu celebro e alédome por igual con ámbalas dúas.O que si lle quixera matizar e que aunque estea vostede informado de boa tinta ,os familiares de D.Antonio Caneda xa tiñan manifestado públicamente que a idea de tal homenaxe saira ,efectivamente, dunha xuntanza no Castro. Deséxolle que disfrute dun venturoso 2008.

Anónimo dijo...

Respeto o do meu nick agradezo o teu respeto, porque iso de "non se pode considerar moi correcto", non me gustaba nada.
Polo da homenaxe estou de acordo contigo en que o importante é que se faga e onde se fai, e isto váleme para ámbalas dúas,... o de que xurdira no Castro só era un apunte.
¿Bautista onde estas???? ¿Por qué non respondes????

Bautista Sotelo dijo...

Disculpade, non teño internet na nosa casa do Castro e non lera os comentarios nesta entrada. Mil disculpas por tardar en respostar. Os que dín que non se fai crítica constructiva… penso que non son xustos co contido deste blog. Manifesto de novo que me gustaría saber as razóns de unha homeaxe conxunta, se alguén as sabe… Son persoeiros moi diferentes, con biografías tamén distintas. Ó mellor son boas as razóns e, seguro, merecen ser entendidas. É posible que nos actos que tiveron lugar, os promotores as explicaran. Non tiven a sorte de poder asistir, é máis, non sabía nada desta iniciativa. No caso do monolito con tres faces… un mira ós que entran, outro ós que saen e o terceiro…?, da a impresión de estar castigado… ou é a idea que me trasmitiu a mín…Parécenme, os tres caldelaos, persoeiros interesantes. Eu mesmo reivindiquei fai tempo algún tipo de recoñecemento os Casado, pai e fillo. A verdade é que a parte de atrás do monolito non me pareceu nen suficiente nen adecuada… é a miña opinión. Eu, penso que unha humilde placa, na súa vivenda, facendo referencia a súa obra literaria sería un bon recoñecemento. De momento o que se atopa Ana cando quere acceder a súa casa, a través do canellón da Lembranza son dous contenedores de basura.

Catapiro…ou o nome que decidas en cada momento, sempre intentas pechar calquera debate que se produzca sobre as cousas e persoas de Caldelas. O debate, se é respetuoso, é bó e necesario. As cousas, incluso as feitas coas mellores intencións, pódense ver, dende outros puntos de vista, de forma moi diferente. Nas cidades con moreas de problemas cada vez se intenta máis buscar consensos, facendo participar as asociacións e colectivos sociais na toma de decisións.

Anónimo dijo...

As veces unha soa palabra fai que cambie moito o significado do que se quere dicir (erro que a miúdo todos cometemos), pero creo que cambia de dicir “non entendo” (do que supoño que coñeces), a dicir “gustaríame saber as razóns”. Eu, que si tiven a sorte de asistir a parte deste acto creo que os motivos que deu a organización foron tres principalmente:
-Ser caldelaos (por eso se fixo no Castro)
-Ser xuíces, por iso o organizou a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.
-Traballar en prol do galego.
Das dúas primeiras pouco hai que dicir, e a segunda dá para algo máis, pero brevemente:
-De Casado Nieto, ti mesmo apúntache a súa importancia como escritor, recordando a súa importancia coma Presidente do Centro Galego en Barcelona, onde creou a biblioteca en lingua galega máis importante do momento, como se xubilou ao pouco de morrer Franco e exercía en Cataluña non contribuíu dende a súa profesión a normalización do galego.
-De Claudio Movilla, apuntar a súa extraordinaria labor profesional, e un frito moi concreto: foi o primeiro xuíz en dictar unha sentencia en galego.
-Orencio é o gran descoñecido para todos, pero escolleuse por ser o xuíz que “dirixiu” o primeiro tribunal que funcionou de xeito continuado en galego.
Unha vez vistas as súas biografías creo que hai algunha máis(emigración, ideario,...), pero sen dúbida as importantes son as anteriores as verdadeiramente importantes.
Ademais creo esta homenaxe, ao facérselle a tres persoas, por un lado consegue recoñecelos de xeito individual, e recoñecer a un colectivo, a todas esas persoas que dende a xustiza traballaron en prol do galego.

Respeto ao da colocación do monolito, simplemente non entendía ao que te referías, mira coincido en parte, pero non creo que estea castigado. Pero paréceme mellor que a proposta que ti fas, porque unha placa na casa dos Casado, que me parece tamén boa idea, non solucionaría o problema dos TRES homenaxeados, ¿poñerlle aos outros en cadansúa casa?, pois creo que é mellor como esta. Outra cousa máis se a o monolito non che parece “suficiente”, non vexo porque “unha simple placa” si... creo que as veces confundes o espírito crítico, co “estou a favor de todo menos o que se fai” (como lles pasa a Rajoy e cía, sen ánimo de ofender).

Por último desculpas pola miña premura, pero como vin que puñas máis entradas sen contestarme ás preguntas e estas quedaban nunha entrada antiga pensei que ía quedar sen resposta.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Ah esquecéuseme unha cousa, non pretendía pechar ningún debate, simplemente creo que dicir “Non entendo moi ben a razón da homenaxe conxunta a tres xuristas caldelaos” sen argumentar nada máis non é crear debate ningún, creo que é establecer unha verdade baixo unha total carencia de razóns.

Bautista Sotelo dijo...

Parece claro que é cuestión de forma.

Anónimo dijo...

Non entendo a que te refires...

Anónimo dijo...

A verdade e que estou de acordo con catapiro nunha cousa: todo o que se fai no castro está mal e todo o que se fai fora está ben. Algún día gustaríame ler algo así como: noraboa para a organización da homenaxe, quizais para outra vez estaría ben que fose individuaizada (ou algo así). Non sei ata que punto se fai crítica constructiva neste blog, penso que so se fai crítica (o cal, por certo, non está mal nin moito menos), pero penso que, de cando en vez, saber recoñecer as cousas ben feitas tamén está ben ¿non?.
Saúdos

Anónimo dijo...

E logo M.P. cal son as ben feitas ? Non é fácil salientalas, va que non? porque ,o que é facer, facer, case nada ... dende "in ilo tempore". E calade xa coa historia esa de que se critica o de dentro e se ensalza o de fóra , ampliade os argumentos que estes xa non dan para máis.

Anónimo dijo...

Bueno, un, cando falo de cousas ben feitas no castro non me refiro só ás que se fan dende o concello única e exclusimamente, supoño que tiven que matizar esto. De tódolos xeitos, baixo o meu punto de vista, esta homenaxe é algo merecido e ben feito. Hai máis cousas boas, "baixo o meu punto de vista" repito, feitas polo Concello, pero nin me interesa nin me corresponde a min citalas (nin me gusta a política nin me dedico a ela).
No Castro hai outra xente que se move, hai varias asociacións que organizan cousas (xastreu: ciclos de cine; o irrio: pontelouco, flower e talleres; os xubilados: internet; amas de casa: manualidades, cociña, informática; no Pub Rubio: concertos e teatro), tamén o Concello, de cando en vez, organiza actos culturáis. No verán houbo un recital de poesía no que estaban catro personas (e seino porque mo contou unha persona das que asistiu); sin ir máis lonxe, no Nadal houbo un malabarista e vendoo había 6 nenos do Castro contados e unhas catro ou cinco personas maiores, o resto eran esquiadores que ó pasar viron o percal e pararon. Con esto quero dicir que: sí se fan algunhas cousas, os que as organizan nunca reciben nin una línea de alabanza ou alento polo seu traballo e moitas das veces que o Concello organiza algo a xente non vai ( e non me vale eso de que non o anuncian porque o pobo está cheo de papéis e o mismo que me entero eu que vivo fora porque os leo poderíao facer o resto da xente).
En fin, pois ídesme permitir que eu hoxe desde aquí lle dé a noraboa a todos os que se preocupan polo pobo e fan algo por él, por melloralo (aparte de criticar) ¿Supoño que estou no meu direito de discrepar e dar a miña opinión? ¿ou non?

Anónimo dijo...

M.P. as miñas felicitacións, non sei si che chegarán, porque esta entrada é un pouco antiga, pero creo que de vez en cando creo que hai que avaliar dende o coñecemento do día a día de Caldelas (e creo que ti o fas) as cousas que aquí se fan e non só dicir que todo está mal (por certo creo se perderamos menos tempo en discutir e o adicaramos máis a facer cousas por/no Castro mellor nos iría