sábado, marzo 22, 2008

Os cañons do medo


Revisando viaxes, atopei esta foto dos cañóns que protexen a entrada por mar de A Coruña e que me conectan coa derradeira película que vimos cos cativos, "Mi mostruo y yo", nestes días de lecer, nos que disfrutamos de estar na casa, dos paseos pola cidade, e do cine en familia. A Antón gustoulle moito esta película inspirada na lenda do mostruo do lago Ness e, antes de que rematara, mentres mantiña un difícil equilibrio no alto da súa butaca de cine, preguntoume si esa lenda do monstruo era verdade. Contesteille que o que él quixera... e respostou que seguro que o era, que él creia que sí, que era verdade. Agora istes cañóns, situados no monte de San Pedro, que antes simbolizaban o medo, os medos que nos gobernan, son grandes esculturas sobre as que os cativos fan equilibrios nunha paisaxe gañada para gozo tranquilo dos sentidos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Marabillosa foto.
Nesta semana santa, acudín a unha procesión de semana santa por primeira vez. Non é que eu sexa católico pero pasaba perto e tiven curisidade. Nunca mirara unha antes.
Quedei impresionado.
Canta violencia!!! Pensei que terían que ser de convite ao recollemento pero non eran máis que demostración do supermachotiños que son os que pasan cos pasos e o poder que teñen os que os pagan.
Esperaba máis que esa miseria...
Serei un soñador por iso?
Que a violencia quede nalgo tan fermoso como ese canón e non pase nunca diso.

Anónimo dijo...

...Y los que se dan latigazos en su espalda desnuda? Otros arrastran cadenas...los de la cara tapada nos traen terribles recuerdos...en fin nunca he podido entender tanto retraso y despropósito... mejor mirar el paisaje pero sin cañones...