sábado, abril 18, 2009

O galego é útil


Por un comentario de Manolita soupen do manifesto que promoven en internet uns galegos dende Londres. “O galego é útil”. Xesús Magariños e Inma Gil pretenden desmentir o mito de que o galego só é últil na Galiza. Moitos comentarios dende dentro e fora da Galiza, nos que se poden ler experiencias e anédotas moi curiosas, que mostran a utilidade da nosa lingua. “Unha maneira de gritar obviedades por internet”, din eles. Unha boa iniciativa. Parabéns.

2 comentarios:

galiciaenelpaisdelasmaravillas dijo...

Eiquí aprendín...ó entereime... de que un idioma...é a forma de expresión, é as maneiras de interpretar e de decir a vida...ó idioma é...o lugar...co día...ca noite...ca néboa...cas pedras...,o vento...a chuvia...os cheiros...a música...o medo...a rabia...a loita...o idioma e obvio...as fronteiras non.

Manolita Fdez Losada dijo...

Bautista:
Por se ainda non o coñeces, este é o enderezo onde se pode asinar o manifesto que "A Mesa" promove en defensa dos dereitos da nosa lingua
asinar manifesto Unha aperta.