lunes, marzo 30, 2009

Cabalgando, dende Os Peares a Monte Pío.


Voltan as festas. Que corran, que corran, de novo, a empanada e o polbo e, que non falte o viño. A festa foi en Os Peares. Alí Feijóo, ca liturxia de quen é nomeado cabaleiro, no seu matrimonio con Galicia, abrazou os seus veciños, amigos e familiares e prometeu desfacer todos os “entuertos” dos levantados contra o rei. “En Os Peares conocí todo”, “Para saber estar en cualquier lugar hay que saber de dónde eres”.

Este Quixote vainos defender do abuso da lingua galega sobre o español, ise dragón, que nós quere facer voltar a era dos pailáns. Que estean tranquilos os bispos e súa feligresía, vai levantar a prohibición de rezar. A aprendizaxe na tenda, o Corte inglés de Os Peares, o coñecemento preto da clientela, vaille permitir voltar ao sistema clientelar de sempre. As costas galegas, para que protexer os 500m, dende a liña da auga; que manía, ca de auga que hai no atlántico, dende Vigo a Nova York. Novo lema: “Ningún madrileño sen casa no mar”. É un cabaleiro e sempre está cabalgando, pon en venda Monte Pío e o Gaias por 100 millóns de euros que inverte na normalización e dignificación do español na Galiza. A desfeita é grande e hai que aplicarse. As normas do habitat, ¡estes galegos!, non hai xaponeses que viven en dous metros cadrados, pois sí. Logo, nós máis ca eles, un metro, ala, a pensar; medio ambiente, que é iso, hai que pedir a axuda dos cazadores galegos, que nos comen os xabaríns, perdigóns a todo o que se move; turismo, quen inventou o das casas rurais, sen unha soia pita que poña ovos, nós, pois paciencia, seguiremos cabalgando na procura de novas ideas; seguridade social, hai que seguir conciliando o traballo público co privado…

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu creo que ra un bo presidente da xunta de Galicia !

Margarita dijo...

Un tipo de orixe humilde, que ataca a lingua dos seus. Como se pode confiar nun tipo así.

Anónimo dijo...

Iso está por ver se será ou non.
ïmoslle dar, como dixeron as furnas, unha oportunidade de amosalo.

Tucho dijo...

Non vai ser doado. Galiza non é a mesma da época de Fraga Iribarne. A xente non vai permitir voltas atrás.

Anónimo dijo...

parece que empeza molestar a politica tan necesaria de austeridade do novo goberno da XUNTA.
Sen dudiba vai ser o mellor presidente ainda que se leve por diante alguns cargos que a ti tanto che gustan.

Anónimo dijo...

¿ A ti????
móllate se te atreves.

Bautista Sotelo dijo...

hoxe, nos medios, o presidente dos empresarios gelegos reclamaba o traspaso axiña do goberno para solicitar licencia para empezar a hormigonar a costa.

Anónimo dijo...

Sin dudalo!!! vai a ser un bo presdente!!!!ánimo.

Bautista Sotelo dijo...

un bo barrendeiro, diria eu, o que manexa o lixo propio e alleo.

Anónimo dijo...

e sigueche molestando tranquilo que o mellor manteñe o traballo de la gran fabiola sotelo

Bautista Sotelo dijo...

Poidoche asegurar, xa que vexo que tes interés, que nese barco, con ese novo capitan, non vai remar.

JP dijo...

Que...que en España todavia solo mantienes un trabajo si vas para donde calienta el sol??? Uy pense que despues de tantos años la cosa habia cambiado.
Y para el ultimo anonimo, suena mas bien a envidia. Dudo que el gran trabajo de Fabiola tu lo puedas llevar a cabo, no es solo tener un titulo....no crees?