viernes, mayo 01, 2009

A OLLADA DO ANDRÉS BALDONEDO


Andrés mostrou os seus avances na pintura ós seus familiares, veciños e amigos cunha exposición no Centro Comarcal Terra de Caldelas que agora remata e,  así é como él ve a cousa:

"...Pinto sobre as paisaxes do Castro, os lugares míticos, como a Pena do xastre. Impresionado polo desastres do Prestige, pintei ós voluntarios limpando o chapapote. Os voluntarios, cos seus traxes brancos sobre o mar negro, cheo de chapapote, causaron en min unha forte impresión e quíxenlle facer unha pequena homenaxe. Atrevinme con algún espido, algunha mariña, paisaxes de Caldelas e estudiei as manifestacións da luz e as sombras sobre un pano branco. É a miña primeira exposición e atrévome porque estou en familia e entre amigos e espero que así se vexa."  

No hay comentarios: