
Olegario xa emite na blogosfera. Abriu, non fai moito, o seu blog: Quintela e a cousa vaise animando e enriquecendo ca temática que lle é propia: o microcosmos rural, do que él foi testigo, pasando do uso do carro de madeira ao ciberespacio. Acaba de colgar unha serie de fotos que, no seu conxunto, conforman un fermoso documental sobre o ciclo do pan. O documental remata con esta imaxe do forno cheo de vida que alimenta a vista.
2 comentarios:
No forno de pan
con lume de uz
o levedar a neve.
M. Rivas...S.Jordi.Barna.2009
Foi unha dedicatoria para un amigo poeta. Gustoume e pareceme axeitada para esta fermos foto... apertas !!!
Publicar un comentario