sábado, mayo 01, 2010

As catro T de Valentín Fuster


Na revista vogue-Paris Charo Canal entrevista a Valentín Fuster, que dirixe o departamento de cardioloxía do hospital Mount Sinaí, e ao cociñeiro Ferran Adriá, ambolos dous colaboran coa Fundación Alicia, adicada a alimentación e a ciencia.
Entre as cousas que dín, Valentín Fuster sinala que nos falta tempo para pensar.

“Eu ensínolle aos estudantes o lema das “catro T”, dice Fuster. " A primeira t é a de buscar tempo para reflexionar, e Ferran está niso. A segunda é a t de “talento”. Sempre lle digo á xente nova que o mellor investimento que podes facer na túa vida é no teu propio talento, o problema é descubrir cal é. E no caso de Ferran non hai dúbida de que el o descubriu. A terceira é a de “transmitir positividad”, a capacidade que cada un ten de contribuír á sociedade. E a última é ser o “tutor” doutras persoas. Esas son as que eu chamo “catro t” da estabilidade mental", explica.

Tamén dí o prestixioso cardiólogo que “a túa saúde depende da túa decisión persoal, non depende de mil historias que che conten, ou do último descubrimento que che vai a matar. Xa sabemos que che vai a matar, e ti podes evitalo”. Unha boa alimentación e exercicio físico.

Para ter unha relación máis sa ca comida é preciso, di Ferran Adriá, “educación, educación, educación… non é ningún segredo. E un pouco de disciplina, pero non fai falta un gran esforzo. Perfectamente pódese facer unha vida normal e gozar da comida. O interesante é que o discurso de Valentín non é radical", engade Adriá. "Por exemplo, creo que el e mais eu non falamos nunca dos alimentos ecolóxicos porque hai vinte problemas antes de chegar a ese tema. Que ten que ver a importancia de deixar de fumar ou de facer exercicio con se a leituga é orgánica ou non? Confundímonos. Se pensas que porque comes orgánico xa levas unha vida sa estás equivocado.”

No hay comentarios: