miércoles, mayo 19, 2010
Café con leite e roscón
Mentres escoito “Estou vivindo no ceo” e apuro os últimos sorvos do café con leite, a voz de Uxía pon a banda sonora do meu estado melancólico. O sol rasante entra pola fiestra amolando. Un impulso lévame a chamar a miña mai, como sempre facía cando a casa queda en silencio. Lembro unha imaxe que a miña mai me contou de cando era nena, na Airexa, na casa dos da Abadía. Entrou no seu salón e viu a dona da casa sentada nunha mesa iluminada pola luz da maña que lle entraba pola fiestra, tomando café con leite e roscón. Unha imaxe dun momento intimo que sempre lle gustaba lembrar a Pepa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Gostoume moito o que contas. E moi emotivo tamén para os que recordamos a Pepita con agarimo e sentimos a sua falta. As ausencias son moi duras de vivir. Quero pensar que, como dí Paulo Coelho "Solo os corpos marchan..."
Gracias, Manolita. Si, en certa medida, lembrar e outra forma de vida, ou así e como parece que o queremos ver.
Noraboa por esas duas fiestras que acabas de abrir e tamén por esa iniciativa no eido das antiguedades. Saúdos.
Cantas veces oín esa historia,e permiteme que conte o final."Cando un día me poida permitir un café con roscón, entonces é que son rica." Gracias por compartir conmigo tantos cafés con leite e roscón. Bótote tanto de menos.Bicos
Publicar un comentario