sábado, abril 19, 2008

Un fotograma do San Xoán



No resgate das fotografías do meu pai, atopei esta imaxen da familia do Xosé de Pacios na festa do San Xoán, fotografía que ocupará un lugar importante no libro que queremos publicar. Xosé era un bo amigo do meu pai, festexaron moito, según me contan. É o que se atopa á dereita, con gafas de sol, o que sostén un paraugas que lle da á foto un punto surrealista.

A fotografía orixinal ten un tamaño moi pequeno, facíanse nun formato adaptado para as carteiras de peto. Mostra unha familia celebrando o xantar ou a merenda nun souto. Sempre escoitei falar con moita añoranza destas xuntanzas nas festas. Podían durar varios días, dín. A verdade é que a fotografía logra captar a ilusión e ledicia dese momento.

Non sei cal era o grado de intervención do retratista na composición pero o home de edade con sombreiro e chaleco preside o festín. Parece claro que é o abo desta familia e que ten un lugar relevante no espazo que reflexa a imaxen. Todos se moven ou están a facer algo. É como un fotograma de Fellini a punto de coller movemento.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bautista: Agardo, con interese, a publicación do libro de fotos de teu pai.Dalgún modo, todos nós, os integrentes da comarca, nesa época, estaremos reflectidos nel. Ademais, abonda con ver a foto do post para comprobar canto de arte, ciencia e esmero empregaban os fotógrafos de antes, as cámaras dixitais de hoxe xa é outra historia.
Aproveito para comentarche unha nova que escoitei pola radio.Decía que Galicia, no próximo ano, será a convidada no Saló do Cómic de Barcelona, onde, por certo, o stand, de máis de trinta creadores, da Banda Deseñada Galega deste ano, acadou moito éxito.Bueno, tu saberás mellor ca min desto.
Saúdos.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Manolita polo interese que amosas.